Seguidores e seguidoras

domingo, 26 de abril de 2015

E agora... toca esperar!

    A piques de rematar Abril, a lagoa da Frouxeira está aberta e baleira, como é o normal nesta época. Un contratempo para o asentamento de acuáticas reprodutoras mais unha situación que garante a sedimentación de limícolas e outras migrantes.


   O vento está de compoente Sul e Oeste, así que cómpre esperar a que vire a Nordés. Segundo o prognóstico, parece que a situación sería favorábel coincidindo coa entrada do mes de Maio. Daquela e durante uns días, desfrutaremos dun espectáculo ornitolóxico que atrae a muitos observadores.


     As especies que maior número acadan habitualmente son o Pilro común (Calidris alpina), con cifras de até 3000 exemplares, e o Mazarico rubio (Limosa lapponica), con case 2000 nalgún ano. Sen embargo o ano pasado tivemos números moi baixos destas limícolas (ridículas no caso do Mazarico). Iso si, outras lograron cifras case de récord, como a Píllara real (Charadrius hiaticula) con 710 exemplares, e o Pilro tridáctilo (Calidris alba), con outros estupendos 716 individuos.
   Grazas á situación xeográfica da Frouxeira, sempre aparecen polo medio especies máis escasas ou raras que fan as delicias dos rarólogos, pero ninguén se aburre nunca alí.


    Non obstante cada ano o paso é diferente. A ver como vén éste.
    Vémonos alí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario