tag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post6156619386412806670..comments2024-03-28T07:02:02.319+01:00Comments on Bichos e demais familia: RAW Nikon P1000, ahora sí!Xabier Prieto Espiñeirahttp://www.blogger.com/profile/11465274359982355045noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-32395841851389927412020-04-12T17:30:54.820+02:002020-04-12T17:30:54.820+02:00Iso dende logo é certo, a luminosidade non é a con...Iso dende logo é certo, a luminosidade non é a condición máis habitual no noso país, e poder chegar a ISO altas é necesario. O único que me segue a tirar un pouco para atrás é a distancia á que poden estar os obxectivos. Falo de que é relativamente sinxelo facer esperas a 500-1000m de distancia. Tamén pensei o tema do digiscoping... pero demasiado engorroso, e requeriría mercar unha cámara que logo se me quedaría curta para o resto. Dende o logo a Sony parece a máis "todoterreo". Óscar Chaohttps://www.blogger.com/profile/09490709136918156640noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-82776561436334260672020-04-12T16:45:02.236+02:002020-04-12T16:45:02.236+02:00Pois precisamente ao mencer é cando a Sony resulta... Pois precisamente ao mencer é cando a Sony resulta mellor opción aínda. A diferencia coas outras bridge é abismal en canto a condicións lumínicas necesarias (e xa podo imaxinar unha espera ao mencer no Xistral, co tempo tan soleado que adoita facer alí). Pensa que a P1000 ten efectivamente 3000 mm de focal máxima, pero para chegar a iso tes que poñer F:8. E con 2600 mm F:7,1. Só de 2000 mm (F:6,3) para abaixo podes disparar en condicións de pouca luz. A iso engádelle que nese contexto o ISO haiche subir uinha barbaridade, algo que en distancia curtas non impide que a foto quede decente en pantalla pero que en distancias grandes como as que ti consideras, un ISO alto é un inconveniente moi grande.

En cambio coa Sony RX10 popdes disparar "case de noite", co cual logras fotos imposíbeis para un bridge de 1/2,3". Un exemplo, a martaraña deste post:

https://bichosedemaisfamilia.blogspot.com/2019/06/marta-martes-martes-un-recolonizador-de.html

Se chego levar unha das pequenas, simplemente, non habería foto.

Resumindo, se falamos de disparos a longa distancia en lugares de bon tempo (Castela, Extremadura ou Andalucía) ou a horas de boa luminosidade como as de media mañá, a P1000 permite capturas brutais desde un monte a outro. Pero nas condicións de uso como as que necesitas o rango focal funcional da P1000 non pasará de 2000 mm, que é moito pero "ao cambio" non moito máis que os 600 mm da Sony.
Pégoche un segundo post que mostra a capacidad de recurte descomunal da Sony:

https://bichosedemaisfamilia.blogspot.com/2020/01/hagase-la-luz.html

Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/11465274359982355045noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-48778457713925728362020-04-12T15:46:16.371+02:002020-04-12T15:46:16.371+02:00Xa... o caso é o debate de que sería máis interesa...Xa... o caso é o debate de que sería máis interesante dende o punto de vista persoal segundo o uso que se lle vaia a dar. A miña intención é seguir empregando unha cámara que chegue cómodamente a unha certa "distancia" co zoom óptico. Os obxectivos son aves e mamíferos, e especialmente estes últimos aínda requiren maiores focais. Por iso a dúbida é: meterte en algo como a P1000 aínda que perda calidade a distancias curtas/medias; ou optar por algo tipo a Sony RX10 con maior calidade polo sensor, pero que segundo en que ocasións pode ser que se quede curta de focal aínda co recorte. Poño por caso, unha espera ao amencer para observar ungulados silvestres ou carnívoros no monte. Necesitas algo máis de 600 mm... O ideal está claro que sería ter algo específico para cada ocasión. Por outra banda, unha P1000 require cargar cun equipo pesado e difícil de estabilizar, aínda que para as ocasións especiais como unha espera xa se empregaría cun trípode, obviamente. O dilema de sempre para min...Óscar Chaohttps://www.blogger.com/profile/09490709136918156640noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-87009309678367909052020-04-12T13:18:53.999+02:002020-04-12T13:18:53.999+02:00Vale. Entendo que a RX10 III ou IV, con 600 mm de ...Vale. Entendo que a RX10 III ou IV, con 600 mm de focal (as anteriores teñen só 400 mm). É certo que supón a metade de distancia focal que a SX50 pero, ollo, ten unha capacidade de recurte case como unha reflex de gama baixa. Co cual se editamos un pouco e recurtamos a imaxe o resultado final en pantalla é moi semellante ás bridge pequenas en canto a "distancia". Teño feito provas coa SX60 e asegúroche que esa diferenza non existe.
Outra opción, se non tes tempo a editar/recurtar, é poñer un pouco de zoom dixital. O modo "intelixente" apenas implica perda de calidade e subes a focal até os mesmos 1200 mm, pero coa vantaxe do F:4 e coa sensibilidade de ISO da Sony. Vamos, que nunha comparativa entre as SX e a Sony RX10, ésta última arrasaría absolutamente en todo... excepto no tamaño e peso, obviamente. Normalmente recomendo unha das pequenas á xente que me consulta porque se lles vai de presuposto, pero non hai ponto de comparación, vaia.Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/11465274359982355045noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-18812574323940207792020-04-12T12:29:56.655+02:002020-04-12T12:29:56.655+02:00Probei a RX10. Pero queda curta de distancia focal...Probei a RX10. Pero queda curta de distancia focal (a SX50 ten o dobre).O sensor de unha pulgada e a ISO que lle podes meter marcan a diferenza. Algo intermedio entre a Sony e a Nikon P1000 estaría ben, pero coido que non existe. Óscar Chaohttps://www.blogger.com/profile/09490709136918156640noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-83489659016480387802020-04-12T09:18:13.886+02:002020-04-12T09:18:13.886+02:00Graciñas a vós por lerme Óscar. Por certo, qué &qu...Graciñas a vós por lerme Óscar. Por certo, qué "Sony" provaches? Unha pequena da serie DSC-HX ou refíreste á de sensor grande (RX10)?
PD: Cando queiras desfacerte da SX50 fala antes conmigo. Non me importaría recuperala (arrepentinme moito de vendela)Xabier Prieto Espiñeirahttps://www.blogger.com/profile/11465274359982355045noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-169197829150559717.post-15423253254775914622020-04-12T01:28:07.972+02:002020-04-12T01:28:07.972+02:00A versatilidade das bridge e a calidade que ofrece...A versatilidade das bridge e a calidade que ofrecen hoxe en día é unha gozada para calquera naturalista. Sabendo sacarlle partido coma no teu caso pódense obter moi bos resultados. A min dame moita preguiza o tema da edición, pero está claro que é necesaria. Eu sigo coa miña vella SX50.Había tempo que non probaba outro modelo e este verán tiven oportunidade coa Sony... como se nota a diferenza. Vou ter que modernizarme; aproveitarei a corentena para revisar diferentes modelos, e que mellor que comezar polo teu blog!Pouca xente adicou tanto tempo a este tipo de cámaras. Grazas a iso outros podemos aprender da túa experiencia con estas máquinas e darlles un uso axeitado na fotografía de natureza. Sempre agradecido!Óscar Chaohttps://www.blogger.com/profile/09490709136918156640noreply@blogger.com