Seguidores e seguidoras

lunes, 29 de diciembre de 2014

Villafáfila case baleira. Toma "inocentada"!

   Así é amigos e amigas. Nestes quince anos que levo visitando a reserva zamorana nunca vira aquilo tan triste en época invernal e tendo en conta ademáis que había un nível hídrico aceptábel.


        Contábame José Miguel, ún dos biólogos da reserva, que desde 1986 non se rexistraba unha invernada inferior aos 10.000 gansos (censaron 9.000 esta semana). Eu engado que o resto de anátidas estaba en números comparativamente piores.
 
 Bando de gansos en Villarrín

     A pesar do intenso frío e do vento que soprou con forza na xornada de onte puiden completar razonablemente ben algúns censos. Cubrín as principais lagoas excepto Salinas (Grande, Barillos, San Pedro, Bamba, Roal, Paneras, Rosa e Fuente). Os Gansos, pola complexidade e a loxística que supoñen, non pode censalos unha soa persoa. Vamos cos dados:

- 2-3 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia) en Villafáfila
- 102 Patos brancos (Tadorna tadorna) censados na Salina Grande
- 43 Patos asubiadores (Anas penelope)
- + Patos frisados (Anas strepera). Varias deceas
- 788 + Alavancos (Anas platyrhynchos). Non están incluídos grupiños menores que pastaban polas pradeiras nin os da Casa do Parque. 560 na S. Grande, 80 en San Pedro ou 148 Barillos-Paneras
- 195+ Cercetas (Anas crecca). Incompleto, pois había algún grupiño máis en Paneras e Barillos, pero moi poucas. Non creo que o total pasase de 300-500 aves. Un número baixísimo.
- 1 Pato rabilongo (Anas acuta) macho na S. Grande
- Aprox. 300 Culleretes (Anas clypeata), con 250 en S.Grande, 6 en San Pedro e + en Paneras, por exemplo
- Varias deceas de Patos chupóns (Aythya ferina) e cristados (Aythya fuligula) na lagoa principal do centro de interpetación.

- 26 Grous (Grus grus) voando en dirección E. perto de Tapioles esta mañá

 Ganso bravo (Anser anser)

Patos brancos (Tadorna tadorna) e outras anatídeas na Salina Grande
Foto: Canon SX 50  Distancia: 850 m aprox.

 Pato cristado (Aythya fuligula) femia

- 15 Avocetas (Recurvirostra avosetta) na S. Grande
- 1 Píllara real (Charadrius hiaticula) na Casa do Parque
- 8 Píllaras douradas (Pluvialis apricaria)
- 755 Avefrías (Vanellus vanellus) censadas esta mañá nas lagoas principais.
- 2 Narcexas (Gallinago gallinago) na Casa do Parque
- 103 Pilros comúns (Calidris alpina), case todos na Salina Grande
- 2 Pilros pequenos (Calidris minuta) na Casa do Parque
- 9 Combatentes (Philomachus pugnax) como mínimo. Quizá 3-4 máis
- 6 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa) na S. Grande
- 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) na Casa do parque
- 1 Bilurico alinegro (Tringa ochropus) na Lagoa de La Fuente

  Ademáis de acuáticas, Villafáfila é terra de aves terrestres tamén. Nesta visita sorprendeume a abodancia de rapaces medianas. Ademáis dos habitualmente numerosos Buxatos (Buteo buteo), Millafres reais (Milvus milvus) e Tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus), sorprendeume o número tan elevado de Gatafornelas (Circus cyaneus); na miña opinión, unha das aves rapaces máis fermosas de Europa.  Igualmente avistaba un Esmerillón (Falco columbarius), pero me nego a publicar esas "fotos" tan horríbeis.

 Gatafornela (Circus cyaneus) macho

Gatafornela (Circus cyaneus) femia

    Podemos dicir que a única especie que mantiña un número digamos normal, sempre considerando que falamos de aves con moita variabilidade interanual, penso que era a Avefría (ún dos emblemas de Villafáfila sen dúbida).


      E xa vos digo que para fotar esta especie non hai mellor hide que o propio carro. Xa sei que non é moi ecolóxico (a min non me gosta tampouco) pero é moi práctico nestas zonas tan abertas.


       Supoño que nestas zonas agrícolas é doado que as aves se acostumen ao tránsito de veículos.

 Avefría (Vanellus vanellus)

      Os grupos de Avefrías pousados sobre a superficie conxelada das lagoas eran algo moi curioso de ver para este nativo da costa galega.
 

 Avefrías pousadas sobre o xeo na "Laguna Rosa"

     Poño unhas fotiñas de outras limis observadas.

 Avocetas (Recurvirostra avosetta)

 Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

  De paseriformes pois moitas Lavercas (Alauda arvensis), Trigueiróns (Emberiza calandra), bastantes frinxílidos e 1 Picanzo real (Lanius meridionalis) no propio centro de interpretación.


  Por suposto non faltou algún Moucho, sempre tan simpáticos.

Moucho (Athene noctua)

   Déixovos cunha imaxe do atardecer na Tierra de Campos.
   
Solpor a carón dunha pombeira

     Isto foi todo.

5 comentarios:

  1. Si non o vexo non o creo. En fin, a pesares dos baixos números, imaxino que igualmente a visita mereceu a pena, non? Eu de todas formas replanteareime se ir este finde ou non. Xa veremos.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Unha mágoa os baixos números, pero polo menos viches case de todo un pouco...por tratar de ser optimistas...
    Encántame a foto do moucho
    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Olá xente. Pois sinceramente, dubido que fose alí se soubera cómo ía resultar a excursión (refírome ao equilibrio entre esforzo do desprazamento por unha banda e desfrute naturalista por outro). Nesta ocasión ía sen límite de tempo, pero preferín acurtala e invertir ese tempo (e cartos, qué coño) noutra saída máis pequena. Igual ao Grove, mañá mesmo.

    Que conste que Villafáfila sempre é Villafáfila. Pero esta época non é a mellor tampouco. A mín góstanme a Primavera (sobre todo), o Outono (Novembro) e finais de Inverno (Febreiro-Marzo). Fun agora porque me cadrou este ano así, pero insisto en que é mala época, debido á escaseza da luz solar, ao mal tempo habitual, á caza, etc...

    ResponderEliminar
  4. Supoño que desistiches de ir ata a Nava?.

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro César. Non me apetece chegar a un sitio onde as aves han estar super nervosas logo da "sesión cinexética". Por iso preguntaba en Galiciaves.
      En fin....

      Eliminar