mércores, 27 de xuño de 2012

A por eles?

  Nestes días de fútbol, vamos facer unha entrada off topic. Xa que un servidor é un pouco futboleiro, e non me causa transtorno ningún confesalo (eu non son tan "puro" coma outros, nin aspiro a selo).

 O que me causa un pouco máis de dificultade é apoiar á selección do estado cando vexo a esta tropa de siareiros "representando" a España:


 Porque nestes eventos a España máis profunda sae sempre a relucir. E a deixar en ridículo aos que se cren que por teren moitos coches e moitos i-phones somos xa un país moderno e civilizado.
 Somos moitos os que nos sentiríamos moito máis cómodos nesta España plural o día que se caian os tópicos e se entenda que o flamenco e os touros non nos representan. Porque esa é a imaxe que se dá no exterior, lamentablemente.







   Non obstante, espero que os chavales cheguen á final, logo de facer un bon partido cos nosos veciños.
  Que ganhe o melhor! (com gol de Cesc no minuto 75...)

 ÚLTIMA HORA: Coma sempre, os nacionalistas de turno amosaron, unha vez máis, a súa falta de educación e respecto, a anos luz do que se leva nas illas británicas en asuntos futboleiros, por exemplo.. Mentras se tocaba o himno de Portugal no estadio os asubíos por parte dos siareiros españois me recordaron o primitivismo que aínda permanece nesta zona da península e que fan certamente difícil a convivencia.
Perdoade, meus irmaos portugueses. Esta é a Espanha insolidária e nacionalista máis lamentável...
 Non todos somos así, por suposto!!

5 comentarios:

  1. Xabi: totalmente dacordo contigo. Digo máis: as túas verbas son aire fresco para poder respirar algo dentro do tsunami de chauvinismo e españolismo obrigatorio que nos queren meter polos ollos e polas orellas os medios "de masas".

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Bon, a algún "indepe" hai que darlle de comer aparte tamén.. porque túzaros hainos por todos lados.

    Pero como dís, o malo é cando estas cousas resultan "obrigatorias", por decreto..

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. A mi me parece muy bien que se anime a los deportistas, pero ya puestos podía hacerse con todos. Este verano se están jugando otros campeonatos de europa de más disciplinas, y a nadie parece importarle mucho. Si la gente se va a sentir orgullosa de que la selección española gane el campeonato europeo de fútbol, podían ponerle el mismo "orgullo" con las de voleyball o atletismo entre otros.

    No se que tiene el fúbol que hipnotiza tanto :-P

    ResponderEliminar
  4. Non se trata do deporte en sí, Inés. Eu son partidario de fomentar outras disciplinas, tanto masculinas coma femininas, por suposto. Pero o caso do fútbol é diferente. Na miña opinión apártase bastante do que representa o deporte en sí (básicamente o cultivo do corpo e da saúde)para transformarse nun evento que serve tanto para o bon coo para o malo.

    Por exemplo, desde sempre grupos de ideoloxía fascista aproveitan o deporte para reclutar seguidores. Sen embargo a mín, persoalmente, paréceme moi bonito que persoas que o están pasando moi mal teñan unha alegría e, por un momento, se sintan un chisco máis felices.

    Non serei eu o hooligan que saia esta noite coa bandeira española a molestar aos veciños que queren durmir cos bocinazos do meu coche. Entre outros motivos porque eu síntome só "medio español". Pero para mín é unha ledicia ver persoas que se abrazan e se xuntan cun motivo tan simple que é un partido de futbol. Unha pena que esa harmonía non se continúe despois.

    Por certo, éste é o último comentario que te contestarei se non asinas.

    ResponderEliminar
  5. Ups...perdoa que non o fixera, non teño o costume. Mil perdóns

    Saúdos,
    Inés

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos