Seguidores e seguidoras

miércoles, 25 de abril de 2018

Encoro das Forcadas, visita de control

  O grao de degradación ambiental está a ser catastrófico nos humidais e espazos naturais da costa galega. Calquer comparanza entre o que se ve neles arestora e o que se podía observar hai vinte ou trinta anos é insoportábel. O encoro das Forcadas, en Valdoviño, non se libra desta alarmante destrución medioambiental.


    Un biotopo ("espazo xeográfico") coma Forcadas rebentaría de vida noutras latitudes peninsulares, coma Castela, Andalucía ou Aragón. Mas, igual que acontece co lago de Doniños, alberga unha biocenose (comunidades de bichos e prantas, vaia) bastante pobre, especialmente no relativo ás aves acuáticas, aínda que conserve bastante interese local para anfibios ou odonatos. As cativas e pouco desenvolvidas masas de macrófitos de ribeira non axudan moito tampouco.


  As poboacións de acuáticas autóctonas mudaron radicalmente nos últimos anos. Agora unha especie colonizadora como o Mergullón cristado (Podiceps cristatus) ocupa o que antes era territorio da Galiñola negra (Fulica atra), extinguida coma reprodutora, ou do Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), máis escaso cada día. A modo de exemplo, na visita do pasado 22 de Abril só detectaba unha parella de mergullóns pequenos na enseada das Cortiñas, onde cheguei a controlar 6 parellas con reprodución posíbel/confirmada na década pasada. E só dúas Galiñas de río (Gallinula chloropus) escoitadas en todo o percorrido.

 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus) en parada nupcial

  Neste panorama tan desalentador unha Garza vermella sempre resulta noticiábel. Esta especie vese cada vez máis e con estancias máis prolongadas pola zona de Valdoviño. Eu non descarto algún intento de reprodución a medio prazo.

 Garza vermella (Ardea purpurea)

  A primavera non acaba de chegar pero xa aparecía este exemplar de Sympecma fusca (grazas Emilio!).


  Cando a vida comezaba aflorar cos primeiros raios de sol entrou a néboa desde o mar.


 Néboas cobrindo o encoro

 De volta aínda tiven tempo de fotografar esta parella de cardeais, ocupada nas tarefas de construción do niño. Un dado novo para o Atlas de Aves en NJ72,

Parella de Cardeais (Pyrrhula pyrrhula)

Isto foivos todo por hoxe

6 comentarios:

  1. Eu tamén diría femia de Enallagma cyathigerum. Non se me ocurre outra cousa. En Esmelle-S. Xurxo aínda non vín a primeira libeliña.
    Paco

    ResponderEliminar
  2. Os clientes hai que mimalos,con cariño eh!!

    Saúdos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Éste non é cliente. É da casa. Podes estar tranquilo.

      Eliminar
  3. Saudos Xabi, tería que ter outra visión pero creo que é unha femia de Sympecma fusca. Como van os palustres por eses lares? este ano estou a recopilar datos, visitarei algúns humidais para comprobar que están a punto de extinguirse, no censo de 2015 so sairon 11 parellas e curiosamente 6 na Frouxeira, mais do 50% de Galicia, en Portugal a cousa pinta mal con menos de 70 parellas.
    Se queres falamos por email.

    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ostras, é verdade Emilio! Pasáraseme esa especie.

      Sobre as escribentas déixasme tonto con ese censo de 2015. Terríbel... Se vés por aquí avísame antes que igual podo acompañarte. Na Frouxeira levo varios anos sen controlar a especie pero xa che contara que polas miñas contas a cousa andaba sempre por 5-7 parellas, que puideron ser 10 hai uns anos. A Doniños volveu o ano pasado, como publiquei aquí. En San Xurxo está controlando Paco Girón, que vive perto dalí e polo de agora con resultados nnegativos. E Pantín está pendente dunha revisión, porque estou cubrindo esa cuadrícula para o Atlas da SEO e quero ir un finde destes para facer seguimento específico de Escribenta.

      Como che digo se ves por Ferrol avisa e, se podo, ensínote os sitios guapos.

      Apertas.

      Eliminar