Seguidores e seguidoras

domingo, 12 de abril de 2015

Nova cita de cría para Folosa manchada (Locustella naevia) na Mariña lucense

    A saída do sábado ía ser fundamentalmente herpetolóxica pero claro, se atopas isto nada mais saír do carro....


     Un macho cantor de Folosa manchada (Locustella naevia); unha das especies menos coñecidas da nosa ornitofauna, debido á sua escaseza e á dificultade para a detectar nos territorios de cría.

   Este exemplar, logo de cantar desde un pequeno arbusto, foi cara unha silveira, onde me deu unha alegría ao velo carrexando material de construción do niño: herbiñas e algo de musgo, aparentemente.


    A observación directa dunha Folosa manchada nativa é realmente complicada na nosa terra, pero vos aseguro que é unha experiencia que vale a pena.

Folosa manchada levando material para construción do niño

   Xa non só pola escaseza da sua poboación galega senón por seren un paxaro de hábitos peculiares e conduta certamente pouco común. Esa maneira de moverse entre a vexetación case como de leirón, esa discreción absoluta que fai que sexa incríbelmente difícil a súa detección, a delicadeza dos seus movimentos así como a sua tremenda timidez converten a observación dunha L. naevia en todo un acontecimento.

   Na seguinte imaxe, moi desenfocada, apreciamos un detalle diagnóstico da especie, como son as pintas escuras na área subcaudal (nas plumas do cú, vaia)


      Por desgraza, agora moitos ornitólogos galegos consideran máis importante a busca de novas especies para apontar na sua lista particular en vez  de traballar na procura de datos útiles que servan para coñecermos mellor o noso patrimonio natural.
     Hai diferentes Atlas e programas de seguemento que se están a levar a cabo nestes momentos (ALVAR, Atlas de hérpetos da SGHN, Atlas de Mamíferos do GEAS, e de aves da SEO, SACRE, RAM ,etc...) e necesitan máis colaboración. Sen embargo non faltará xente para ir ver a Thayer famosa en San Cibrao ou unha limícola rara que apareza en Ponteceso. Para iso sempre hai tempo e ganas, por suposto. De verdade sinto que non merecemos o tremendo legado que nos deixaron os Souza, Galán, Bas, Guitián, Silvar, Bermejo, e compañía....


    Desde aquí quero animar aos novos afeizoados que si participan nestes programas voluntarios (como Juan Gómez ou Óscar Chao) para que redobren esforzos. Observacións como esta Folosa manchada ou a dos Cirrios pálidos de Ferrol son consecuencia da perseverancia e da paciencia. Non fai falta ser un crack en identificación para descubrir cousas importantes. E seguro que o noso alterado e degradado medio garda aínda sorpresas para vós.

Folosa manchada (Locustella naevia)

    Os Chascos comúns xa teñen poliños. Un macho levaba unha suculenta araña e pousou para Bichos.

Chasco común (Saxicola torquata) carrexando bicada

   En Reinante atopei unha alta densidade de paxaros de mato (Prunella, Troglodytes, etc). Este Carrizo cantaba coa máxima concentración.

Carrizo (Troglodytes troglodytes) "dándolo todo"

   Un grupo de 6 Picas levantou voo. Polas datas poderían ser aínda Picas dos prados, mais esta da foto semella arbórea. Que opinades?

Pica (Anthus trivialis?)

   Como dicía a viaxe á Mariña obedecía ao interese por atopar varias especies de hérpetos que non lograra achar durante o traballo  de campo do atlas da SGHN. E para iso visitei varias charcas de canteira localizadas a través do Sig-Pac (ferramenta extraordinariamente útil!).


Charcas de canteira abandoadas

   A carón dunha delas, atopei ún deses obxectivos: o Sapiño comadrón, reprodutor habitual en augas permanentes como son as canteiras abandoadas.
   Dous adultos descansaban baixo a clásica pedra plana e de tamaño medio (os herpetólogos sabemos tanto de pedras como de hérpetos)


  Un rasgo característico deste sapo é a liña de verruguiñas vermellas a cada lado do lombo e a pupila vertical con luz intensa. É un anuro pequeno que non supera os 50-60 mm de lonxitude.
   Casualmente Alfonso Rodrigo publicaba onte mesmo unha foto en El Pernil dun Sapiño comadrón macho portando ovos. Debido ao intenso frío que fai na meseta durante o inverno os anfibios experimentan un retraso notable respeito dos que viven en áreas térmicamente máis favorábeis, como é a Mariña lucense. Seguramente estes exemplares da Devesa (Ribadeo) xa depositaran os ovos para que eclosionasen na charca.

Sapiño comadrón (Alytes obstetricans)

    O Sapiño comadrón posúe tres verruguiñas na palma da mao, que o distinguen do seu parente Alytes cisternasii (ausente no noso país)

Rasgo diagnóstico de Aytes obstetricans: 3 tubérculos metacarpianos

  Depois pasaba pola archifamosa "Charca de Rinlo", onde atopaba a Óscar Chao Penabad con quen estiven a facer varias prospeccións.
  Alí milleiros de cucharóns de Sapo corredor (Bufo calamita) abarrotaban as augas someiras. Comentábame logo Óscar que atopou restos de 8 sapos perto dalí, penso que predados por Lontra (Lutra lutra), logo de ver as fotos dos restos e dos excrementos do carnívoro.

Cucharóns de Sapo (Bufo calamita probablemente)

  Chegou a Primavera e con ela os insectos.Os odonatos son unha das ordes mellor coñecidas polos naturalistas afeizoados coma min, e este lavacú ficaba pousado na Charca de Rinlo

Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii)

     As citas de odonatos podedes pasarllas a Martiño (a través de min) ou colgalas na web Biodiversidade Galiza e Norte de Portugal

    Conquerido o obxectivo primario (Alytes) fun polo secundario (Podarcis muralis), sabedor da dificuldade extraordinaria de atoparen poboacións fóra da fortaleza de Ribadeo. Pero teño a convición de que tivo que expandirse cara o Oeste, empregando os numerosísimos muros lindeiros e de casas que abondan na rasa da Mariña.


Muros vellos de pedra en Rinlo (Ribadeo)

  Neste caso, non fun quen. Únicamente atopei Lagartixas galegas.

Lagartixa galega (Podarcis bocagei)

      A charca de Rinlo é un humidal interesante durante o paso primaveral. Onte 2 Combatentes (Philomachus pugnax) e 1 Pernalonga (Himantopus himantopus) eran o máis salientábel.

Combatente (Philomachus pugnax)


  A Pernalonga estaba anelada. Óscar tirou algunha foto mellor para lla remitir a Antonio a ver qué nos conta El Señor de las Anillas.


Pernalonga (Himantopus himantopus)

   De volta para Ferrol parei nos montes de Lourenzá, perto de Mondoñedo. Quería ver como quedara aquilo logo das obras da A-8. Case mellor que non fose, pero algunha zona quedou intacta..

Monte Carracedo (830 m.) na Serra de Lourenzá


    Despídome coa foto desta Píntega común da variante bernardezi. Pedro Galán estudou a bioloxía reprodutiva de salamandra e segundo el as poboacións do Xistral son vivíparas, que paren xuvenís xa metamorfoseados, vaia. Probablemente este exemplar da serra de Lourenzá pertenza ao mesmo fenotipo (S.S. bernardezi puro)

Píntega común (Salamandra salamandra bernardezi)

  E ao loro coa próxima saída. Finalmente non será a Arribes, pero entusiasmará igualmente aos amigos herpetólogos (a excursión foi proposta de Martiño, non vos conto máis)

21 comentarios:

  1. Boas,
    Interesantes citas. O Alytes está bastante jodido polo norte de Lugo e Coruña pero nesa zona de Ribadeo parece que aínda teñen boa saúde as súas poboacións. Os fonscolombii están comezando a activarse. Esta tarde xa os vimos en Riocaldo (Begonte) xunto con Ischnura graellsii e Sympecma fusca (a única libeliña invernal). Xa sabes que andamos co atlas de libeliñas. Se tes citas que poidas aportar, agradaceríache que nolas mandaras ou que as colgaras en Biodiversidade.eu (bo lugar para colgar calquera cita e que estea disponible para todos).
    Esa entradiña que prometes seguro que da gusto. Moita sorte coa zona.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Opa Martiño:
      Agora que comezo a controlar algo no campo dos odonatos xa sabes que podes contar con todas as miñas citas, empezando por esta Sympetrum, que vos remitirei en canto poda.
      E tamén sabes que prefiro sempre utiizar unha base de datos ou excel (as aplicacións on line son un lío para os "puretas" antediluvianos coma min)
      PD: Xa introducín no post unha recomendación para as citas de odonatos

      Eliminar
  2. Boas Xabi,
    Moi boa entrada! Agardemos que a Locustella se manteña por aquí, informareite en cato saiba algo máis. O da lontra pareceume bastante curioso, a ver se a afoto un destes días...
    Con respecto á Pernalonga, comentoume Antonio que é un exemplar anelado en España, pero que é probable que se foi en Doñana por experiencias anteriores non se saiba nada máis... bendito país.
    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero esas novas, pero xa che digo que igual a cousa é máis complexa do habitual. Pola miña experiencia con locustella en Valdoviño, a sua detección pode ser extraordinariamente complexa mesmo coñecendo o lugar de nidificación (xa che comentei que os censos fanse pola noite). Se non a detectas á primeira non desesperes. Falamos do paxaro máis difícil do noso país. Non te desmoralices por non pillala o primeiro día e persevera!! Recorda: días sen vento, cálidos, humidos... e a primeira hora (7,00-9,00 h.)
      Isto vai ser a túa graduación, créme.
      PD: Dos aneladores ghilipollas xa lle teño lido algo a Antonio. Hai que ser túzaro para non compartir os datos, pero en fin...

      Eliminar
  3. Vaia lección Xabi. Un pracer ler estas entradas túas.
    A filosa xa sabes que a víramos nesa mesma zona o ano pasado. Pero logo perdéramoslle a pista e non sabíamos si criaba aquí. Parece polas túas fotos que se confirma isto último. Qué boa nova.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lembro, lembro... Neste caso non foi en Rinlo, pero si ben cerca.
      Se o persoal traballase no que ten que traballar habían de aparecer máis citas, pero se estamos en Madagascar ou en Honolulú buscando dinosaurios, pois difícilmente poderemos avanzar no coñecimento do propio.
      Na Galiza somos así.

      Eliminar
  4. Quería decir a folosa. O corrector xoga malas pasadas...

    ResponderEliminar
  5. Cuánta variedad, Xabi. Enhorabuena.
    El bisbita, es arbóreo, sí. Fíjate que tiene las listas del pecho mucho más marcadas que las de los flancos.
    Por otra parte, buen macro en las palmas del obstetricans; hoy he visto al cisternasii con sus dos tubérculos palmares :-)
    Saludos,
    Miguel

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Miguel.
      Acabo de ver tu nueva entrada sobre Cazorla (buen sitio para bichear desde luego). A ver si mañana te hago un comentario.
      Un abrazo, rapaz.

      Eliminar
  6. Vaia saída máis completa! Así da gusto.
    Iso si, polo que leo no teu blog, os ornitólogos parecen moi "competitivos"...
    Apertas,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E tamén son moi bós en identificación Inés (diso controlan un güebo os rapaces de hoxe). Por iso mesmo dame rabia que non colaboren máis.
      Hai comarcas enteiras das que non existe apenas información e seguro que gardan sorpresas esperando a que alguén faga o esforzo de investigar nelas.

      Eliminar
  7. Hola Xabi:

    Sería muy interesante que algún herpetólogo local se dedicase a investigar sobre el probable proceso colonizador de Podarcis muralis hacia zonas cercanas (esos muros de piedra en Rinlo, efectivamente, tienen muy buena pinta).

    Un saludo,

    Daniel Pérez

    P.D. Sobre el lugar que has elegido para tu próxima salida voy a desplegar mis dotes de telépata y me arriesgo a decir que será por el Alto Sil leonés.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sería. Eu e Manu Arzúa temos "trillado" parte da zona sen resultados, pero estou convencido de que ten que habela.
      No val do Navia tamén falta moita información de muralis. Até o de agora todas as citas coñecidas sitúanse na marxe dereita da bacía do río, en aldeas de media montaña pero é fácil que aparecese tamén na parte occidental do val.
      E nesta ocasión, meu telépata amigo, parece que che fallou a "cobertura". Non é mala zona esa do alto Sil (temos algo pendente por aló), pero trátase dunha comarca moito máis mediterránea, a de maior diversidade herpetolóxica de Galiza. Xa sabes a cal me refiro, non?

      Eliminar
  8. Sí, creo que sé a cuál te refieres. Desde la primavera del año 2013, la mayor parte de mis salidas al campo las dedico al propósito de obtener una visión detallada de la distribución de Psammodromus occidentalis en la zona.

    Si el tiempo lo permite, estaré allí el sábado o el domingo. Si quieres ver a un tío de de 1,98 con una cara preciosa y un cuerpazo espectacular, ya sabes mi dirección de correo electrónico... ¡piratuelo!

    P.D. Ahora en serio. Si estás interesado en sacarle unas fotos a las occidentalis y no quieres perder demasiado tiempo en localizarlas, me ofrezco como guía. Además, hace unos meses prometí entregarte en mano una monografía sobre rapaces nocturnas (soy persona de palabra, no me olvido de lo que digo y me gusta cumplir con lo dicho).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "Psammodromus occidentalis"? Joder, estou obsoleto de todo...
      sobre a excursión pois debo dicir que volvemos o venres pola tarde (problemas de calendario). Non obstante e se me presentas a unha morena de 1,70 con curvas espectaculares e unhas tetas de infarto igual podo retrasar a volta.

      Eliminar
    2. "El tamaño de las tetas a las que puede acceder un cuarentón es directamente proporcional al tamaño de su cuenta corriente."

      Mahatma Gandhi (1869-1948)

      Eliminar
    3. A verdade é que normalmente escrebes comentarios moi bós e que me gostan moito, Daniel; pero éste último non é dos máis logrados.

      Eliminar
    4. Tal vez hace un tiempo opinase distinto a como lo he hecho. Tal vez dentro de un tiempo pensaré distinto a como lo hago ahora. Pero a 17 de abril de 2015, esa, es mi opinión. Como Internet no es el lugar adecuado para hablar de según qué cosas, acabaré diciendo que en lo que respecta a este asunto, es bueno, sin duda, tener motivos para pensar distinto a mí.

      Un saludo.

      Eliminar
    5. Non se trata de "opinión", Daniel, senón de como se transmite esa opinión. Eu son o primeiro en empregar fórmulas políticamente incorrectas e mesmo palabrotas para dar certas opinións, pero cóidome moito de non escreber cousas que entren no terreo do desagradable e do ofensivo.
      "Bichos e demais familia" ten o apartado de comentarios aberto ao público porque considero que os meus seguidores e seguidoras han ter boa conta de non dicir cousas improcedentes que poidan parecer sexistas, racistas ou que fomenten a violencia.
      E ademáis teño intención de que así siga sendo.
      Douvos as grazas a todos e todas pola vosa comprensión. Sodes os mellores seguidores e seguidoras de Galiza. Xa o sabedes.

      Eliminar
    6. Estoy de acuerdo. De hecho, después de haber presionado el botoncito para responder a tu comentario del 16 de abril de 2015, 21:04, pensé: "También podías haber escrito lo siguiente: Si mi comentario te ha ofendido por la forma en que lo he expresado, lo respeto y lo comparto. Si es por su fondo, lo respeto pero no lo comparto".

      Siendo así, te pido a ti y a todos los lectores que se hayan podido sentir ofendidos por mis palabras, mis más sinceras disculpas.

      Un saludo.

      Eliminar
    7. Simplemente non foi un comentario afortunado.
      Un día preguntáronlle a Groucho Marx que como era capaz de ser tan inxenioso. El respostou que simplemente falaba moito, así que polo medio algunha xenialidade había de saír. Os que gostamos da palabra e somos locuaces estamos expostos permanentemente a meter a pata. É normal.
      Din os futbolistas que habendo un bon árbitro que saiba parar o xogo e amonestar as faltas cando ocorren, o xogo será sempre limpo e sano. Porque ata Messi comete faltas de cando en vez.
      Asunto zanxado.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos