Seguidores e seguidoras

domingo, 6 de diciembre de 2015

Ría de Ferrol, 6-12-2015

   Logo dunha serie de observacións outonais que facían pensar nunha invernada temperá, pois finalmentea cousa estase a retrasar. Polo de agora, nin Mobellas (Gavia spp), nin Pentumeiros (Melanitta sp), nin Mergos (Mergus serrator) nin Canas (Larus canus) nin Mergullóns reais (Podiceps auritus), a especie máis importante das que invernan na nosa ría.

   Únicamente houbo pequenos cambios na poboación de limícolas. Ademáis das 12-13 Píllaras reais (Charadrius hiaticula) que xa levan varios meses con nós e 1 Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) o número de Pilros (Calidris alpina) vai subindo, até uns 80-85 censados este fin de semana. Os Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) non os conto agás o día do censo.

 Cando non hai moito que anotar dispoño de máis tempo para seguir a practicar fotografía. Ben nas imaxes de acción, onde recurro ao disparo en refacho e o formato JPEG...


  ...ou ben dándolle protagonismo aos fondos interesantes. As chalanas de Barallobre permiten pintar o mar co seu reflexo

 Gaivota de cabeza negra (Larus melanocephalus)

   A verdade é que xa estou temendo que veña unha invernada cativa como a do ano pasado.

 Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)


    Menos mal que teño xoguete novo porque se non estas últimas saídas habían ser ben aburridas.

Pilro común (Calidris alpina)
Canon SX 60    ISO 125   V: 1/400   F: 6,5

 A ver se durante o Natal tiro a casa pola ventá e me podo permitir unha viaxe fóra de Eucalitolandia

PD: As Avespas asiáticas (Vespa velutina) xa son peste nos peiraos de Fene. No comment.

2 comentarios:

  1. E nom só nos peiraos de Fene... Na Marinha, em Ortegal, en todo Ferrolterra, nas Marinhas Corunhesas e Terras do Mandeu... e nom falamos do Baixo Minho e comarca de Vigo... arrepiado estou. Apertas, Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois tem dificil soluçom... Polo que falei com apicultores o único que se pode fazer é tentar minimiçar os efeitos, mas a hecatombe vai produzir-se si ou si.
      Eu talharia todos os eucaliptos do país, que som o principal refúgio por aqui,pero sei que isso é naturalismo-fiçom.

      Eliminar