Seguidores e seguidoras

miércoles, 16 de marzo de 2016

Lagoa de Valdoviño, 16-Marzo

 Visita de control hoxe á lagoa da Frouxeira, onde realicei un censo completo dalgunhas especies:

- 35 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 4 Garzotas (Egretta garcetta)
- 6 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 12 Cullereiros (Platalea leucorodia). Algúns deles portaban anelas de PVC, que xa estaba tentando ler Antonio Gutiérrez. A ver que nos conta.


 Cullereiros (Platalea leucorodia)

- 4 Patos asubiadores (Anas penelope)
- 19 Patos culler (Anas clypeata)
- 93 Cercetas reais (Anas crecca)
- Os 2 Patos de colar americáns (Aythya collaris). Parece que xa marchou o bastardo.

Patos culler (Anas clypeata)

 - 19 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 3 Narcexas (Gallinago gallinago)
- 1 Pilro común (Calidris alpina)
- 2-3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos). Vin ún "sospeitoso", que podería ser A. macularia, pero que non puiden confirmar. Atentos o resto de observadores, non vaia ser o demo.
- 1 Picapeixe (Alcedo atthis). En breve deixará de verse, unha vez que marchen para as áreas de cría.

- Un Pedreiro común (Oenanthe oenanthe) na Praia dos Botes. Primeiro rexistro propio este ano.

 A lagoa estaba moi baixa e me informan que Forcadas tamén. Avecíñase unha boa Primavera.

2 comentarios:

  1. Porque dis que os picapeixes marchan na primaveira?
    Eu sempre os vin no Lagho todo o ano ...
    De feito cando estamos ós munxes e o nivel está baixo, hai un que sempre arrea para o PMR, que imaxino lle valerá de espreitadeiro para os pequenos muxos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben, co Picapeixe pasa un pouco o que con outras especies de aves que mostran unha presenza case permanente no lago pero que non se reproducen aquí. Nalgúns casos é pola presenza de grupiños de inmaturos que fican aquí (caso de Garzas ou Corvos mariños) e noutros polo solapamento da migración primaveral coa outonal (moitas limícolas, por exemplo), dando a sensación de que "están todo o ano".
      O Picapeixe non cría na lagoa por falta de hábitat, como sabes. As referencias máis recentes que teño de cría na nosa Comarca son na desembocadura do Belelle (Cosme Damián, com. persoal) e no entorno do Seixo, onde considero posible que aínda o faga. Sen embargo temos invernada regular de 1-2 exemplares que botan aquí moitos meses ao ano, pero normalmente marchan durante a cría (mediados de Abril-primeiros de Xuño), cando é moi difícil ver exemplares. O que pasa é que a partir de mediados de Xuño xa chegan "invernantes"; antes incluso do comezo do verán! (teño observacóns nos peiraos da Bazan nesas alturas). Por iso pode dar unha falsa sensación de que son residentes pois vémolos en Inverno, Outono, Primavera e Verán.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos