Seguidores e seguidoras

domingo, 14 de diciembre de 2014

Ría de Ares e Betanzos 14 - Decembro

   Esta mañá visitaba a ría de Ares e Betanzos. Emprego unha denominación clásica ("Ares e Betanzos") porque non sei moi ben onde acaba unha e empeza a outra, aínda que se poden considerar perfectamente coma rías separadas.


  En calquera caso falamos dun espazo natural con moito mar aberto e bastante costa rochosa, estando os sistemas estuarinos ben diferenciados e metidos no fondo das rías, sendo moi distintas á de Ferrol, por exemplo. Marquei en verde as paradas que fixen.

Praia de Cabanas

  Pretendía localizar e fotografar a Mobella pequena (Gavia stellata), habitual por estas augas, pero non fun quen. Sen embargo puiden realizar algunhas observacións interesantes. Entre outras:

- 1 Mobella grande (Gavia immer) en Ares.
- 110+ Alvancos (Anas platyrhynchos) na desembocadura do Eume (Pontedeume/Cabanas)
- 69 Pentumeiros comúns (Melanitta nigra): 58 + 11, perto de Gandarío

  Limícolas (todas no estuario do Eume):

- 6 Mazaricos reais (Numenius arquata)
- 6 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 3 Mazaricos sp (Numenius sp)
- 26 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa). Descoñezo os censos dos últimos dez anos na localidade, pero desde logo é unha observación moi chula, xa que polo extremo norte é moito máis común L.lapponica.
- 16 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 2 Biluricos comúns (Tringa totanus). Este limícolo e común durante o paso, pero escolle poucas localidades galegas para invernar. Unha cita interesante.

- Gavivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) espalladas en pequeno número: 3 en Gandarío, 4 en Ares,... Recordo ter visto grupos medianos hai tempo (saíndo dos dormideiros, iso si). Non sei se foi a menos últimamente.

  Aproveito para mostrarvos un truco de "maxia":

1.- Imaxe do estuario do Eume co grupo de mazaricos marcado en vermello, para que vexades a distancia real:

2.- Fotografía tirada coa Canon SX50:

3.- Fotografía unha vez editada e recurtada:
Mazaricos rabinegros (Limosa limosa) no esteiro do Eume

      Impresionante, verdade? Seguimos.  En Cabanas atopaba varios exemplares de Lagartixa de Bocage ou galegas nun muriño de cemento. Logo dun mes e medio de auga sen parar, bastou unha raiola de sol cunha temperatura duns 10º C ás once e media da mañá para que saíran dos sus refuxios. Aínda que apenas se separaban deles, como se aprecia nas imaxes.

 Lagartixa galega (Podarcis bocagei) femia

Lagartixa galega (Podarcis bocagei) macho xunto ao refuxio

    Por último, parei tamén na xunqueira de Ares, un humidal que debeu ser moi interesante ata os anos oitenta, pero que hoxe está prácticamente morto:


     No percorrido que realicei non observei nin detectei nin un só rálido. Entre o Xabarín e a presenza humana, moito me temo que as aves acuáticas abandoaron aquilo hai tempo.
    De todas formas, polas características que lle vexo, parece un bon sitio para botánica (boas manchas de Cladium mariscus), odonatos e anfibios, como Hyla arborea ou Bufo bufo, spp que deben ser numerosas. Quizá podería criar algunha parella de Folosa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) ou, quizá e con moita sorte, algunha de Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus). Hai anos que quero facer unha prospección por alí na Primavera, pero nunca me acordo. É unha das miñas asignaturas pendentes (teño tantas...)



       Iso si, os paseos peonís de madeira non faltan nunca nos "espazos naturais" galegos. Aínda que recoñezo que ún dos que hai aquí e recorre o borde sur está bastante ben, pois permite a observación, pero o outro tramo sobraba.


  Bueno, hoxe tocou unha entrada turística polo Golfo Ártabro.
   Ata a próxima.

8 comentarios:

  1. Hola de nuevo, Xabi, un par de detalles a tu interesante post. En las jornadas que te comenté acerca de los colimbos chicos, 29.11 y 07.12.2014, me salieron 55 y 35 negrones comunes, respectivamente; o sea que por ahí va la cosa de momento (ojo, que el año pasado, a finales de diciembre, había sobre 650 por aquí). Por otra parte, prospecté la Xunqueira de Ares en un par de ocasiones a comienzos de la década de 1980, y en ella criaba el zampullín, bastante gallineta y mogollón de rascón. No fui capaz de encontrar al escribano palustre, pero el lugar creo que tenía (y aún parece tener, a priori) buenas condiciones para la cría, o al menos aparentemente tan buenas como otras varias zonas conocidas de cría. Habría que hacer escuchas, a ver qué sale...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 650?? Qué barbaridade, José!! a próxima vez avisa, tío, que xa sabes que son un apaixoado dos "números gordos" (coma ti, je,je).
      Sobre Ares, pois iso que nos contas vai un pouco na liña do que imaxinaba. Será un humidal que, como San Xurxo, pasará á historia como aquilo que foi e deixou de ser.
      Unha pregunta desde a miña ignorancia para un experto coma ti: ¿tan tabú resulta que Medio Ambiente se atreva a restaurar estes humidais intervindo mecánicamente? Todo pasa por recuperar lámina de agua e limitar acceso de xabaríns (de dúas e de catro patas).
      Se vivísemos noutro país, rico en zonas húmidas e avanzado medioambientalmente, non me atrevería a postular esta actuación tan "pouco académica" pero aquí, onde destruimos ou estamos a destruir todos estes espazos naturais un día si e outro tamén, perder estas pequenas xunqueiras parece un auténtico crime.
      Un abrazo e moitísimas grazas pola visita, José.

      Eliminar
  2. Buenas Fiestas y Muy Feliz Año 2015

    Saludos afectuosos.-

    ResponderEliminar
  3. Xabi, disculpa por responderte tan tarde, pero he estado muy ocupado en los últimos días y no caí en la cuenta de tu pregunta hasta hoy. El manejo de humedales es un asunto muy complicado y controvertido, y la cuestión de la sucesión natural no facilita el optar por una cosa u otra. Por ejemplo, una cuestión crucial es si queremos (o podemos, desde un punto de vista legal) intervenir y hasta qué punto el manejo puede perjudicar o beneficiar a según que especies queramos potenciar. Si queremos potenciar la presencia (o abundancia) de aves acuáticas nadadoras, tendríamos que manipular la tabla de agua, de manera que se lograse un nivel de inundación permanente, con el objetivo fijado en lograr mantener una columna de agua que no bajase de 1 m de profundidad, o cosa así, incluso durante el estiaje, por medio de esclusas, o eliminando los drenajes donde los haya. Esto, sin embargo, podría eliminar especies valiosas para las que ese nivel pudiese ser limitante o perjudicial. En algunas "veigas" inundadas de manera permanente/semipermanente en tierras bajas de Galicia, especies de plantas como Carex riparia o Emberiza schoeniclus ssp. lusitanica podrían llegar a desaparecer. Estas especies son, desde un punto de vista conservacionista, tan relevantes o más que cualquiera de las aves acuáticas comunes que nidifican por aquí. Y el problema del jabalí (que no sé hasta qué punto puede ser generalizado y realmente grave, en según qué sitios de Galicia y para aves no coloniales como las que tenemos aquí), pero sobre todo el del visón americano (que sí me consta que es muchísimo más grave), tampoco los vamos a eliminar con estos manejos de hábitat. En fin, un tema complejo con una trasfondo filosófico y legal difícil de conjugar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O malo é que os debates nos blogues duran o que dura a entrada, José, pero agradézoche igualmente a resposta.
      Así que, agora que non nos escoita ninguén, confesareite que con este tema son moi pero que moi pesimista. Tamén son dos que pensan que o "manexo" que se poida dar noutras rexións ou países de Europa quizá sexa demasiado lento para Galiza. Ti, mellor que ninguén, coñeces de primeira mao o proceso de desaparición que tiveron os nosso humidais ao logno do século vinte. E, aínda que sei que non é algo que conte co beneplácito do mundo conservacionista, opino que debéramos ser máis valentes e activos neste tema.
      A recuperación de láminas de auga en xunqueiras costeiras debería ser (baixo o meu ponto de vista) unha posibilidade a estudar seriamente pola administración, se queremos recuperar unha parte, por pequena que sexa, do que se ten perdido.
      Sei que é polémico, sei que é complxo, sei que supón dificultadae técnicas e operativas, mesmo legais, pero é que non hai alternativa, José. Os nosos humidais están a desaparecer. En Galiza ata cando se intenta restaurar algo sae a tremenda chapuza de Cospeito (que é para colgar polos huevos a algún que eu me sei).

      Con respecto á predación, pois (e que Dios me perdoe polo que vou dicir, glups!) discrepo contigo, mestre. O Visón americán en Ferolterra debe ter unha presenza residual, debido á abondancia da Lontra... quizá?. En todos estes anos teño apenas dúas observacións en Forcadas e Frouxeira. Sen embargo a presenza de piaras enteiras de Xabarín no interior da xunqueira de Valdoviño, mesmo en tempada de cría, é un feito contrastado e habitual.

      Persoalmente estou convencido da relación entre expansión de Porco bravo na comarca de ferrol e a extinción de rálidos.

      E agora xa estou acojonado pensando na túa resposta. Coñecendo o crack a quen me dirixo igual me teño que tragar con patacas cada palabra que dixen, ja, ja.... Pero é o que penso.

      Eliminar
  4. Xabi, actualmente yo no tengo nada claro si intervenir o no en estos casos, a no ser examinando con lupa cada caso y valorando qué se puede ganar y qué se puede perder con cada actuación. Si, por ejemplo, se trata de ralear parcialmente una gran masa (casi) monoespecífica de carrizal de Phragmites australis, como podría ser el de Pantín o el de San Xurxo, actuando de manera prudente y razonable sobre el sistema hidrológico del humedal, con ánimo de, p. ej., favorecer a la vegetación hidrofítica y a especies como el carricero tordal o el avetorillo, y se acomete la actuación con todas las garantías, pues conforme. En todo caso, soy más favorable a un tipo de actuación puntual, que afecte solo parcialmente al humedal. Sin embargo, mi opinión es contraria a actuaciones masivas (intensivas y extensivas) en donde solo se intenté favorecer a determinadas especies en detrimento de otras, yendo en contra de los procesos sucesionales del ecosistema, siempre y cuando estos no se hayan visto alterados de manera desproporcionada. Pero habría que ver cada caso en detalle, valorando pros y contras muy meditadamente. Aunque me falta información, y por tanto no puedo dar una opinión fundada, en este caso de la Xunqueira de Ares, a juzgar por las fotografías que incluyes (y otras que he encontrado en Internet), mi impresión es que no parece haber habido cambios drásticos en el humedal, al menos tal y como era cuando yo lo conocí. Si esto fuese realmente así, ¿qué hacer? Yo, desde luego, no haría nada... Respecto a la presencia (y, sobre todo, abundancia) del visón, si me fío de mi experiencia, lo daría por una especie rarísima: solo que diré que personalmente nunca, nunca, logré ver un ejemplar vivo... pero sí sus excrementos, y huellas que podrían pertenecerle (por grosor y espacio entre caninos) en huevos de Gallinula, muchas veces, a no ser que pertenezcan a turón, lo que no me casa con los excrementos hallados. También, cómo no, de nutria, cánidos y ratas, además de córvidos y humanos. Pero la mayor incidencia de carnívoros, sin lugar a dudas, es imputable al visón, un más que reputado y probado depredador de aves y de sus nidos, en particular acuáticas, según la abundante bribliografía sobre el tema. Del jabalí no puedo decir nada, a no ser que es, como es bien sabido, un omnívoro con tendencia mayoritaria por la dieta vegetal, y con un papel nulo o muy secundario como depredador de aves o huevos, en la gran mayoría de los estudios sobre su dieta. Con ello no quiero decir que pueda ser una "bestia parda" si se encuentra con nidos de cualquier especie de ave, que sin duda lo será, pero no dispongo de experiencia propia al respecto, y desde luego no hay estudio alguno de su dieta en humedales gallegos, a diferencia de la nutria o el visón.

    ResponderEliminar
  5. Por supuesto que eu non defendoatacar "a lo loco", José. Coincido 100 % contigo en que habería que considerar cada caso particular. Na Xunqueira de Ares é certo que non se aprecia un proceso de colmatación ou cobertura acelerada de vexetación macrófita, como si sucedeu claramente en San Xurxo, por exemplo.
    Sobre estes procesos xa teño dado a miña opinión (aquí e en Galiciaves). Se consideramos a repoboación masiva con eucalipto nas ladeiras próximas, que secou un montón de regos tributarios do humidal, ou os propios efectos do cambio climático, que parece estar reducindo os aportes aluviais, quizá algúns destes procesos de transformación naturais lagoa-canaveira-turbeira-matorreira-restauración da vexetación leñosa non sexa tan "natural" e se vexa acelerado artificialmente por culpa nosa. Un motivo máis para debatir actuacións de recuperación de humidais.
    Persoalmente xa sabes que eu enfoco todo desde unha perspectiva xeral da fauna, non só dunha especie concreta. Pero é curioso que precisamente a desaparición da lámina de auga coincide cronolóxicamente coa extinción de aves como algunhas das que citas (E. schoeniclus ou A. arundinaceus) ou F. atra, T. ruficollis,... Por non falar dos efectos nas poboacións de anfibios que, obviamente, necesitan augas permanentes ou case para a reprodución na maior parte dos casos, como sabes.
    Recorda tamén que desaparecu a comunidade relíctica de Nymphaea alba de San Xurxo, un fermoso taxón que poucos de nós chegamos a ver neste humidal (ti e máis eu, e seguramente case ninguén máis, polo difícil de internarse alí).
    Vamos, que hai motivos de sobra para considerar unha actuación importante en casos como San Xurxo ou Pantín.
    No tema do Visón, non nego a incidencia da especie sobre a comunidade de acuáticas (téñoo visto en acción carrexando un adulto de A. platyrhynchos en Riocaldo). Ou mesmo da Lontra, pero só digo que a presenza do Xabarín é moito máis notoria e "intrusiva" na comarca de Ferrol en concreto.
    Comos abes a densidade na zona de Ortegal-Ferrol é das máis altas do país. Seguramenten foi nas batidas cando a especie descobreu que a canaveira da Frouxeira supuña un refuxio de caza antural onde esconderse dos cazadores. Penso que foi daí onde desenvolveu unha adaptación á vida semiacuática. Son moitísimas as observacións que teño de xabaríns activos, e os seus rastros no humidal son de tal magnitude e extensión que comparalo co efecto do Visón pois non me parece procedente, sinceramente, por moito ou pouco que haxa publicado. Tes que volver un día conmigo por alí, para que vexas como están de destrozadan as pradeiras de Scirpus no interior da marisma. Non vas a dar crédito, de verdade.
    Quizá ese estudo que falta sobre alimentación do Porco bravo se puidese facer precisamente na Frouxeira. Ti que tes contactos nas altas esferas e se che concide algún día, poderías recomendar facelo.
    Un abrazo e moitas grazas de novo polos comentarios José. Sempre é un pracer escoitarte.

    ResponderEliminar