xoves, 5 de xaneiro de 2012

Cambio a reflex

   Entre tanto lío da Frouxeira, dos problemas de saúde e demáis, resulta que viñeron "os reis" e me trouxeron unha cámara nova  (supoño que logo do que chorizou o xenro agora teñen máis efectivo).
  E a verdade é que me deu pena desfacerme agora da Fuji, á que lle estaba collendo o xeito, pero atopei unha oferta desas que pasan unha vez na vida e que, por desgraza, remataba o día 6 (mañá). Así que logo de meditalo moito e consultalo cos expertos, decidín non deixar pasar esta ocasión. Coa venda da Fuji a operación saíume redonda.




    Evidentemente vou tardar uns días en afacerme a ela. Sobre todo o sistema de enfoque, moi diferente das "bridge". Ademáis non dispoño dun zoom demasiado potente para o que se leva hoxe en día: un 300, pero que polo coeficiente multiplicador de 1,6 equivale a uns 480 mm dos de antes (carai! que temos moito vicio)

 A mágoa é que carece de estabilizador (por ese prezo era imposíbel).


    Así que hoxe simplemente poño unhas fotillas que fixen pola ría de Ferrol, nesta primeira toma de contacto. A luz era horrorosa outra vez, a que correspón a un día encapotado con orballos...

 Trátase simplemente dunha proba, a ver como quedan recurtadas no blogue estas fotos tomadas en condicións moi adversas (con ISO de 400 para arriba) e sen controlar aínda o enfoque manual.



 A ver se sae o sol un día destes...

6 comentarios:

  1. Parabéns Xabi polo cambio.

    Xa verás que usar a réflex é un vicio san e sumamente produtivo. Ata dá "gustirrinín".

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Si, un vicio san, produtivo,.....e carísimo!. Xa vín que un 400 normaliño con estabilizador anda polos 800-1000 euros.

    Vou ter que estirar o 300 coma se fose un chicle, macho.. Vaia prezos!!

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades pola máquina, verás como non te arrepintes.
    O dos obxetivos, jeje, o final picarás, pero se miras sen presa, sempre aparece algún de segunda man en bon estado, eu compreino así e perfecto.
    Un saúdo xabi.
    clesseep

    ResponderEliminar
  4. Terá que ser de segunda ou de terceira man..
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Ahora toca practicar, practicar y practicar.
    Enhorabuena
    Saludos
    Pepín

    ResponderEliminar
  6. Non, Pepín. Agora toca aforrar, aforrar e aforrar.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos