Seguidores e seguidoras

lunes, 28 de marzo de 2016

Nova série de Lontra/Nueva serie de Nutria (Lutra lutra)

   Galego
   Logo de mais de trinta anos visitando a lagoa de Valdovinho podo afirmar que o acontecido hoje foi inesquecível. Nom tanto pola observaçom em si senom pola comodidade da mesma e pola confiança que amossóu em todo momento a protagonista deste post.
   Certamente a proibiçom da sua caça fixo crescer muito a povoaçom de Lontra nos humidais galegos, e agora resultam tam doadas de observar como nunca chegara imaginar sequer quando começava visitar a lagoa a meiados dos oitenta.
  Desta volta, melhor que as palavras, ficam as imagens. Todas elas tiradas com cámara bridge Canon SX60 e parámetros  ISO 320-640, F: 6,5 e Velocidades méias de 1/250-1/400

   Español
  Después de más de treinta años visitando la laguna de Valdoviño puedo afirmar que lo sucedido hoy ha sido inolvidable. No tanto por la observación en sí sino por la comodidad de la misma y por la confianza que mostró en todo momento la protagonista de este post.
  Ciertamente la prohibición de su caza ha hecho crecer mucho la población de Nutria en los humedales gallegos, y ahora resultan tan fáciles de observar como nunca llegara imaginar siquiera cuando comenzaba a visitar la laguna, a mediados de los ochenta.
  Esta vez, mejor que las palabras, quedan las imágenes. Todas ellas tomadas con cámara bridge Canon SX60 y parámetros ISO 250-640  F: 6,5  y velocidades medias de 1/250-1/400


Saúdos iniciais (Saludos iniciales)




 Curiosidade (Curiosidad)


 Umha grande captura (una gran captura)



 Limpando o focinho na rocha (Limpiando el hocico en la roca)

Rascando-se coma um cam (rascándose como un perro)

 Seguimos a comer (seguimos comiendo)




Pousando para a despedida final

14 comentarios:

  1. Bárbaras! Case me chama máis a atención o tremendo anguiacho!! Realmente un peixe impresionante, ampliando así as sensacións salvaxes dun momento único moi ben reportado Esta londra merece que a cristianes. Eu penso que a mesma que fotografaches antes e a mesma que fotografei eu. Os borróns no fuciño parecen os mesmos. Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa non che sei Rafa. A Londra do post do 7-Xaneiro tiña efectivamente manchiñas no fuciño pero se te fixas ben están en diferente sitio. E logo está a do post do outro día, que non tiña mancha ningunha.
      Que na lagoa hai diferentes exemplares solitarios a maiores do habitual núcleo familiar é unha obviedade. Penso que nestes momentos hai un exemplar moi querenciado da zona da canle (onde sospeito que ten unha tobeira, por diferentes motivos) e outro na parte máis próxima á pista peonil (que tamén vin "desaparecer" alí). O ano pasado unha femia sacou dous cachorros e andaba moito nas inmediacións da Lapela, e logo estaría a parte máis inaccesible da canaveira-xunqueira e as áreas de campeo nocturno do sistema dunar, praia e o río Magno. Pediría a alghún pescador de robaliza aquí presente que se fixe cando vaia facer noite a ver se averiguamos algo máis.

      Eliminar
  2. Es un animal precioso y muy simpático. Parece que le fascina la cámara. ¿Lo tenías muy cerca?

    Eileen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Digamos que a unos veinte metros o así, aproximadamente. Todos los mustélidos son animales extraordinariamente curiosos y tengo mi pequeño "truco" para que muestren interés por mí: emitir sonidos raros o agudos con la boca (antes siempre me aseguro que no haya nadie cerca para que no piensen que estoy medio loco, jaja)

      Eliminar
  3. Non teño palabras Xabi. Grazas por compartir tan fermosas fotos. E ademais puideches vela comendo. Marabilloso.
    Unha gran aperta.
    Inés

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tanto as esceas de alimentación como as de coidado dos cachorros son moi doadas de presenciar en Ortigueira e na lagoa. Recordo que unha vez dixen no blogue que estaba tendo moi mala sorte con elas desde que tiña cámara porque nunca as pillaba como antes. Semella que esa mala sorte xa rematou.

      Eliminar
  4. Ben tiradas ¡¡¡
    Por certo, vexo que foron tiradas no PMR. E hai unha cousa que me chama a atención. Non é ese moi sitio de anghías. Apañouna aí, ou trouxoa de mais enriba?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si señor, son no P.M.R, aínda que non exactamente nas pedras colocadas polo susodicho, senón nas formacións rochosas naturais (xistos?).
      Sobre a túa pregunta, pois eu cando cheguei a nacha xa estaba "dándolo todo", pero é moi posíbel que a trouxera de zonas máis interiores da lagoa con substrato lamecento onde son máis frecuentes as Anguías. Vin ese comportamento algunha vez con presas grandes. Hai vinte anos sorprendín unha Londra no mesmo peirao de Ortigueira cunha Anguía máis grande que ela. Non lle debeu gostar a nosa presencia que marchou nadando ata o centro da ría e subíu a unha estaca do parque marisqueiro facendo malabarismos para aguantar a posición e anguía a un tempo. Se chego a ter cámara daquela saco a foto da miña vida.

      Eliminar
  5. Uau! Vaia fotazas, noraboa Xabi!
    Aquí tamén son habituais de ver, case en cada praia que hai un rego hai lontras, e nas rías unha boa poboación. Son relativamente sinxelas de pillar...pero non tan ben e tan preto! Ou hai pouca luz, ou xusto nun momento que non as esperas... non levas a cámara...
    En fin, unha delicia observar un momento así.
    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa, coñezo esa experiencia permanente de "non ter luz" (aquí tamén temos clima tropical). E o día da foto pasou o mesmo, asegúrocho, pero pouco a pouco vamos coñecendo mellor a ferramenta. Non obstante as circunstancias obrigáronme a arriscar moitísimo coa velocidade (1/250-1/320 é moi lenta para un muestélido que non para quieto e con focal de 1365 mm). Cunha reflex moderna poderías meterte sen problema en ISO 1000 ou 2000, co cal podes poñer a velocidade que che pete e conxelar calquera cousa por moito que se mova. Por agora é unha das cousas que máis envexo deles.
      O que non fun quen de facer foi darlle un pouco de color á auga do fondo, que saía case branca en tomas con boa exposición. Baixaba as altas luces a -3 ou -4 co DPP pero non chega. O rango dinámico das bridge é moi cativo, polo que estas escenas de alto contraste (lontra escura + auga clara) son fodidísimas. En fin, a Lontra polo menos quedou ben, hehe..

      Eliminar
  6. Olá Xabier, fantástica série de fotos que nos mostra a Lontra na sua rotina diária e nada preocupada com a tua presença, é essa a ideia que eu fico da reacção curiosa por parte dela ;)
    Parabéns pelas fotos e obrigado pela partilha!

    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigado, Inocêncio. Temos muita sorte na contorna de Ferrol, onde a Lontra está moi acostumada à presença humana. Nom viajéi apenas por fóra, mas duvido que haja outra localidade em Europa onde a sua observaçom seja mais doada, falo completamente em sério..
      Umha aperta.
      PD: É um prazer partilhar estas imagens!!

      Eliminar