Seguidores e seguidoras

sábado, 12 de septiembre de 2015

Sacando petróleo de onde non hai

   Acabo de ler as últimas aventuras de Miguel Rodríguez por Salamanca (El Zorzal Charro) e mentras redacto este post, sinto que volvo ao "mundo real", ao mundo máis alterado, máis destrozado ecolóxica e paisaxísticamente, e máis pobre en biodiversidade que se poda imaxinar. Porque o litoral Norte galego é exactamente iso. A traxedia ocorrida na segunda metade do século pasado (cambios nos usos do solo, urbanismo descontrolado e eucaliptización completa do país) sementaron un futuro negro que agora se manifesta de maneira atroz.

  No relativo á ornitoloxía, a nosa situación xeográfica permite que durante uns días desfrutemos temporalmente dunha certa riqueza de especies, aínda que depende moito das circunstancias meteorolóxicas que se dean no Continente. E polo de agora, semella que o paso este ano vai tarde mal e arrastro.


   Levo semanas facendo seguemento aos prados de Taraza e á praia dos Botes, e nótase un baleiro brutal con respeito a só tres ou catros anos atrás. NON HAI BICHOS, nin de plumas, nin de escamas, nin con alas nin sen elas.

 Esta mañá un único Virapedras (Arenaria interpres) permitíame un rato de entretemento coa cámara, mentras espero que cheguen días mellores.


 Virapedras (Arenaria interpres)

   O tempo tan malo deste verao non axudou precisamente a borrar esa imaxe de tristura ambiental. O noventa por cento das saídas pola comarca de Ferrol tiveron un ceo cuberto como trasfondo, cando non chuviscas ou fortes ventos. Algo que ademáis dificulta a observación.
   Como digo sempre, este blogue é froito de moitas horas de traballo diante do PC, resumindo o mellor das xornadas de campo; máis non reflicte as moitas horas de prospección sen ver absolutamente nada. Os que son do Sur de Galiza ou mesmo de fóra non imaxinan probablemente a experiencia que supón camiñar durante media hora sen ver máis que un Chasco común e dúas Avespas asiáticas. Desde logo eu recorrín muitas rexións do NW ibérico e o baleiro de vida que ten ás veces o noso campo non o vivín en ningures.

  Nestas circunstancias a observación de dúas Chascas norteñas (Saxicola rubetra) en Taraza convértese en noticia.

 Chasca norteña (Saxicola rubetra)

  En fin, sei que hoxe estou pesimista, pero é que  bichear por Ferrol actualmente é moi triste. Non sei se meterme a mirar anelas como Antonio, porque diso si que temos. Debe ser o único que nos queda.

  Despídome cunha preciosa Gaivota escura (Larus fuscus) que conservaba unha plumaxe bastante máis enteira que as nosas patimarelas, que andan estes días en plena muda.
 
Gaivota escura (Larus fuscus)

  A ver se mañá a migración me dá un regaliño de cumpreanos caramba...

8 comentarios:

  1. ¡Qué razón tés Xabi! Zona pouco agradecida para os entusiastas das aves...
    As veces imaxino a cara do nachiño da SEO que vexa os datos que dou nalgunhas estacións do SACRE en Eucaliptais ou matorral. Debe pensar que non teño nin idea ou que estou de coña.
    Feliz día mañá..
    Apertas
    Paco

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A teima que tiña eu coa "raroloxía" en Galiciaves era un pouco por aí Paco. Sei que non se me entendeu ben, porque a min encántame ver raridades, pero é que por culpa desas cousas dábase unha imaxe do medio ambiente galego que para min era absolutamente fitício e irreal.
      Cando lle chamaban "paraíso" a non sei que sitio eu pensaba: esta xente toleu de vez...
      Por iso insitía tanto en que a min o que me vale son os Atlas de reprodutoras ou os censos de invernantes. Daquela é cando se ve o auténtico e miserábel patrimonio ornitolóxico que temos na zona. Bueno, ornitolóxico e case, case de todo...(non vin un puto ofidio en todo 2015, tócate los huevos)

      Eliminar
  2. Es una pena eso que comentas, Xabi.
    Y lo peor es que las autoridades desvían la mirada hacia otros asuntos...

    Tiene muy mala pinta esto..

    Miguel R.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tiene mala pinta y peor solución Miguel.
      Y lo de la luz, que tanto repito, no es asunto baladí. Te aseguro que levantarte por la mañana y ver SIEMPRE el cielo completamente cubierto o que SIEMPRE haga viento es lo más deprimente que hay. Ahora mismo (8,11 h) mientras escribo esta respuesta, está lloviendo de lo lindo, sopla un viento muy fuerte del SW y parece que es casi de noche. A mediodía o por la tarde mejorará probablemente, pero el 90 % de la mañanas son así en la costa norte gallega, con el cielo gris como la ceniza de nuestros incendios...

      Eliminar
  3. Respuestas
    1. A ver se polo menos o frente do domingo trae novidades Damián.
      Marcho para Os Botes!

      Eliminar
  4. Vaia, sí que estabas pesimista... Calquera que o lea vai pensar que por aí non temos nada que ver. Menos mal que tan sinxelo coma ver un pouco o histórico de Bichos para decatarse de que non todo é tan gris... Falo en canto ós bichos, non en canto ó tempo, xa que niso hai pouco que falar. De todos modos, e ainda que che pareza mentira, ata a choiva e o vento se poden botar de menos. E non son o único que o digo.
    En fin, agardo que na próxima entrada as sensacións sexan máis positivas ; )
    Apertas.

    ResponderEliminar