Seguidores e seguidoras

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Un día para esquecer

    Hai tempo varios colegas que traballan coa asistencia social (ún deles fiel seguidor deste blogue) coincidían, cando lles expliquei a situación que tiña na casa, en que a cousa ía ser moi dura. Algún advertíume que, ás veces, pode que o coidador mesmo chegue a converterse en persoa dependente tamén, debido ao estrés e outras alteracións.
   A verdade é que non está a ser fácil para min; eu só, e sen poder tomarme unhas semaniñas para desconectar nestes dous anos. Iso é o que máis noto: o cansanzo mental, a desgana para todo e a depresión (sobre todo cando ún tamén ten os seus propios problemas particulares).

 Píllara real (Charadrius hiaticula)

      Como en todo na vida, hai momentos bós, malos e moi malos. Este mediodía eu xa era incapaz de comer, logo de comprobar que os teus rogos para que non se fagan certas cousas na casa caen en saco roto. E ante certas situacións non sabes xa qué facer. Se tentas ser didáctido, nada; se te enfadas é pior, e se non dis nada, tamén. E te afundes na desesperación.

  En fin, tiña unhas fotos chulas sen publicar e quizá sexa un bon momento para ver algo positivo.

 Lavandeiras brancas (Motacilla alba)

Pica dos prados (Anthus pratensis)
 
Boas tardes, por dicir algo.

12 comentarios:

  1. Xabi:

    Por tus palabras me hago una idea aproximada de cuál puede ser tu situación.
    A pesar de que tus esfuerzos parezca que caigan en saco roto, siempre por las buenas.
    Si el temporal arrecia, capearlo como buenamente se pueda y esperar a que amaine.

    Fortaleza, paciencia y ánimo.

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
  2. Animo Xabi, a sindrome do coidador eche unha afecion dura de levar. Esta ben que polo menos busques algo que che anime y trates de ser optimista.
    Apertas,
    Ines

    (Si, teño que cambiar a app para conectarme e poder escribir con acentos graficos)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. argggghh...colouseme ese "y". Facede coma se non estivera...

      Eliminar
  3. Ánimo Xabi. É o único que os teus lectores che podemos mandar a través da rede.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. As veces semella que as cousas non melloran (se ollas os xornais cedo aínda pior..). Hai que levalo, non queda outra, pero entendo que o doado e falalo e non vivilo.

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
  5. Moito ánimo Xabi. Tes unha situación complexa pero hai que levalo o mellor (ou polo menos o monos mal) posible. Este mundo, ou vida, ou como lle queiras chamar, ten moitas cousas chungas pero tamén algunha boa. Debemos centrarnos nelas para non tolear...
    Moitas apertas!!!
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xabi , desde mi punto de vista , hundirse no está contemplado, es , como todo,una cuestión práctica, unos pueden hundirse y otros no, el estar en un grupo u otro no se elige, toca....asi qué haz lo único que puedes:llevarlo con toda la dignidad que alcances.....me compré una canon SX50 ( aún no me llegó ) igual te tengo que hacer alguna pregunta ...la isla, los náufragos . Los problemas se acaban
      PD
      escribí en responder porque no vi otra manera de hacerlo...soy Juan Cabeza y huso un tono imperativo porque imperativa es la cosa

      Eliminar
  6. Graciñas a todos. Como lle dicía a paco Girón agora por correo, tratábase só de aliviar un pouco de tensión antes de que explotase a caldeira. Onte foi unha tarde complicada (e unha noite pior!). Pero por desgraza ún xa esstá curtido en certas cousas e sabe levantarse e seguir para adiante. Aínda que hai días que necesitas soltar "lastre", como dicía no facebook.
    Inés: non sei de que "y" me falas (un bico)
    Juan: Repítoche o mesmo que lle dicía a Ricardo Hevia. Comentas pouco aquí, pero escolles moi ben os momentos para facelo, así que son comentarios de ouro puro os vosos.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Ah, e podes preguntar o que queiras sobre a SX50, Juan. Será un pracer poder axudarte. Xa sabes que son un defensor das cámaras bridge.

    ResponderEliminar
  8. Hola, Xabi!
    A lo mejor Andarriós en gallego también se llamaba Andarríos o algo parecido.
    ¿Qué opinas?
    Estamos contigo.
    Cuídate!
    Eileen. (y demás familia.) (ja ja).

    ResponderEliminar