A lagoa da Frouxeira segue chea de auga, o que fai que sexa máis complicado a observación das aves acuáticas. Pero que non se vexan desde a pista non significa que non estean. Só temos que buscalas nos lugares axeitados.
Na praia, a primeira hora da mañá, había un grupiño de 15 Pilros tridáctilos (Calidris alba). Podían ser migrantes madrugadores ou exemplares rezagados non reprodutores que quedaran aquí no verán. Porque a verdade é que se ven en calquera data do ano nesta zona.
Unha ocasión estupenda para practicar co novo tele estabilizado. Porque isto de facer as tomas coa máxima focal (300 mm, equivalentes a 465 mm analóxicos) a unha velocidade de 1/125 seg, sen que as fotos saian movidas.... acojona. Éste é un mundo completamente novo para mín.
Sinceramente, queda ún sen palabras cando ve o resultado que dá o Tamron. Este "cacharro" en boas máns ten que meter medo....
Para os frikies das rarezas, meto esta foto dun C.alba. Está algo desenfocada, pero quizá resulte de interese. O peteiro, claramente máis longo (e fino na punta), e a coloración do peito, algo máis estendida que nos outros exemplares, fanme pensar nunha subespecie pouco común de C. alba. Igual non é nada pero por se acaso publico a foto.
Logo de recrearme canto quixen co novo xoguete, fun ata a lagoa, máis chea cada día que pasa. Polo de agora o nivel non é preocupante. De feito semella que vai ser unha temporada de cría bastante boa para as aves nadadoras e mergulladoras.
Escoitei dous machos de Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) cantando desde o interior da canaveira. E vin varios adultos máis en augas abertas.
As anátidas aparecen agora formando maioritariamente grupos familiares. Tanto de Pato frisado (Anas strepera) como de Lavanco (Anas platyrhynchos), as dúas especies de pato que nidifican na Frouxeira.
Normalmente sempre hai grupiños de Pato frisado acompañando ás Galiñolas negras (Fulica atra). Parece ser que se dá un certo parasitismo por parte do frisado, que aproveita a vexetación arrincada do fondo por parte da Galiñola. Un fenómeno que xa recollía José Souza no ano 1988 (Martínez Mariño, J.M. Anuario histórico da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Santiago de Compostela).
Na enseada do "Lago pequeno" nadaba un grupo mixto de Galiñolas e Frisados.
Hai unha familia de Lavancos (Anas plathyrhunchos) que anda sempre cerca da pista. Hoxe comían o pan que lle botaba un vello pescador. Quero pensar que con boas intencións....
Entre que os adultos están en muda e non poden voar, e que os xóvenes de temporada tampouco se prodigan demasiado aínda na faceta aérea, aquilo parecen as xogos paralímpicos.
En vez de fuxir voando fano nadando a trompicóns. Un motivo polo que hai que ser moi respectuoso nesta época, tan delicada para eles.
A sopresa da xornada veu no momento máis inesperado. Cando estaba no observatorio avistei unha parella de Galiñola negra (Fulica atra) nadando pola beira da xunqueira e que se mostraba moi agresiva cos patos.
O motivo de tanta agresividade era que levaban polos. Eu só vin 1, xa que estaban moi escondidos, pero seguramente serían 2-3. O poliño saíu un momento de entre a vexetación e puiden sacar unhas fotos testemuñais.
Unha boa noticia, xa que a Galiñola é un nidificante moi irregular na Frouxeira.
Desde logo que a mañá foi proveitosa.

Pilros tridáctilos (Calidris alba)

Lavancos (Anas platyrhynchos)