Seguidores e seguidoras

jueves, 5 de mayo de 2016

Lagoa de Valdoviño, comeza o paso

   Esta tarde facía unha visita á lagoa para comprobar como estaba o paso de limícolas de Maio, sen dúbida algunha o evento ornitolóxico máis importante e espectacular do ano en todo o norte galego.

Biluricos comúns (Tringa totanus) e Mazarico rabinegro (Limosa limosa)

  Polo de agora as cifras son moi modestas aínda que serían boas quizá nalgunha localidade menor, pero na Frouxeira supoñen apenas o 10% da cantidade habitual durante os "picos" da migración. Cando cheguei a preamar enchía a lagoa a toda velocidade e apenas ficaba intermareal, pero deume tempo a contar case todo.

- 1 Pernalonga (Himantopus himantopus). Limícola de recente aparición na zona.
- 35 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- Varias deceas de Píllaras reais (Charadrius hiaticula), quizá 100+ (non puiden contar esta sp).
- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 6 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 1 Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
- 4 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 4 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 9 Virapedras (Arenaria interpres)
- 339 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 105 Pilros tridáctilos (Calidris alba)


   As datas son as idóneas para que o número de aves se vai incrementando exponencialmente ata acadar varios miles de limícolas nun ano normal ou bon (2015 foi moi pobre). Cristian Osorio, xoven pero experto naturalista, comentábame o outro día que as datas de paso en Villafáfila experimentaron un importante retraso nestes últimos anos. En Valdoviño penso que ocorre outro tanto, e semella que agora o pico principal tende a centrarse a mediados de mes, cando antes (anos 80-90) era invariablemente na primeira semana.

 Cambiando de tema, a "especie" que nunca falla en Valdoviño ou calquera humidal costeiro galego é a Peste común. Xa que finalmente non houbo esa epidemia que exterminase todas as mascotas de Galiza pois haberá que seguir soportando este panorama como podamos.

Canis horribilis (esda) e Homo stupidissimus (drta.)
Ao fondo (arriba esda)  Numenius phaopus fuxindo da peste no "espazo protexido"

No hay comentarios:

Publicar un comentario