Seguidores e seguidoras

jueves, 12 de marzo de 2015

Duas fotos de hoje

      Hoje derom-me a alta e amanhá volvo trabalhare. Em boa hora, já que o prognóstico para a fim de semana semelha bastante bom: lagoa aberta e baleira, sol e ventos de compoente nordés.
    A Primavera está batendo na porta. Já chegárom as primeiras Andorinhas (Hirundo rustica) a Galiza e observou-se algumha Cerceta albela (Anas querquedula) nas vizinhas terras de Astúries. Entramos na época forte de migraçom para a lagoa de Valdovinho: meados de Março a meados de Maio.
  Esta manhá atopava posturas de Sapo raxado (Discoglossus galganoi) em um pequeno charco de Taraça, pontuais coma um reloxo. Na canle perifêrica da lagoa han estar tamém os primeiros Sapos comuns (Bufo bufo) em plena actividade reprodutora, outro indicador natural típico destas datas.

 Pato frisado (Anas strepera), macho

   Som éstes os últimos dias para nos despedir daqueles outros migrantes que botárom o inverno connosco, caso das Picas (Anthus pratensis/spinoletta) ou as Lavandeiras reais (Motacilla cinerea) que marchan estes dias cara o Norte.

Lavandeira real (Motacilla cinerea)

     A partir de agora cada dia deparará umha surpresa.

8 comentarios:

  1. Olá Xabier

    Eu sei que a Coruña é um pouco ;) longe daqui, da zona onde vivo, mas pensava que em toda a Galiza a Motacilla cinerea era residente, estamos sempre a aprender! Estou habituado a observa-la na zona de Vigo!

    Abraço

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que a redaçom dá lugar a confussom, certo... Estou a me referir únicamente às Motacilla cinerea da lagoa da Frouxeira, Inocêncio. Coma bem dis a espécie é residente na Galiza toda, mas residente no seu hábitat de regos de montanha ou riveiras fluviais com moínhos, etc... Na lagoa (e nas rias, onde também som abondossas) aparecem a primeiros de Outubro e marcham em Março. Penso que devem ser exemplares da Alemanha ou Holanda.
      Um abraço.

      Eliminar
  2. Imaxino que os sapos tamén estarán a dalo todo nas Forcadas.
    O martes andarei por aló e xa che confirmo se andan polo encoro. Eles, ou as súas camisolas despois de topar coas londras ...
    O ano pasado moitos apañaron ¡¡¡
    Cheguei a contar ata 4 camisolas por metro lineal de encoro ¡¡¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estarán. Os sapos comuns son moi fieis ás datas e lugares de freza. Na Frouxeira isto acontece a primeiros de Marzo case invariábelmente. Sen embargo semella que pode retrasarse algo en outros sitios moi próximos sen motivo aparente, quizá dependendo do tipo de humidal: río, encoro, lagoa, e dos niveis de auga que éstes poidan ter (nun río moi crecido e con moita corrente non debe ser moi doado "arrexuntarse").
      E o das "camisas"...a ver se vai ser o Visón (toquemos madeira), que é un cazador máis "de ribeira" que a Lontra.

      Eliminar
  3. O vison os deixa "enfurruñados", que diria a miña sra. Os unicos que seica son quen de facer o volteo son o teixugo e mais a lontra.

    Saudos,

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas César; tomamos nota.
      PD: Sigo lembrando os "cordóns arborícolas" daqueles B.bufo que localizaras logo da baixada do nível da auga naquelas pozas e que ficaran en seco. Qué pasada.

      Eliminar
    2. O "almeizer", penso que ademais dos sopeitoso anteriores o touron pode predar os sapos.
      Cordons no, pero postas secas do domingo pasado a este, centos de discoglossus, calamita e pintegas espichados. E estamos en marzo, cando marzo mayea, mayo marzea..

      Eliminar
    3. Xa o pensei. De feito a miña única observación (non segura) de Tourón (Mustela putorius) vivo foi precisamente no encoro das Forcadas; un mustélido castaño que cruzou a toda leche unha ponte en Abril do 87 e que penso que pertencía a esta especie.

      Eliminar