sábado, 5 de setembro de 2026

05/09/2026 "Desfrutando" o clima tropical en Moeche

   Logo dunha noite tropical (20ºC de mínima en Ferrol máis outra vez), mencía con algunhas pingas de auga mentras conducía rumo a Moeche pola autovía. Estaba tempo de trebón e, de feito, hoxe acadáronse os 35ºC en Ferrol. En setembro. Non hai cambio climático, claro que non.

Ceo de treboada
Sony RX10 III (focal 34 mm equiv.)  ISO:40  V:1/200   F:3,2

  Cada día aprezo máis facer os meus paseos naturalistas con equipamento lixeiro. Habitualmente xa nen levo binoculares. E a Sony RX100 resulta moi cómoda de levare. Non ten a luminosidade da Olympus OM-1, mas cumpre perfectamente. 

Mencer nas Regas de Moeche.
Sony RX10 III (focal 34 mm equiv.)  ISO:3200  V:1/40   F:2,8

    Abrindo o diafragma ao máximo e baixando a  velocidade pódense tomar fotos panorámicas a pulso sen moito problema, mesmo nas horas do mencer.

Sony RX10 III (focal 24 mm equiv.)  ISO:400  V:1/60   F:2,5

  Moitas veces apoio a cámara sobre unha estaca e emprego o autodisparo.

Sony RX10 III (focal 24 mm equiv.)  ISO:100  V:1,3"   F:4

  Falando de bichos, hoxe anotaba varias cousas interesantes en Moeche:
  • Unha soa noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus). Tamén é certo que cheguei xusto no momento en que se adoitan retirar.
  • Unha avelaiona da fraga (Strix aluco) cantando ao sur das Regas. Había tempo que non se viña escoitando. Supoño que ao rematar a tempada reprodutora volven marcar territorio
  • Ningún picanzo vermello (Lanius collurio) observado claramente. Vin dous paxaros en T2 que mo pareceron. No resto dos territorios controlados nada
  • Unha papuxa común (Curruca communis), probablemente acompañada de 1 ou 2 exemplares máis.

Papuxa común (Curruca communis). Toma testemuñal

 Encántame este páxaro da familia Sylviidae. Por motivos de idade tocoume ser testemuña da súa progresiva extinción na comarca de Ferrol (diría que en toda a faixa litoral galega). 

   Aos leitores máis novos sorprenderalles, pero esta especie era reprodutora común e amplamente extendida en lugares coma Narón ou Valdoviño na década dos oitenta. Case sen darnos conta foi diminuíndo pouco a pouco até converterse nunha especie con presenza exclusiva da pasaxe outonal. É probable que aínda fiquen exemplares reprodutores nas comarcas máis montañosas do interior da Coruña.  As poboacións máis próximas a Ferrol que coñezo son as da Terra Chá luguesa.

Sony RX10 III (focal 80 mm equiv.)  ISO:100  V:1/80   F:3,5

    En fin, outra mañá de terapia no meu local patch de Moeche. Mañá igual toca Forcadas.

"Aparcadoiro" nas regas de Moeche

Paisaxe do val do Xubia desde San Xurxo de Moeche
Sony RX10 III (focal 45 mm equiv.)  ISO:200  V:1/160   F:4

2 comentarios:

  1. Roberto Prego Regueiro6 de setembro de 2026, 10:44

    El otoño, en amplísimas zonas de Galicia, ni se nota, con las lamentables masas interminables de eucaliPPtos, vivimos en el paraíso...


    Los que defienden a esa peste te dicen que en sus montes plantan lo que quieren, aunque los incendios se los pagamos todos, la biodiversidad barrida, también los suelos.

    Cuando vas contra los ecosistemas debe imperar el interés general. Los hosteleros también protestaron por la ley antitabaco, alegando que en sus negocios disponen ellos, pues no, afectas a la salud de la gente y ahí no mandan. Con los eucaliPPtos, ídem de lienzo.

    Muy triste esta Galicia, paraíso eucalipPPtal.

    ResponderEliminar
  2. Penso niso moitas veces. Na "perda do outono", por non termos máis que masas de eucalipto onde debera haber árbores de folla caduca.
    PD: Cando lles conto a millenialls ou zetas que antes ías ao hospital e o médico estaba fumando na mesma consulta, flipan.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos