Seguidores e seguidoras

sábado, 9 de julio de 2016

Coa Fuji HS50 polo río Belelle: Oxygastra curtisii!!

   Á espera dunha saída moi potente que teño prevista para mediados de mes, sigo a pasear pola contorna inmediata da cidade de Ferrol. Esta mañá polas ribeiras do Belelle e do Basteiro, en Neda.

 Rego do Basteiro

 Río Belelle perto da desembocadura

   O sol por fin chegou á comarca. Logo de ter quer pelexar durante todo o inverno coa falta de luz a verdade é que se agradece poder fotografar sen este tipo de limitacións. Ademáis hoxe levaba a Fuji, que para macrofotografía é, penso, a mellor de todas as bridge de sensor pequeno. Tanto pola precisión do autofocus (por fase e contraste) como  polo estupendo enfoque manual, moito máis parecido a unha reflex que o resto das compactas que probei.

  A carón da levada dun muíño puiden "bimbear" unha nova especie de odonato para min: a Donceliña de Mercurio, que está incluída nas directivas europeas de conservación por estares desaparecendo nalgúns países ("Guía das libélulas de Galicia"-  Miguel A. Fernández)

 Donceliña (Coneagrion mercuriale) macho

   No mesmo lugar había tamén varios Gaiteiros azuis (Calopteryx virgo) e unha Donceliña sp vermella (Ceriagrion ou Pyrrhosoma) que non me deu tempo a identificar
   Estoutra penso que é unha Esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii), aínda que debería ter os ollos verdes. Corrixan os expertos se procede. Un odonato que por certo está catalogado coma "en perigo" no Libro Vermello de Invertebrados de España.

 Esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii)

  Os modelos máis  confiados da xornada foron varios Gaiteiros vermellos (Calopteryx haemorrhoidalis), que me permitiron achegar moito.

 Gaiteiro vermello (Calopteryx haemorrhoidalis) macho

Gaiteiro vermello (Caloptery haemorrhoidalis) femia
Fuji HS59 (modo macro)  ISO 100   V: 1/320  F: 5

  Seguimos aquí.

5 comentarios:

  1. A Oxygastra é un téneral, polo que aínda non colleu a coloración verde nos ollos.
    Moi bonito post e noraboa polo bimbo (non só imos bimbar aves, que outros grupos tamén o merecen!!).
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Son Ceriagrones Xabi coñezo esa canle do muiño. Noraboa pola Oxig. Xa me obligas a ir por ali.
      Apertas a ti e Martiño

      Eliminar
    2. Xa me parecía Martiño... Graciñas pola confirmación. Aquel sitio todo penso que ten moito potencial, como xa falara Paco nun post hai tempo. Eu empezo o percorrido polo rego do Basteiro e volto polo paseio peonil do Belelle, parando na famosa canle do muíño.
      A ver se quedamos Paco e te poño aod ñia tamñen en herpetoloxía.
      Apertas xente.

      Eliminar
  2. Qué gozada esas fotos en modo macro. Macho, é que co arsenal de cámaras que tés, podes elixir a mellor para cada saída. Así da gusto...
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non te quentes Quique...Nestes momentos só teño dúas: a Canon SX60 e a Fuji HS50, pois xa vendín hai meses a Nikon e anteriormente todo o equipo reflex (un atraso desde meu ponto de vista).
      Pero en breve a "familia" aumentará, je,je..(a ver se non teño que esperar nove meses a que baixe o prezo)

      Eliminar