Seguidores e seguidoras

domingo, 29 de octubre de 2017

A voltas coa Canon SX60

   Co cambio de hora chegou tamén o cambio de cámara. Logo de meses sen usar máis que a Sony RX10 hoxe volvín empregar a bridge de sensor pequeno Canon SX60. A boa nova é que a versión de Lightroom que teño instalada si permite traballar cos arquivos RAW de Canon.

  Volver a dispoñer da tremenda focal da SX (equivalente a 1365 mm) é un pracer cando as aves están tan lonxe como adoitan estar en Galiza. Hoxe había 7 Mergullóns de pescozo negro, ún deles acompañado por un Mergullón pequeno.

 Mergullóns (Podiceps nigricollis/Tachybaptus ruficollis)

    Poucas novidades. Tratábase simplesmente de reencontrame coa cámara pequena. Non se entendería "Bichos e demais familia" sen a serie SX (SX50 e SX60), auténticas protagonistas deste blogue e responsábeis do 90% das fotografías que publiquei. Gardo moito cariño por estas Canon.

 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)

    Dame raiba non poder aproveitar máis horas neste Outono tan soleado. Sen embargo boto de menos a chuvia, especialmente importante nesta época do ano no noso país.

 Praia de San Valentín (Fene)
Canon SX60 (focal 19 mm)  ISO:100  V:1/320  F:8
Disparo a pulso

     Xa teño comentado que na miña humilde opinión non hai bridge pequena que ofreza a calidade de imaxe e o grao de detalle que dá a serie SX de Canon. Alomenos de entre as que probei.


Garzota (Egretta garzetta)
Canon SX60 (focal 151 mm)  ISO:100  V:1/500   F:8

De tanto falar con Fran Nieto deume un "ataque de fotógrafo" e probei fortuna cun mencer. Curiosamente ficou case monocromo agás o bote verde en primeiro plano. Na edición subín un pouco a temperatura da cor, que xa se mostraba fermosa ao natural.

Mencer no peirao de Barallobre (Fene) RAW editado con Lightroom
Canon SX60 (focal 5 mm)  ISO:100  V:1/25"   F:8 
Toma con autodisparo sobre apoio

 En fin, hai que aproveitar o tempo como se pode...

2 comentarios:

  1. Un clásico de Bichos, unha entrada sobre cámaras e fotografía ; ) A última chulísima, por certo.

    ResponderEliminar
  2. Ya practicaremos con la mía ,que me queda que aprender mucho todavía ,con la Sony y la canon ,un gran saludo

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos