Seguidores e seguidoras

lunes, 12 de septiembre de 2016

Lagoa de Valdoviño, 11-Setembro, máis A. paludicolas!

   Este domingo xuntábamonos na Frouxeira David Martínez, Pablo Gutiérrez, Antonio Gutierrez e un servidor. David quería "bimbear" o Papoazul (Luscinia svecica) e Pablo quería afotar a Folosa acuática (Acrocephalus paludicola) así que estivemos na canaveira do NW, onde se lograron ambos obxectivos. Porque estes días son especialmente favorábeis para controlar paseriformes migrantes, antes de que mude a situación meteorolóxica (que parece que por fin se vai poñer favorable para acuáticas).  O máis importante é que se volveu controlar una especie tan ameazada e rara como o paludicola, que está presente na lagoa alomenos desde o 21-Agosto.

  Eu non puiden lograr un disparo limpo; Pablo tivo máis sorte e amablemente cedeume varias fotazas - non publicadas - para ilustrar a entrada (graciñas!!).



Folosa acuática (Acrocephalus paludicola)
As tres fotos de Pablo Gutiérrez Varga

  Antes houbo tempo para controlar o intermareal e a lagoa, onde voaba un bando de 23 Carráns pequenos (Sterna albifrons), unha boa cifra da especie nestes tempos que corren.

Controlando limícolas na Frouxeira (esda. a drta.: David, Pablo e Antonio)

     Nesta ocasión adiquei a mañá sobre todo á fotografía de Natureza.
 
 Mazaricos (Limosa limosa/lapponica)

      As fotos a ras do chan gañan en vistosidade e beleza, pois aíllas o suxeito do fondo e dás unha perspectiva completamente horizontal; mais perdes nitidez do fondo e polo tanto tamén información do entorno do bicho, do seu hábitat. Porén, sei que é unha técnica que debo aprender e tento practicala cando xurde ocasión.

 Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
Canon SX60 (focal 247 mm)  ISO 125   V: 1/500  F: 7,1

   Recentemente tiven algunha discusión con persoas que por gastarse un dineral nun equipo reflex cren que xa saben de fotografía. Como ún está cansado de ouvir tontarías e chorradas sobre a dichosa "calidade" das bridge vamos poñer un par de imaxes que para si quixeran algúns destes pseudofotógrafos cos seus super equipos:

Pilro tridáctilo (Calidris alba)
Canon SX60 (247 mm)  ISO: 200  V:1/800   F: 6,5

   A ún deles tentaba explicarlle que se a distancia ao obxecto non é moita, nas bridge actuais podemos subir a sensibilidade ata  ISO 640-800 sen maior problema, pero me discutía que diso nada. Afirmaba o personaxe que só valían como fotos con valor documental. Vaia, que a seguinte foto debe ir directamente á papeleira, non?

 Pilro tridáctilo (Calidris alba)
Canon SX60 (focal 247 mm)   ISO 640  V: 1/500  F: 6,3

  En fin, perdón polo tono hostil destes últimos parágrafos, pero non sabedes o farto que estou de escoitar tantas críticas ás compactas. Os que saben de verdade non fan máis que loubar as moitas cousas boas das bridge e as súas posibilidades para uso naturalista (non profesional, obviamente) pero os que non teñen nin p. idea, sempre sacan a lingua a pacer. Dame pacencia señor...

7 comentarios:

  1. Vaya tres "pájaros", jajajajaja.
    El de la derecha, debe ser uno de esos 23 charrancitos.... jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Gracias por publicar las fotos Xabi y felicidades por las tuyas de las Limosa, son preciosas

    ResponderEliminar
  3. Soy Pablo, que no me aclaro con esto de los comentarios

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Pablo. Xa sabes que é a miña limícola favorita :)
      Sobre o dos comentarios, eu recoméndoche que uses a conta de google que usabas antes e que non che daba problemas (Pablo Gutiérrez Varga), ¿ou a cancelaches?

      Eliminar
  4. Hola yo al final tambien he comprado una sx60 sobre todo por tus comentarios. No tengo mucha idea de aves ni de fotografia pero ya hay quien opina que mis fotos, o alguna de ellas, son buenas. Me gustaria que alguna vez las vieses. Las tengo en mi facebook y mi instagram. Si quieres buscame y te añado como amigo. Gracias por tu blog, me encanta. Un cordial saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois grazas por seguir "Bichos" e me alegro de que che goste, José Luis.
      PD: Fixeches unha boa compra, xa te darás conta. Pero debes practicar moito, que as bridge non son tan fáciles como as reflex.

      Eliminar