Seguidores e seguidoras

domingo, 3 de septiembre de 2017

Setembro, o mes da paxarada

 Sem lugar a dúvidas, estamos nas melhores datas do ano para observar a migraçom das aves através do nosso território. Esta manhá figem umha visita de control ao encoro das Forcadas, com um censo rápido de aquáticas e mais um seguemento de paseriformes migrantes.  O nível das augas está bem baixo, o qual resultará de moito interesse ornitológico se mudam os ventos a compoente Sul.


   Ao baixarem as augas podemos nos achegar a lugares inaccesíveis a maior parte do ano, como a ilha de A Ranhoa (primeira vez que a pissei).


  De aquáticas censadas podemos salientar:

- 32 Mergulhóns cristados (Podiceps cristatus)
- 1 Pato culher (Anas clypeata)
- 9 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
- 1 Bilurico bastardo (Tringa glareola)
- 32 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), récord na localidade
- 1 Narceja (Gallinago gallinago)

 Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

  Mas nestas alturas os protagonistas som os paxaros insectívoros que atravessam a Península rumo os seus quarteis de invernada transaharianos. Hoje havia umha boa representaçom:

- Lavandeiras boieiras, subespécie británica (Motacilla flava flavissima). Grupos familiares.
- Picas das árvores (Anthus trivialis).
- Pedreiro cinzento (Oenanthe oenanthe). Um exemplar.
- Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus)
- Picafolhas cantores (Phylloscopus trochilus), moi abondosso
- Papamoscas pretos (Ficedula hypoleuca). Vários ex.
- Papamoscas cinzento (Muscicapa striata), un exemplar

Lavandeiras boieiras (Motacilla flava flavissima)

 Picafolhas cantor (Phylloscopus trochilus)

 Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus)

 Pedreiro cinzento (Oenanthe oenanthe)

 Papamoscas preto (Ficedula hypoleuca, esda) e cinzento (Muscicapa striata, drta)

  De libelinhas pouca cousa (a meteorologia nom acompanhava). Únicamente várias Libelinhas de Outono, odonato típico destas datas.

Libelinha de Outono (Aeshna mixta)

  E agora a ver se os ventos viram a SW e começa o passo de limícolas.

PD: Os meus agradecimentos a Pablo Gutiérrez pola ajuda na identificaçom da Folosa e do Pedreiro.

6 comentarios:

  1. Muchas gracias a ti por compartir las observaciones. Excelente entrada como siempre. Que buena pinta tiene As Forcadas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pola nosa parte temos todo en perfecto estado de revista (que se dicía na mili): lagoa aberta e baleira, encoro con baixo nível de auga. Agora ten que colaborar a meteoroloxía.

      Eliminar
  2. bonito pots, siento no haber podido ir,me hubiera gustado estar para enseñarme mas sobre esas Paseriformes,un gran saludo,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que che goste o post, Jose. Nestas datas é doado publicar cousas chulas desde o ponto de vista ornitolóxico. Estamos en "temporada alta".

      Eliminar
  3. Boa cita a da mixta. É unha especie curiosa: en Ourense é moi rara e limitada a lagoas; na Terra Chá está no Miño e outros ríos anchos e de corrente lenta e no norte en encoros e lagoas. Moi variable no hábitat, en xeral. E tamén moi rara na súa distribución, con zonas onde é moi abondosa e noutras próximas onde non está presente.
    Recolle ben estas citas que son moi interesantes!!
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois por Ferrol eche moi abondosa. En Setembro-Outubro é o unico odonato "garantizado" nos humidais da comarca, tanto no encoro como nos sistemas dunares ou nas áreas de marisma como A Frouxeira. Está literalmente ata na sopa. Por agora non teño cuadrículas novas da especie pero estarei atento.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos