Seguidores e seguidoras

domingo, 5 de octubre de 2014

Escribenta pigmea (Emberiza pusilla)

    Confesareino, levaba unhas semanas buscando rarezas. Estando a lagoa da Frouxeira chea e sen poder realizar grandes desprazamentos, unha das opcións para divertirse nestas datas é a busca de especies migrantes escasas ou raras.

    Aínda que iso nunca foi (nin será) unha prioridade para min, recoñezo que alegran moito a xornada cando prospectas lugares tan humanizados e alterados como é a franxa litoral coruñesa.
   Hoxe, mentras iniciaba o transecto polo monte de Lobadiz, paraba o carro para fotografar unha Pica dos prados (Anthus pratensis) que ficara perto da pista. A sorpresa foi que a carón dela aparecía esta Escribenta:


    Mandeille a foto a David Martínez para que me confirmara que se trataba dunha Escribenta lapona (Calcarius laponicus), habitual por alí. Pero cal foi a miña sorpresa cando me respostou que era unha Escribenta pigmea (Emberiza pusilla). Unha especie que eu apenas coñecía e que nin sabía sequera que se tiña citado por estas terras, sinceramente.

  Máis tarde chegou David ao lugar, acompañado por Pablo e Antonio Gutiérrez. Nese momento eu xa recollía, logo de patear a zona tentando relocalizalo sen éxito. Eles quedaban aló a ver se logran detectalo, aínda que é complicado, pois é unha zona bastante ampla e con abondoso mato.


    Lóxicamente é o primeiro contacto que teño con esta rareza e non vos podo contar nada máis, porque non sei nada más. E agradezo desde aquí a axuda na identificación a David e Pablo (que estaba tan contento coma se fose el quen a vira, volo xuro).

 Escribenta pigmea (Emberiza pusilla)

     Despídome cunha foto dun desmonte para repoboación recén feito nunha ladeira de Lobadiz. Recemos para que sexa Pinus radiata o que planten aquí.


  Ata a próxima.

13 comentarios:

  1. Un paxariño ben feituco.
    Noraboa pola cita, e polas fotos, e polo blog tamén.
    Saude.
    Javier Río.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Javi. A verdade é que levaba unhas cantas saídas bastante "insulsas" e agradecín moito esta cita inesperada (toda unha bomba ornitolóxica, polo visto).

      Eliminar
  2. Pois claro que sí, as rarezas tamén son unha parte da ornitoloxía, e hai que disfrutalas cando aparecen. Sempre fai ilusión atopar cousas raras por aí. Así que noraboa pola cita e polas fotos Xabi.
    Unha aperta
    P.D.: xa verás cómo notas un incremento nas visitas con isto, o que sempre será bo para Bichos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sempre dixen que me molaba ver rarezas Quique. Simplemente non me desprazo cen quilométros para velas, porque me parece que posúen unha importancia menor.
      PD: O das visitas xa vin que vai en función do tema ou, sobre todo, do "título".

      Eliminar
  3. Hola Xabier,
    he descubierto tu blog porque he visto la entrada en Rare birds spain. ¡Enhorabuena por esa Emberiza pusilla! No te imaginas cuánta envidia sana me das ;)
    Ya tienes una nueva seguidora.

    Un abrazo,
    Mireia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias y bienvenida a "Bichos", Mireia.
      Estás en tu casa.

      Eliminar
  4. Parabéns Xabier uma grande descoberta/cita!

    Saludos
    Inocêncio

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigado, Inocêncio. Certamente tivem muita sorte ao deter o carro justo ao carom do lugar onde estava o Escribidor.
      Umha aperta e graças pola visita.

      Eliminar
  5. Parabéns! Imagino que tenha sido uma grande surpresa :)

    Esta espécie nunca vi!

    ResponderEliminar
  6. Parabéns meu !

    Tanta pateada,de cando en vez sorpréndenos con algo diferente.

    Mui ben as fotos no medio da herba.

    Alegrome muito por tí.

    Apertas desde Cangas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Jose Luis.
      A verdade é que son tantas horas de campo que aínda me sorprende a escaseza de raridades que me atopo. O mal estado medioambiental da zona onde vivo e o escaso interese que suscitan en min este tipo de citas quizá sexan a causa.
      Non obstante, e como sempre digo, é moi divertido atopar algo así, por aquilo de darlle "glamour" á saída. Persoalmente preferiría vivir no Delta do Ebro ou en Villafáfila, para poder conta miles de anátidas e limícolas, pero isto é o que temos. E con iso hai que se conformar.
      Un abrazo, crack.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos