Seguidores e seguidoras

sábado, 7 de mayo de 2016

Lagoa da Frouxeira, 7-Maio

  Avanza o mes e o paso segue a ser moi cativo. Ademáis a xornada de hoxe estivo dificultada pola pleamar, que mantiña o lago moi alto de nível pola mañá, así que apenas había intermareal.



 A pesar de todo logrei censar o pouco que había que, prácticamente, era o mesmo que o xoves:

- 28 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 85 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 7 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- Uns 300 Pilros comúns (Calidris alpina)
- Uns 100-105 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- + Virapedras (Arenaria interpres)

- Unha Garza cangrexeira (Ardeolla ralloides), que xa leva uns días por aquí.

  O meu forte é contar pero son bastante desastre en identificacións complicadas. Non sei se vedes algo neste pirlo da imaxe. Desde logo a plumaxe do lombo tipo Combatente dá que pensar. Como digo eu céntrome sempre en contar e non me paro demasiado cando entra tanta limicolada (se o fixese non sería capaz de censar todo o mogollón)

 Limícolas pequenas comúns

 Pilros comúns e tridáctilos (Calidris alpina/alba)

Mazaricos rubios (Limosa lapponica)

 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)

  Como non había moitas opcións, pasei o rato fotografando bandos en vóo. Coa Fuji HS50 sería máis doado, pero coa Canon a cousa xa é un desafío. Pensade que disparo sempre en RAW, ou sexa, con un único disparo (sen refacho)

 Foto: Canon SX60 (focal 247 mm)  ISO 200  V: 1/800   F: 6,5


Foto: Canon SX60 (focal 136 mm)   ISO: 200   V: 1/800   F: 6,3

    E, para variar, a sesión estivo "amenizada" polos urbanitas de sempre...

Imaxe diaria dentro da zona Ramsar, IBA, Lic, Zepa e Rede Natura, con Plan de Conservación propio e con Plano de Conservación da Píllara (mirade se está protexida!)

   En fin, cánta paciencia temos os naturalistas da costa galega!!
A veces pregúntome se non sería boa cousa que un capullo destes se topase un día de frente cun Xabalí ferido de bala que os desgraciase ao can e máis ao dono. Pero non teremos esa sorte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos