mércores, 5 de setembro de 2012

Ferramentas, língoa e toleráncia

 Tinha pensado fazer esta entrada mais adiante; sem embargo a actualidade manda, assi pois, farei-na hoje. O que vou contar passou de verdade hai uns dias.

 Entrando nos blocos de vivendas onde vivo, cruzei-me com um matrimónio algo maior, com quem mantinha umha relaçom moi cordial desde que os conheço, há seis anos (a pesar das fortes diferenças ideológicas com eles). Ela, coma fai moitas vezes, saudou-me com um "Hasta luego, Javi!". Eu, que tenho bastante paciência, pero que tamém tenho o meu límite, respostei-lhe educadamente: "Mira,..... sabes de sobra que o meu nome é Xabi, assi que, por favor, deixa de chamar-me Javi". Ao que ela contestou de maneira moi imperativa e categórica: " Para mi es Javi, y yo te voy a seguir llamando así!".
  Bom, ante esta tessitura, díxem-lhe: "Pois vale, daquela deixarei de facer-che caso e se acabou o problema". A cousa quedou aí, mentras eu duvidava se cumprir ou nom a minha palavra.
  Pero qual seria a minha sorpresa quando, ao dia seguinte fôrom eles dous os que me retirarom o saúdo antes de que eu fixera nada aínda.



  Pocos día después comenté el asunto con una vecina con quien ya tengo más confianza, y que considero una persona estupenda. Al oir lo ocurrido, su respuesta fue, mirándome muy seria, que yo no debía ser tan intolerante!!! Es decir, el hecho de que dos adultos se nieguen a reconocer la identidad de otra persona, negándose sistemáticamente a decir su propio nombre simplemente por estar en gallego, era algo normal y "había que comprenderlo". Pero que luego un día yo les corrija con cierta seriedad por esa conducta, se convierte en un acto de "intolerancia". Y este razonamiento provenía de una mujer normal, sin motivación política, filosófica o personal ninguna. Increíble pero cierto.
 Aunque para algunos y algunas esto es una canción muy conocida. Prefiero no recordar los problemas que he tenido a lo largo de los años debido al hecho de tener un nombre en gallego y querer vivir en mi propio idioma. El más sonado fué, quizás, cuando la Dirección General de Tráfico se negó a recoger mi nombre en el carnet de conducir, a pesar de las protestas que hice (incluso les escribieron desde la propia autoescuela). Tuvieron que pasar diez largos años, durante los cuales padecí un pequeño transtorno de personalidad bipolar (Javier en el carnet de conducir y Xabier en el DNI) hasta que, al renovar, alguien se debió de equivocar y me lo pusieron bien.

  This example is only the last one reflecting the latent intolerance that persists among spanish people in year 2012. Because situation of regional languages in spanish state is far from be a normal fact. Specially in Galiza. Not because of laws (advanced enough, I think), but also for the own character of galician people. This is the cause for what older people doesn´t speak their language when adress young people. Or why most of people change the names of cities and persons depending on idiom they were speaking. If anybody speak spanish, he (or she) will say: "Sangenjo" or "José" . But when this same pople is speaking galician,  probably will say the correct names:" Sanxenxo" and "Xosé".
  For me, language is (as music) only a tool.  Unfortunately, many people thinks it can be, it must be! a political instrument for repression of other cultures.

  Máis non teñen razón os sectores nacionalistas máis radicais. Discrepo totalmente con aqueles e aquelas que pensan que  este problema provén da Xunta, do goberno, das "forzas de ocupación" ou de "Espanha". Non, non e mil veces non. Nós somos a propia causa do problema. O povo galego, que sentimos vergoña e auto-odio de seren unha cultura de seu.
  Hai quen me acusa de "nacionalista". Supoño que ver o meu nome galego, o uso ocasional das grafías galegas orixinais (o galego reintegracionista), e o emprego da palabra "país" para definir a Galiza lles asusta. Síntoo moito por eles. Probablemente non se dan conta de que o máis nefasto nacionalismo que padeceu xamáis este grupo de países chamado España foi precisamente o español (que, por certo, provocou unha guerra con millóns de mortos e represaliados). Un nacionalismo que lles penetra ata a mesma médula, sen eles darse conta sequera..
   Os mesmos necios que argumentan ese disparate de: "Con el gallego no vas a ninguna parte.." son incapaces de artellar sequera unha soa frase en inglés, o verdadeiro esperanto dos nosos días. Porque non é que odien o galego, odian a cultura!. Consideran que non hai espazo para outra lingua que non sexa a deles.  Poden vivir facendo fronteira con Portugal (en Zamora ou Badajoz) pero non se molestarán xamáis por aprender catro palabras en Portugués (para qué? que aprendan ellos!). Van quince días de vacacións a Cataluña e, cando voltan, non saben pronunciar un simple saludo en catalán. Escóitalos falar en inglés (logo de telo estudado durante sete anos) e che pitan os oídos da súa incompetencia absoluta, que daría vergoña allea a calquera cidadán europeu. Coma dixo o simpático humorista Millán Astray (fundador da Legión): "Viva la muerte, muera la inteligencia!!" Con dos cojones, claro que sí.

  Non, meus e miñas lectoras, este que escrebe nunca foi nin será nacionalista (iso espero...). E moito menos deste país tan lamentábel no que os seus habitantes padecen o síndrome de Estocolmo e continúan a sentir noxo de si mesmos e da súa cultura. Simplemente, intento coidar as ferramentas que utilizo. E a língua é unha delas. A máis importante, quizá.

 Quero despedirme cun agradecemento. Se hoxe en día algúns (poucos) podemos intentar vivir no idoma propio do lugar débese ao descomunal esforzo que moitos homes e mulleres levaron a cabo en tempos certamente difíciles. Persoeiros da vida cultural e política souberon manter viva a chama do noso idioma, cuando máis difícil era. Cando a sombra da represión, da morte, da tortura, do cárcere e da inabilitación ameazaba cada ún dos seus movimentos, baixo a mirada malvada e cruel da Ditadura.
 A todos e todas eles dou as miñas grazas. Especialmente ao recentemente finado Avelino Pousa Antelo, ún dos últimos representantes do galeguismo histórico. Sen xente coma el probablemente eu non estaría agora escrebendo estas liñas (non dei atopado fotos decentes e teño que poñelas pequeniñas, síntoo!)


Avelino, descansa en paz.

 And for my readers, see you soon.

6 comentarios:

  1. Mil primaveras mais para a língua galega.

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Se desaparece non há ser desde logo por culpa túa e miña, rapás...

    ResponderEliminar
  3. Boas rapaces,
    No fondo, téñennos que dar pena esta xente. Son como os secuestrados que acaban tendo síndrome de Estocolmo. Secuestáronlles a identidade e o orgullo e non queren ser o que son e ansían ser o que nunca serán.
    Só nos queda ter paciencia e intentar ir cambiado, con pequenas accións diarias, esta mentalidade corrompida.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
  4. Talmente, Martiño.. Aínda que algúns, coa súa postura integrista e radical, non é que axuden moito pola causa, precisamente (xa imaxinas por quen vai a cousa)
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Unha entrada moi cabal, Xabi!

    (bueno, perdón por si no existe "cabal" en galego, pero ya sabes...)

    Apertas,

    Toño Salazar

    ResponderEliminar
  6. ...Ser cabal e ser galego.... pois dá-me que non é moi compatíbel, Toño.

    De verdade que hai cousas que cómpre vivir para saber o que son. O pior é que aqueles que non o viven se atreven a dar leccións ao respecto e falsesar a realidade.

    Afortunadamente temos xente moi sensata, coma vés demostrando ti cos teus comentarios, sempre moi dialogantes e comprensivos. Outros deberan tomar boa nota de persoas coma ti. Eses covardes, escondidos no anonimato e sumisos á intolerancia fanática, non merecen ser chamados galegos!!!

    Graciñas por comentar e benvido de novo por aquí.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos