xoves, 24 de xaneiro de 2013

Día catorce.

   Hoxe foi un día bastante bon no hospital. Non houbo complicacións (novidade) nin malas novas (novidade tamén). A ameaza dunha terceira intervención cirúrxica en apenas quince días parece esvaecerse definitivamente, e iso foi un sopro de esperanza para nós.

  Nestes días, as aves foron compañeiras diarias deste herpetólogo (perdón). E penso que cómpre adicarlles unha pequena homenaxe, por facerme máis levadeiro todo este tempo. Preséntovos a vários dos colegas cos que me atopo habitualmente no aparcadoiro do Hospital Xeral Juan Cardona:


 Pombo (Columba palumbus). Neste hábitat urbano resultan aves moi confiadas, que permiten un achegamento do observador impensábel nos prados de Taraza, sen ir máis lonxe

 Merlo común (Turdus merula). Non hai parque nin cidade galega sen eles.

  Gaivota galega ("Larus galicianus"). Xa que está de moda masturbarse coas mudanzas taxonómicas da fauna, eu tamén aporto unha idea, qué carallo!

  A este gitanillo (estamos en Caranza...) téñolle unhas ganas tremendas de pillalo ben; pero cunha bridge é tarefa difícil afotalo. Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)


 Os meus compañeiros favoritos son unha banda de Pardais que adoitan concentrarse para durmir (ou cando chove con forza) nun Ciprés na mesma entrada do hospital. Non volvín a saber nada do enfermito do outro día. Agora os machos están a mudar a plumaxe para a coloración nupcial, un pouco máis chamativa.

Pardal común (Passer domesticus)

 Grazas a todos estes personaxes emplumados, a espera lévase, ou mellor dito, sopórtase mellor. Penso que teñen ben merecida esta entrada.


13 comentarios:

  1. As fotos son moi boas, pero mellores as novas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Marcos. Si que foi unha xornada máis levadeira que as anteriores. Falta facía tamén.... E gostoume moito a túa alusión ao do arco da vella.
    Unha aperta para ti e para o Damián (non lle contestei o comentario ao meu ornitólogo favorito)

    ResponderEliminar
  3. Alégrome de que vaian mellor as cousas.
    Sorte e saude.
    Javier Río.

    ResponderEliminar
  4. Moito ánimo compañeiro, alédome da melloría!

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  5. Bonita entrada. Encántanme as fotos; as veces parece que a fauna urbana non a valoramos, so porque están alí sempre. E fixéchesme rir co novo nome científico da gaivota.
    Alégrome de que a cousa vaia mellorando.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. Graciñas outra vez polos comentarios a Javi, Alberto, Damián e Inés. Aproveito para felicitar a Alberto polo seu retorno á actividade blogueira en "Fauna vertebrada de Ourense". Botábaseche de menos.
    Unha aperta:
    O das operación de cadera e de intestino de miña nai podo aturalo, Inés; pero o de andar canbiando cada semana os nomes científicos é demasiado forte para este naturalista. Penso que moitos colegas teus de bioloxía teñen moito tempo libre e non saber que facer. Doutra maneira, non se explica esta tolemia. Alguén comentaou en Galizaves que os vendedores de guías habíanse ver moi favorecidos con estes cambios, pois unha guía de dez anos está totalmente obsoleta. Casualidade?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, estes naturalistas, queixándose sempre dos cambios de nomes. Non tedes remedio. Isto da taxonomía é como cambiar os nomes franquistas das rúas (salvando as lóxicas diferencias): se hai algo (unha rúa, un bicho, etc) que non ten o nome correcto, mellor cambialo e poñerlle o bó e coherente, non?
      Iso sí, ás veces si que son unha comedura de tarro (Ichthyosaura en vez de Mesotriton, por exemplo). Pero os cambios sempre son bos cando se fan ben.
      Unha apreta e que todo saia ben.

      Eliminar
    2. Je, je, éste é o meu Martiño... Unha resposta propia do estupendo científico materialista que és, no bon sentido da palabra "materialista". Por desgraza eu nin che son científico nin materialista. Máis ben un filósofo barato (destes de todo a cen).

      Mira, Martiño (e Inés, e Damián, e Manu, e demáis biólogos amigos meus): eu sigo sen entender porqué se lle dá tanta importancia ao microscópico nestes asuntos. Non entendo que eu, un senegalés de dous metros, un fulano de Okinawa e un peruano de metro corenta sexamos todos a mesma especie, "Homo sapiens", pero que dúas "Crocidura", dúas Larus", ou dúas "Rana" constitúan especies distintas, en base a cousas que só se ven polo microscopio ou con análises químicos, cando teñen unha morfoloxía externa case idéntica.

      O pouquísimo que sei de ciencia induceme a pensar que as regras básicas mudan constantemente (pensemos na física de Newton e na mecánica cuántica). Hai tempo lín un artigo (creo que de "Investigación y ciencia") na que un astrofísico falaba de teorías vanguardistas sobre cosmoloxía. Estas teoría consideraba a existencia de infinitos "multiversos", con diferentes dimensións, incluídos dentro de multiversos maiores en múltiples niveles. Cando lín o que aquel home explicaba, parecíame estar lendo mismamente unha pasaxe do Srimad Bhagavatan, unha escritura milenaria da India de hai cinco mil anos(na que xa se falaba do átomo, por certo)
      Pregúntome que pasaría se (un supoñer...) dentro de cen anos se descubrise que máis aló das cadeas de ADN, máis aló do átomo, hai algo cualitativamente igual en todos os seres conscientes, recuberto por diferentes formas ou estados da materia.
      Mentras tanto, eu prefiro darlle máis importancia ao que percibo cos meus cinco sentidos.

      Un abrazo, crack!


      Eliminar
    3. Eu pensaba que unha especie a formaban individuos, nas que os machos e as femias podían reproduceirse e obter descendencía perfectamente fértil.
      Non sei si no caso das Larus e os outros exemplos, os híbridos e os seus descendentes son fertiles ou non.

      Un saudo.
      Javier Río

      Eliminar
    4. Deime conta agora de que me metín nun terreo complexo, Javi. Probábelmente unha pregunta levará a unha resposta e ésta levará a outra pregunta, e así sucesivamente. Así que prefiro facelo máis rápido... (máis "indoloro" non o sei).

      Acabo de actualizar o blogue, cunha imaxe nova, xusto baixo a foto de cabeceira. Dentro dun tempo haberá máis novidades que, con certeza, farán que "Bichos" perda moitos seguidores. Pero os mellores de vós, os máis lúcidos, quedarán por aqui.

      Unha aperta e grazas por comentar.

      Eliminar
  7. Xabi: ¿Con qué tipo de maquina has hecho esas estupendas fotos? No me digas que es una compacta (¿Bridge es lo mismo?) ¿Cuál? Chapeau, hermano, son formidables. Y qué envidia la bandada de cercetas comunes, menos comunes y, más bien, extraordinarias porque seguramente son los patos más bonitos de nuestra fauna. Y aunque ellas (as donas), como dices, nos dan sopas con honda (estoy de acuerdo), aquí el macho es el que destaca, claro es que paga su bella librea muy caro porque lo mata el halcón peregrino. De ahí sus espejuelos ¿no?: un auténtico reclamo para su persecución, caza y descanse en paz, en el cielo de las aves esplendorosas. Con un fuerte abrazo de José.

    ResponderEliminar
  8. Olá Josele. Acabo de ver os teus dous comentarios. Xa che dou unha respota adecuada a este gran honor que me fás no outro comentario (na entrada dos Pardais).

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos