Seguidores e seguidoras

martes, 14 de julio de 2015

Unha foto co mestre


  O pasado fin de semana xuntábamonos unha tropa de carallo par botar o día con José Curt Martínez, institución viva no mundo da divulgación Naturalista.
  Xa marcharan dous vellos amigos de Curt, Chema - un tipo estupendo - e Alicia, pero os que quedamos logo do xantar tiramos unha foto de grupo na Frouxeira. Biólogos, naturalistas afeizoados, pescadores, cazadores, ex-cazadores, todos xuntos. Porque outro mundo é posíbel.

Yago Carreño, Pepe Vidal, Malé, Pedro Cruzado, Juan Carlos Epifanio, eu, Eloi Saavedra, Nuria Vázquez e Don José

   Coma sempre tivemos tempo a dar unha voltiña polo campo, aínda que as circunstancias non foron as mellores.
   E mañá saímos de ferias na Bazan. É moito o choio doméstico que teño pendente para as vacacións, pero tamén disporei de máis tempo para seguir aprendendo de fotografía. 

2 comentarios:

  1. Grandes todos, e en especial o mestre Curt! Mágoa non poder velo desta volta! Espero que o pasarades ben! Apertas, Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se para a próxima.
      E ti si que és grande Damián. Agora até dispós de tempo para que as persoas cegas "vexan" aves. Iso merece parar todos e darche un merecido aplauso. ;)
      Monstro.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos