Seguidores e seguidoras

sábado, 4 de junio de 2016

Garza cangrexeira (Ardeola ralloides) na Frouxeira

  Por actualizar o blogue poño varias fotos da visita de hoxe á lagoa, onde atopei a David Calleja.
  Non había gran cousa, como é a tónica dos últimos dous anos. O máis salientábel foi esta Garza cangrexeira (Ardeola ralloides), especie rarísima ata hai ben pouco que agora xa se converteu nunha migrante en paso relativamente común.


    No illote da Lapela semellaba que fixo amizade cunha das Lontras. David tirou unha morea de fotos con "phonescoping" (unha técnica que resulta moi práctica)

 David Calleja fotografando na Frouxeira

   A luz era horrible, como sempre, e salvei os 100 m. de distancia como puiden; e sen trípode. As fotos quedaron dignas para publicar.


  Logo demos unha volta polos prados das Folosas, só para certificar que queda un macho cantor nas parcelas controladas este mes. Pero seguimos sen mais indicios de cría.

Folosa manchada (Locustella naevia)

  En fin, por agora nada máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario