Seguidores e seguidoras

martes, 30 de junio de 2015

Fotos JPEG con la Fuji HS50 EXR

   Por agora é mellor que dispare só en JPEG, para ir coñecendo a cámara simplemente. Máis adiante xa terei tempo a traballar co RCF, o software necesario para editar os arquivos RAW.

  Desde logo a HS50 non é unha bridge para novatos. Desde os controis até a configuración inicial de disparo son máis complexos que as Canon ou as Nikon, por exemplo. Para lograr unha boa imaxe coa serie Finepix debes ter algo de experiencia en fotografía pois a imaxe que ofrece a cámara "por defecto"- sinceramente - é mellorábel. Se embargo tocándolle varios parámetros pode obterse unha cualidade de imaxe equiparábel ao resto das bridge de gama alta.


    Varios confiados Lavancos (Anas platyrhynchos) déronme a posibilidade de practicar un pouco. O rápido enfoque e o refacho (que mesmo funciona en RAW!!!) facilitan a toma de esceas de acción. Aí as miñas limitacións como fotógrafo e a miña torpeza son o único obstáculo para lograr imaxes atractivas. Imaxino esta cámara nas mans dalgún crack que me sei eu...

 

   Polo de agora só puiden afotar aves en vó en malas condicións de luz e distancia, pero a cousa promete, como dicía onte.

 Garza real a uns 150 m (imaxe recurtada)

 Corvo grande (Corvus corax)

 Grupo familiar de Choias (Pyrrhocorax pyrrocorax), con xuvenil (dta. abaixo)

   Igual que outros modelos, a HS50 dispón de ferramentas para editar as fotos antes de convertelas en RAW. Unha delas é o control do rango dinámico, que se pode mellorar no modo EXR. Isto serve para lograr maior definición nas altas luces (para que non saian tan queimadas, vaia)

 Esda: Imaxe normal -  Dta. imaxe con "maior R.D. en modo EXR

  Tamén fixen as primeiras tomas en modo macro, o meu favorito (a araña era moito máis pequena do que imaxinades, volo aseguro).

 Fuji HS50 (modo supermacro) ISO: 400   V: 1/320   F:2,8

  Aquí si parece que pode estar un escalón por riba da Canon SX50 e, especialmente, da Nikon P900. Pola miña experiencia con estas cámaras penso que a maior distancia focal afecta negativamente na cualidade do macro, algo lóxico por outra parte. Ademáis a precisión de enfoque da Fuji axuda moito nas distancias curtas.

Fuji HS50 (modo macro )  ISO 200   V: 1/250   F: 4  (Modo S +0,3 exp.)

 En fin, que seguimos de probas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario