Seguidores e seguidoras

sábado, 30 de septiembre de 2017

Bichos y la revolución en Cataluña

    En los momentos de importancia histórica debemos mojarnos, aunque sea para que luego no tengamos que arrepentirnos de "no haber hecho nada". Y sin duda estamos ante un acontecimiento que algunos han bautizado, no sin razón, como "la revolución de Cataluña".  Esto es así porque todo indica que esa transición que algunos denominan como modélica se va a revelar de manera inminente como un fracaso.

    "Las dos Españas" siempre han estado ahí por mucho que se quisieran ocultar. Por un lado la España moderna, europea, democrática, social y de derecho (como dice esa Constitución de la que algunos tanto presumen), republicana, plurinacional, abierta y libre. Por otro, la España profunda,  franquista, autoritaria, la del "sol, flamenco y toros", la de la intolerancia a lo diferente, la de la corrupción sistemática o el latronicio de ciertas élites que saquean el dinero público con total impunidad. Y como uno es ante todo amante de la verdad pues debo decir que me gusta lo que está pasando porque pone a cada uno en su sitio.

    Es posible que después del 1-O apenas haya cambios políticos a corto plazo (la Guardia civil y la Policía estatal se han encargado de ello) pero habrá, sin duda, un enorme cambio social en España. Porque Cataluña ya se ha ido, como bien decía Iñaki Gabilondo. Un cambio que afectará también a la relación entre las personas. Pero será bueno.
  Hace unos años el gobierno muncipal de Ferrol decidió retirar la estatua de un Franco victorioso que presidía la plaza central de la ciudad. Una vergüenza para cualquier demócrata (sobre todo para los represaliados) pero que acabó convertido en un grave problema cuando los franquistas salieron de las alcantarillas para defender a su jefe.  Hoy he llegado a la conclusión de que este referéndum es como la retirada de aquella estatua, pero a lo grande; un punto de inflexión que marcará un antes y un después en la transición española.

   Por eso es una oportunidad para todos lo que está pasando en Cataluña. Y la razón de la fuerza no podrá parar a todo un pueblo que quiere simplemente decidir su futuro como sujeto político independendiente, por mucho que se empeñe la poderosa maquinaria mediática española.

Visca Cataluña!


9 comentarios:

  1. Pues que devuelvan los millones que deben ,y que no jueguen en la selección española los catalanes que para jodernos llegamos nosotros mismo ,mierda para Cataluña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿Refíreste ao ouro de Moscú que dicía os franquistas? Co que está a pasar agora mesmo en Cataluña que só se che ocurra excretar ese comentario pois di moito sobre a tua persoa. Aínda que podía responderte con datos non o farei porque non vale a pena, pero lembra que cada un é responsable do que di.

      Eliminar
  2. Eu creo que as cousas poderían facerse mellor por ambos lados. Pero para iso hai que querer, claro.
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "Por ambos lados"? Cómo?

      En 2006 o 74% do Parlamento de Cataluña (coa oposición de ERC e PP) aprovaron unha reforma do Estatut moi conservadora e amplamente consensuada que Madrid mandou á papaleira de reciclaxe. A Reforma da Cosntitución (ou sequera o seu cumprimento flexible semella ser incompatible co PP e a maioría do PSOE. Sabendo isto ¿cómo pretendes que o sentimento identitario do pobo catalán teña resposta positiva do Estado español?.

      Esa "equidistancia" túa é moi preocupante, Inés. O de onte non admite equidistancia.

      Eliminar
    2. Falo de ambos lados, mais non de equidistancia. Cada un é responsable do seu. Explícome.

      Antes que nada, e para contextualizar, vaia por diante que sei de sobra que os Estados NON son inmutables, e que se unha rexión quere separarse porque xa non lle convén,paréceme estupendo. Por outro lado son das que opinan que cantas menos fronteiras mellor, que o realmente importante son as persoas e que éstas poidan conservar e expresar as súas tradición e cultura. Isto último é unha opinión persoal, e sei que non é necesariamente compartida.

      Pois ben, hai no dereito internacional, formas dabondo que indican como debería facerse as consultas e separación (se fora o caso) de nacións. Así Escocia fixo un referendum con resultado negativo, e por outra banda temos o caso da antiga Checoslovaquia. Todo ben feito por ambas partes.

      O Estado ten que poñer os medios que permita facer consultas para coñecer a opinión da xente (modificando a Constitución se fora necesario), e o outro lado ten que especificar ben as normas que implican a consulta que queren realizar. E esta consulta non estivo ben feita, por ningún lado (non digo que teñan a mesma responsabilidade, cada un, repito, é responsable do seu, na súa medida). Se agora o Val d'Arán quixera independizarse dunha Catalunya independiente, xa che digo eu que a Generalitat non lle ía deixar facelo.

      Doutra banda, a violencia NUNCA ten xustificación, dende o meu punto de vista. O do día 1 de outubro foi penoso e unha vergoña. E todo isto paréceme unha cortiña de humo de ambas partes, para tapar os seus respectivos casos de corrupción (que tanto PP coma Ciu teñen merda dabondo), xogando e manipulando as persoas. Así que normal que no haxa entendimento, a clase política é penosa, e non teñen interese ningún en facer ben as cousas.

      Dito isto, e repetíndome de novo, se o pobo catalán, quere independizarse e formar o seu propio estado, pois a min paréceme estupendo. Unha mágoa, por iso de ir engadindo fronteiras, pero oes, cada un coas suas cadaunadas.

      Bicos e apertas Xabi. E que vivan as persoas.

      Eliminar
  3. 1.- Cataluña non quería "separarse" senón un recoñecimento como nacionalidade e unha maior capacidade de xestión dos seus recursos. Agora quererán non xá separarse senon afastarse.
    2.- CiU non pinta nada nesta ecuación. A burguesía catalá nunca foi independentista e o Pujolismo é detestado polo independentismo catalán (busca en youtube a entrevista que fixo Pablo Iglesias a Anna Gabriel en La Tuerka). Agora quen sae moi reforzado é a esquerda (ERC e CUP) aínda que realmente foi un inmenso movimento social e veciñal, interclasista e transversal. Seguir co discuros de Pujol e CiU (e os seus pactos con Madrid) é vivir no pasado e non estar enterado do que está pasando en 2017 por aló.
    3.-As fronteiras si existen!. Ese discurso de que o importante é a raza humana e demáis é moi bonito pero o certo é que as nacións existen, aínda que estean en constante cambio. A globalización fixo que a economía produtiva dos países cada vez sexa certamente menos "nacional" pero outros factores como etnia, relixión ou lingua siguen sendo fronteiras máis ou menos ríxidas. ¿Ou acaso eu podo ir a Madrid falando galego? Claro que este argumento raramente llo escoito galegofalantes, sempre a castelán falantes, que tedes a vida máis fácil dentro de territorio galego e español. E mira ti que eu non podo vivir en galego no meu propio país precisamente porque seguimos a ser súbditos do Reino de España. Pero estas cousas só as sabemos os que as vivimos. Como os malos tatos policiais sen mediar causa ningunha, que algúns tamén tivemos que soportar en carne propia mentras outras as vedes pola televisión debidamente terxiversadas.
    4.- Estou escoitando moito a expresión "violencia", así en abstracto. Só falta que digades que foi "mala suerte".

    O do domingo foi un escándalo que veu todo o mundo. Pero España perde a memoria fácilmente. Agora ninguén se acorda dos moitos millóns de borregos que pensaban que fora ETA a causante da masacre de Madrid,manipulados sobre todo por Pedro J. e o seu apestoso xornal. Dentro duns anos recordaredes con vergoña estes momentos de hoxe e como se xustificou o inxustificable. Aló nos veremos, se Deus quere.
    Un biquiño, Inés.

    ResponderEliminar
  4. 1- E aí está a primeira cagada do goberno centrañ. Se houberan aprobado o Estatut novo, cecáis agora as cousas serían distintas. Nunca o saberemos.

    2- Buscarei a entrevista.

    3- Por desgracia así é. Fronteiras físicas e non físicas que moitas veces impiden o entendemento. Xa sei que son un tanto utópica e "flower power" neste tema. As miñas son tan so ideas, que na vida real non teñen cabida.

    4- Violencia policial. Eu a daba por entendida. Por desgracia.


    A min o que me entristece e ler e escoitar as persoas enfrontadas e xenerando odio.

    Diría que ogallá te equivoques co tema da perda da memoria...pero sei que non será así. Cada quen recorda o que lle convén.

    Biquiños, Xabi. Como dis ti, isto ten moita chicha, e mellor sería comentar en persoa.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos