Seguidores e seguidoras

sábado, 5 de noviembre de 2016

Máis fotos coa Sony RX10 III

 NOTA: Lembrade abrir as fotos co botón dereito. Vense moito mellor!

 Hoxe tocaba probar esceas con forte contraste, básicamente con brancos intensos, que é a asignatura pendente das bridge con sensor pequeno. Lóxicamente  agora a cousa cambiou moito grazas ao tamaño do sensor (catro veces maior) pero neste apartado aínda hai diferenza cos sensores das reflex, capaces de absorber moita máis luz e, polo tanto, máis información.


   Ademáis aínda estou aprendendo o software de Sony para procesar as imaxes RAW. Por certo, o programa (Image Data Converter) é bastante cativo. Moito máis básico e limitado que o DPP de Canon ou o RFC de Fuji. O bon é que os arquivos JPEG da RX10 son tan bós que se poden editar co Photosop ou co propio DPP, agás o tema da altas luces.


 Carrán cristado (Sterna sandvicensis)
Tomas en JPEG e editadas co DPP (recurte e nitidez)


    A este Gaivotón dispareille en RAW. O software permite baixar un pouco as zonas sobreexpostas, que nas gaivotas sempre son importantes cando fai sol.

 Gaivotón (Larus marinus)
Imaxe RAW editada co software de Sony (Image Data Converter)

   O cambio máis importante que estou a notar con respeito as bridge pequena é algo tan esperado como o maior grao de detalle e, consecuentemente, a maior posibilidade de recurte, prácticamente coma unha reflex de gama baixa ou media.

 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

   Quería probar unha paisaxe complicada, con unha gama tonal extrema para unha bridge. Desafortunadamente disparei en JPEG, así que tiven que recorrer ao Elements para baixar esas altas luces dun ceo completamente queimado. Non quedou tan ben como se fose un RAW pero xa dá unha idea da diferencia abismal do coñecido até agora.
  Ademáis a RX10 dispón dun abano de apertura moito máis amplo (ata F:16) e unha sensibilidade de ata ISO 64, parámetros que axudan moito nas tomas panorámicas.

Praia de Maniños
ISO 64   V: 1/15   F: 1/16  (cámara apoiada e con autodisparo)

 Ben, e  mañá vén o Inverno. Coa neve e o frío de seguro que chegarán unha morea de novidades ornitolóxicas. Atentos todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario