Seguidores e seguidoras

domingo, 8 de octubre de 2017

No Parque Natural das Fragas do Eume

  As fragas do Eume foi ún dos primeiros espazos naturais que visitei sendo adolescente. Sen embargo deixei de ir por alí cando aquilo se masificou coa chegada do "turismo verde" e tamén un pouco deprimido pola eucaliptización do lugar. E iso a pesares de que levo sangue do Eume nas veas (miña nai nasceu nunha aldea de Monfero encima do río chamada Vilafaíl).

 Río Eume

   Na miña vida nunca vivín un período con tanta limitación de tempo como estou a vivir agora. Ter que marchar da fraga cando apenas levaba unha hora e media alí semella case sacrílego, pero dou grazas por poder facelo porque falamos dun lugar máxico, con unha Natureza extraordinariamente rica e diversa, especialmente no relativo á botánica, invertebrados e pequenos vertebrados.

 Sony RX10 (focal 25 mm) ISO: 64  V: 1,6"  F:16

    Hoxe foi simplesmente unha toma de contacto na que puiden tirar algunhas fotos dos habitantes más característicos do río Eume, como a seta máis famosa do mundo:

 Amanita muscaria

 Non lembraba o doado que resulta observar aquí os dous paxaros de río por excelencia. Outro día buscaremos fotos boas deles, hoxe andaba a outra cousa.

 Lavandeira real (Motacilla cinerea)

 Merlo rieiro (Cinclus cinclus)

  Por exemplo a toma de longa exposición. As cámaras bridge de sensor pequeno ofrecen unhas prestacións moi limitadas á hora de facer fotografía artística. Eu nin son fotógrafo nin dispoño de equipa técnica (filtros densidade neutra, flashes, difusores, etc) pero gosto de facer todo tipo de probas para cando me preguntan logo.
  Unha das melloras técnicas nas compactas de sensor grande (de 1 polgada) é que dispós de moito máis rango na apertura (F:2,4 até F: 16) e moito máis tempo de exposición para tomas como a seguinte (quizá ficou algo sobreexposta na edición):

Sony RX10 (focal 21 mm, equiv. a 58 mm)  ISO. 100  V: 10"  F: 13
Toma con autodisparo sobre trípode 

  A ver se podemos voltar con algo máis de tempo a semana que vén.

1 comentario:

  1. Dele tiempo al tiempo ,un saludo ,y una gran Biosfera donde estuvistes

    ResponderEliminar