Seguidores e seguidoras

domingo, 20 de noviembre de 2016

Incremento de podiceps

    Esta fin de semana foi pasada por auga, como toca no mes de Novembro. E adiqueime a "fozar" na Sony, aprendendo cousas que vou lendo no manual; e agora estou coa gravación de vídeos.
     Non sei que fago mal pero non me convence a cousa. Os vídeos en si quedan impresionantes, pero logo de botar media hora esperando a que acabe de subir a Internet, perde un montón de cualidade e non sei sen paga a pena o esforzo. Non entendo que un arquivo de 60 megas e dez segundos de duración non teña maior resolución na pantalla do PC unha vez publicado (se o abres antes co visor vese moito mellor así que o problema non está na cámara).

En fin, comentar que houbo un incremento no número de mergullóns sedimentados na ría de Ferrol, con 38 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) e 3 cristados (Podiceps cristatus) contados este venres en augas deManiños, como case sempre.

 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)

   En malas condicións a Sony vai como un cañón. E xa non vou facer comparativas coas Canon pequenas porque non necesito facelas para saber o resultado. Para min non hai debate posíbel. Aínda que as fotos de hoxe non fan moita proba (foron nunhas circunstancias moi complicadas)
 

 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

  Ben, aqui sigo, esperando novidades.

Garza branca (Egretta alba)

  Entrada breve, como vedes.

5 comentarios:

  1. Molan estas entradas breves... lembra o de 2-3... ;)
    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Breve pero conciso. Sempre é un pracer pasarse por Bichos. Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E sempre é un pracer para min terte por aquí, Alberto (a Damián non lle contesto porque xa é da familia)
      Apertas.
      PD: Qué ben o pasas por Doñana, cabronazo!

      Eliminar
  3. Igual o problema dos vídeos non é cousa túa, se non da plataforma a cal subes os vídeos, que ao subilos fan que perdan calidade. Déixate escoller con qué calidade queres que se suban os vídeos? Ou elixe a plataforma por defeto?

    Senón, sempre quedan para desfrute persoal, aínda que é unha mágoa que os demáis que estamos máis lonxe non podamos velos.

    Unha aperta,
    Inés

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa me informaron que Facebook comprime todo. Pero é que se boto vinte minutos esperando para que termine de subir un vídeo de 60 megas aspiro a que se vexa ben a pantalla completa.
      A ver como evoluciona a cousa. Por agora foron simplesmente unhas probas.
      Biquiños.

      Eliminar