Seguidores e seguidoras

lunes, 14 de septiembre de 2015

Chasca norteña (Saxicola rubetra)

  Unha vez prometinvos que algún día o Chasco norteño había saír ben fotografado en Bichos, e ese día chegou:


     Aproveitei a tarde de hoxe para facer unha visita de control ás zonas habituais e  me atopei con este exemplar xoven pousado nun terreo de pasto para cavalos.


    En Galiza esta Chasca, ou Chasco, como se di máis ben pola zona, é sumamente rara como especie nidificante, limitándose a súa área de distribución básicamente ás comarcas máis frías de Ourense (Baixa Limia, Macizo central, Serra Segundeira,...) e algún punto illado de Lugo.
    Sen embargo resulta bastante común durante o paso en Setembro e Outubro; especialmente nas áreas dunares, pradarías costeiras, brañas de montaña e as grandes chairas do interior.


   En Valdoviño resulta aínda frecuente no sistema dunar da Frouxeira, mais o seu número nos prados de Taraza foi claramente a menos (anos atrás cheguei a facer conteos de 20 exemplares!). A recente transfomación de varias parcelas de prado en silveiral ou eucaliptal privaron á especie dunha boa cantidade de hectáreas de hábitat disponíbel.


   Hoxe tiven sorte e despacheime a gosto, aínda que tiven que correxer un moderado contraluz con algo de photoshop. Pero cando a distancia ao obxecto se reduce e as nubes deixan paso á luz do sol unha bridge ben manexada ofrece uns resultados como éstes.

Chasca norteña (Saxicola rubetra)
Todas as fotos tiradas coa Nikon P900

  Unha visita breve pero ben produtiva ésta de hoxe!

5 comentarios:

  1. Olá Xabier

    Enhorabuena pelas fotos do Cartaxo-nortenho, como nós o conhecemos por cá!

    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que tinha muitas ganas de fotografar o cataxo nortenho. Ao serem um exemplar juvenil semelha que era quiçá algo mais confiado cos adultos e puidem achegar-me um pouco.
      Um abraço

      Eliminar
  2. Ya no te preocupas por las cagadas de gaviota....y ya no borras comentarios que no te adulan.

    ResponderEliminar
  3. O simplemente pones el filtro de la censura previa por no trabajar de más leyendo toooodos los comentarios para publicar solo los que bailan el agua.

    Te pierden las formas.

    ResponderEliminar