xoves, 20 de decembro de 2012

Valdoviño, "Breaking news"

   Hoxe, día 20, fun ata Valdoviño para botar un visual rápido en varios sitios. Poño varias novas breves:

LAGOA DA FROUXEIRA
 Xa me avisara Paco Girón onte de que a lagoa estaba altísima outra vez. A canle aberta pola Xunta semella que non acaba de asentarse e péchase rápidamente pola acción do mar. Hai tempo, certo biólogo que traballa para a administración comentárame que a lagoa non se podía xestionar a golpe de excavadora. Eu resposteille que, coincidindo na filosofía, non me parecía realista nas actuais circunstancias. Sen embargo antes metíase a pala unha ou dúas veces ao ano, pero agora semella que van ter que actuar cada quince días, para manter aberta esta nova canle "experimental" (e non cuestiono que non fose en tempos o trazado orixinal, ollo).



  A canaveira está asolagada con altos niveis de auga, que aínda van subir máis, probablemente. A maior parte da área de cría da Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) permanece inundada sen apenas vexetación emerxente. Non coñezo a especie coma Emilio Martínez, pero imaxino que ésta non é a mellor situación para a conservación deste amenazadísimo paseriforme.
   O outro día Pablo Pita avistaba un Avetouro (Botaurus stellaris) na Frouxeira. Temos que recordar que esta lagoa é un dos poucos lugares con invernada regular (de ata varios indiviudos) en todo o noroeste ibérico. Dáme a min que a crecida tampouco vai "estimular" a permanencia dese ardeido por aquí. Por non falar de Galiñolas (Porzana spp) ou a Folosa manchada (Locustella naevia), tamén presentes na canaveira e que prefiren unha lámina de auga máis ben escasa sobre o subtrato de xunqueira (Manu Polo, com. persoal e observ. propias)



  En fin, supoño que son temas de importancia menor para algúns...

FORCADAS
 Na tónica dos últimos anos, amosa un aspecto moi triste, con moi poucas acuáticas. O máis destacado (por dicir algo):
- 9+ Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
- 24 Cercetas (Anas crecca)
- 25+ Alavancos (Anas platyrhynchos)
- 2 Patos cristados (Aythya fuligula)

Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)

TARAZA
  Aínda non vin as primeiras Avefrías (Vanellus vanellus) nin Píllaras (Pluvialis apricaria). Bótanse de menos. Ademáis adoitan aparecer con outras compañeiras de viaxe ben interesantes (Tordos norteños, gaivotas canas, etc) A ver se van chegando..

 Seguimos informando (e opinando).


6 comentarios:

  1. Mas madera, esto es la guerra ¡¡¡ (Groucho Marx)
    Xa cho dixen before, nunca nada é ¡¡¡
    Era visto. A ver canto tempo (e cartos) vai custar que me dean a razón ...

    ResponderEliminar
  2. Que "nos" dean a razón, Eloi....Tamén, como ao final teñan que abrila por onde ti e máis eu sabemos, vai ser un final digno dos nosos queridos irmaos Marx.

    Eu aínda teño esperanza. cada día menos, a verdade.

    PD: Parece que Nês debeu impór un pouco de sentido común sobre este tema en Adega a xulgar pola súa páxina web, onde non volveron a falar deste tema. Alégrome, porque debemos remar todos na mesma dirección.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ver se é verdade home¡¡¡
      Non me gustaría ter perdido media mañá en balde...
      Vin que todavía hai xente en medio das cabezas de ferro fundido que razoa e acepta argumentacións e iso dame esperanza.
      A ver si este ano non se nos vai a cousa das maos.

      Eliminar
  3. Ola Xabi, hoxe (21-12) pola mañá abriron a canle.
    saúdos
    Paco

    ResponderEliminar
  4. Non, Paco, abrírona onte. Acabo de darme conta que non especifiquei na entrada que as fotos do buldozer foran tomadas onte a primeira hora.
    Grazas de todas formas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Pois non debeulles convencer o traballo de onte porque hoxe seguía a pala funcionando. Mándoche un par de fotos ao privado
    saúdos
    Paco Girón

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos