Seguidores e seguidoras

domingo, 3 de abril de 2016

Balanzo provisional do paso migratorio

O paso migratorio é un fenómeno variábel e, ás veces, impredecíbel. Pero na Frouxeira hai normalmente dous "picos" destacados: mediados-finais de Marzo e finais de Abril-mediados de Maio.
  No primeiro pico adoitan aparecer especies como Anas acuta, Anas querquedula, Limosa limosa, Tringa totanus ou Philomachus pugnax, mentras que no segundo - o máis espectacular- pode aparecer case calquera cousa, desde ardeidos mediterráneos, ata gaivinas e carráns de todo tipo, pero moi especialmente limícolas, que poden congregarse por milleiros en anos bós.
 

    Nestas alturas podemos catalogar o paso de Marzo como moi pobre. Que eu saiba non apareceron ningunha das especies habituais agás a Cerceta albela, da que temos arestora tres exemplares sedimentados na lagoa. Esperemos que o paso de Maio recupere a tónica habitual.


     Hoxe había algo menos de escuridade e estaban a uns 50-60 m de distancia, así que xa puiden tirar fotos decentes das cercetas.



   Como non había moito que facer estiven de cháchara con Pablo e Antonio, con quenes comparto a mesma visión pesimista do medio natural galego. A pesar do diferente enfoque que damos á observación (aves raras, anelas e bichos comúns) os tres somos moi conscientes de que a biodiversidade se dispara exponencialmente en canto saes de Galiza. Botar tantas horas en Valdoviño como botamos nós resulta un bon remedio contra ese excesivo optimismo que padecen algúns colegas e moitos medios de comunicación, empeñados en falar deste país como de "paraíso natural". Penso que non hai máis cego que o que non quere ver...

 Tamén aproveitei para xogar un pouco co zoom dixital.

 Imaxen JPEG con zoom dixital (130x, uns 2700 mm de focal aprox.)

 Cercetas albelas (Anas querquedula)

 A sorpresa do día foi esta fermosa Lavandeira real (Motacilla cinerea), que pousou cerca nosa.


  Unha data un pouco tardía para esta invernante nas augas da lagoa.

Lavandeira real (Motacilla cinerea)

 Bueno, e agora toca preparar o próximo post, que vai gostar aos amigos herpetólogos!

2 comentarios:

  1. Contigo aprendemos mucho, Xabi. Gracias.

    Eileen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues no hay mejor recompensa para todo el esfuerzo y tiempo que dedico a este blog. No hay dinero que page eso.
      Grazas Eileen.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos