Seguidores e seguidoras

sábado, 6 de febrero de 2016

Visita de control a Valdoviño

   Hoxe tiña parte da mañá libre e fun facer unha visita de control á lagoa de Valdoviño, que segue aberta e mantiña un nível bastante baixo. Algo completamente normal nesta época do ano pois, ao contrario que a maioría de humidais europeos, A Frouxeira amosa o nível hídrico mínimo entre Febreiro e Maio, xusto depois do período máis chuvioso. Un factor que penaliza moito a comunidade de acuáticas nidificantes e, pola contra, mellora exponencialmente a de aves migrantes, que constitúen o principal valor ornitolóxico da lagoa actualmente.



  Hoxe non contei pero así a ollo había as cifras do censo, excepto de Pato chupón (Aythya ferina), que xa marcharon.


Anátidas "de superficie" no intermareal

  Aínda están as estrelas ornitolóxicas desta tempada:

 Diferentes parrulos mergulladores (Aythya collaris/marila/fuligula)

  Xa voltamos á normalidade meteorolóxica e con ela volveron o vento e os ceus toldados. Nestas condicións a fotografía de aves complícase moito. Porén os amigos ianquis tiveron a ben achegarse un pouco para colaborar co "fotógrafo" (ejem)

 Patos cristados americáns (Aythya collaris)

  De volta dei unha pasada polos campos de Taraza, onde achei esta Gaivota cana (Larus canus) inmatura. Sinceramnte eu pérdome con iso das idades e coa taxonomía tan complicada neste grupo. Deixo a identificación precisa para os expertos.

 Gaivota cana (Larus canus) xoven

  Vai unha foto en voo por se puidese ser de interese para os colegas gaivoteiros:


 E como o próximo finde temos esa feria ornitolóxica anual que é o RARO paso a comentar unha lista de especies que poden interesar sobre todo á xente do Sur de España ou do interior e que hai arestora na lagoa da Frouxeira; por se alguén de fóra quere aproveitar a visita (inclúo a Lontra pola súa importancia):
- Mascato (Morus bassanus)
- Abetouro (Botaurus stellaris)
- Pato cristado americán (Aythya collaris)
- Pato bastardo (Aythya marila)
- Gaivota cana (Larus canus)
- Gaivotón (Larus marinus)
- Picapeixe (Alcedo atthis)
- Pica alpina (Anthus spinoletta). Quizá Pica costeira (Anthus petrosus), máis rara últimamente
- Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus schoeniclus e lusitanica)
- Lontra (Lutra lutra)

 Prácticamente todas poden verse fácilmente ou cun esforzo mínimo, agás o Abetouro, que xa necesita máis tempo e coñecimento do lugar.

6 comentarios:

  1. Que animado esta Valdoviño! Ese bastardo es nuevo???

    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perdona que no pude contestar antes, Miguel.
      No entiendo tu pregunta (no soy rarólogo y no conozco vuestro argot. ¿Te refieres a nuevo en la localidad, nuevo en España, o nuevo para mí?

      Eliminar
    2. Martín jeje. Me refería a que si lleva poco tiempo por la zona, porque nosotros cuando fuimos a Valdoviño en Diciembre (por cierto una pasada de sitio!!!!) no lo vimos.

      Saludos

      Eliminar
    3. Sorry Martín. Fué la costumbre de contestar a otro colega también jovenzuelo y que comenta a menudo en "Bichos".
      Respecto al bastardo yo lo ví por primera vez el 26 de Diciembre, pero creo que había llegado unos días antes. Cuando aparece suele llegar bastante más tarde que otros aythya. Eso sí, también suele quedar hasta el final del invierno.

      Eliminar
  2. Hola Xabi

    El bastardo lleva ahí desde septiembre ,fecha Tempranísima para la especie .

    Saludos

    Ricardo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tempranísima, desde logo...Eu sabía que xa levaba un tempo porque me soaba a túa cita pero mirei no noticiario e como non vin nada pensei que igual me confundira. Xa verás como queda bastante tarde.
      Apertas.

      Eliminar