Seguidores e seguidoras

viernes, 19 de junio de 2015

De paseo pola Terra Chá. Odonatos.

 Este venres visitei a comarca lucense da Terra Chá.


  A verdade é que o que me prestaba era volver por Villafáfila, pero non se dan as circunstancias nestes momentos, e a Terra Chá pois é o máis parecido que temos por aquí arriba (aínda que a maior parte ten máis aspecto de campiña británica que mesetaria).


  Puiden detectar 7 machos de Sisón, tamén chamado Suseiro (Tetrax tetrax): 2 na grella UTM (0622  4790), 1 na UTM (0623  4789), 1 na UTM (0624  4787) e 3 na UTM (0623  4788). En canto poda subirei as citas ao noticiario da SGO (e tamén as de odonatos a BI.EU, que nunca me acordo carallo)



  Definitivamente o enfoque de aves en vó parece moito máis difícil que na SX50. Empeza a preocuparme (ogallá sexa erro meu por falta de práctica)


Suseiros (Tetrax tetrax)

  Nestas alturas os grupos familiares de Tordos charlos (Turdus viscivorus) son abondosísimos. Aliméntanse en campo aberto mas fuxen coma raios en canto detectan unha ameaza, voando cara a seguranza dos pinares de Pinus radiata, o seu hábitat favorito polo norte do país.

Tordo charlo (Turdus viscivorus)

Fermoso exemplar de Freixo (Fraxinus excelsior)

  A Papuxa común (Sylvia comunnis) está prácticamente extinguida en toda a faixa litoral coruñesa e sempre apetece volver a ver unha. Son típicos habitantes dos campos con sebes e ringleiras de arboredo caducifolio.


  Descubrín unha familia delas no mesmo lugar onde as vira hai un par de anos:

Papuxa común (Sylvia communis) voantón

  Logo achegueime á lagoa de Cospeito, destrozada por un plano de "restauración" que probablemente pasará á historia como exemplo de como NON se debe acometer unha obra de este tipo. Aínda quedan augas libres (pouco máis se pode dicir en positivo).



  Tomei unhas fotos como lembranza, antes de que o salgueiral e vexetación palustre acabe por colmatar o pantano. Por se fose pouco os rastros do Porco bravo (Sus scrofa), omnnipresentes, explícanos ún dos motivos de por qué a lagoa está baleira de acuáticas, comparado co potencial que posúe (e co que tiña hai quince ou vinte anos). Quen non vexa a gravidade do problema a estas alturas está realmente cego.


 Como digo, a lagoa de Cospeito está morta para as acuáticas e os que coñeceron aquilo nos anos noventa sei que están dacordo conmigo. Menos mal que aínda ten riqueza en fauna invertebrada...

  Coa idea de seguir practicando o macro dediqueime a darlle caña aos odonatos. Para a identificación coas "identificábeis" tiven a inestimábel axuda de José Álvarez Gándara.



Donceliña pequena (Coenagrion puella)


Donceliña  grácil (Coenagrion scitulum)


Lavacú escarlata (Crocothemis erythraea)

Lavacú femia (Sympetrum sanguineum?)

Calopteryx xanthosoma femia

Macho de Donceliña ibérica (Ischnura graelsii arriba esda.)
 Femias de Donceliña ibérica (Ischnura graelsii, centro e esda.)
Macho de Gaiteiro bicolor(Calopteryx xanthosoma, drta.)



    Outra visita a Cospeito na que volvo con sabor agridcoce. E van quince anos...
   Malo, malo, malo...

4 comentarios:

  1. Boas. Bonito post pero podes poñer Ischnura graellsii por que non é I. pumilio e en Cospeito non hai I. elegans.
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Oído barra. Xa corrixín.
      Grazas.

      Eliminar
    2. As derradeiras non son Anax?

      Cesar

      Eliminar
    3. Ou Aeschna.. Acabo de mirar na Chinery e as miñas fotos non son moi claras. O tamaño era grande pero tampouco xigante como algunha que teño visto na lagoa.
      Os expertos do grupo de Libeliñas (whatssap) identificaron as outras pero parece que non o tiñan claro con esta femia.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos