luns, 11 de febreiro de 2013

Anfibios madrugadores

  Esta mañá o Papa é noticia, pois Benedicto XVI vén de renunciar ao seu papado. Como diría un coñecido membro do Opus Dei, "manda huevos!"
   Ben, eu non son ateo, pero tampouco comulgo moito coa igrexa católica, así que fun dar unha volta por terras da Capela, en vez de martirizarme por tal herexía. Quería comprobar se o bando de Gansos que se estaban a ver nunha finca particular eran ou non exemplares salvaxes. E finalmente descobrín que se trataba de gansos domésticos.
  A predición de Meteogalicia non se cumpríu, e as nevaradas anunciadas ficaron en cotas máis altas do previsto. Alomenos en Ferrolterra, onde só atopei neve a partir dos 500 m. (o resto era saraiba, moita por certo).


   Lembrei certa charca que me quedaba ben perto. Os seguidores máis fieis de Bichos xa a coñecistes, con motivo da visita de José Curt por aquí (pincha). Durante o inverno a actividade dos anfibios e insectos acuáticos é menor, pero algo atopei, a pesar do frío que facía.


  Un mogollón de cucharóns de Rá vermella (Rana temporaria) revolvíanse arredor da xelatina sobrante das posturas que había aínda sen eclosionar. Comezaba caer auga neve e apenas puiden tomar un par de fotos.

 Rá vermella (Rana temporaria), cucharóns

  Os Tritóns, ou Pintafontes, son habituais a maior parte do ano nos encharcamentos ferroláns. Un macho de Pintafontes común apareceu por aló para saír na foto.

 Pintafontes común (Lissotriton Boscai), macho

 Pero o tempo púxose feo, feo,... Comezou caer saraiba e, ademáis, esgotábaseme o tempo disponíbel. Así que tiven que voltar "a toda pastilla" para casa (precisamente para dar a "pastilla"...).


  Unha aperta (e abrigádevos)

5 comentarios:

  1. Xa che dixen eu que andan revolucionados,aos poucos, pero algo se moven..

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fálasme dos anfibios ou.... dos "terrestres"?(porque hoxe non se fala doutra cousa)

      Eliminar
  2. O Benedito?, eses non son terrestres por definicion, ou polos parecidos razoables? http://www.somarda.com/wp-content/uploads/2012/01/pix/200607/somarda824570731193630.jpg.
    Deixando as coñas, teño a impresion de que alomenos polo sur o numero de dias de xeadas ata agora foi baixo. E probable que teñamos alguns dias frios en febreiro, e despois pegara un chimpo a tª. A ver se non erro.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  3. Como se decía antes, cuando no teníamos teléfono móvil y éramos campesinos de verdad, deseo que al recibo de ésta te encuentres bien de salud y la familia igual. Por aquí todos bien, a Dios gracias.
    Quería decirte que hoy me asombras más que ayer pero menos que mañana ¡Vaya fotos que haces, y eso que te has pasado a la máquina bridge, que me lo ha dicho un pajarito, claro, pongamos que "Parus cerulea" o similar. Ya ves que hoy no se puede andar por el campo sin que le expíen a uno. O sea que ojo.
    Tu página, una preciosidad. LLeva la sangre caliente, la ciencia en turgencia y, encima, cada día escribes mejor, para solaz de todos los que te leemos.Y para colmo también te sale la vena poética, que es buena salsa para darle sabor a la pluma. Da gusto ponerse las gafas de cerca y revivir contigo los bichos de Galicia y esa charquita tan llena de vida y que ahora se anticipa al estallido de la primavera. Galicia y tú sois así, Millón de gracias.
    Perdida la fe en todo lo divino y humano, estaba intentando meterme como socio em tu página, pero no lo consigo. No sé si el dedo de teclear ha envejecido demasiado o que la única neurona que me queda está ya para el arrastre. Es que, en medio de tanti camelo, tú y lo tuyo sois verdad: ¡Ahí es nada! Con un fuerte abrazo de José Curt

    ResponderEliminar
  4. Caramba, José, síntome un pouco abrumado polas túas palabras, de verdade...Sempre digo que eu non fago máis que continuar o que outros comezaron antes. E supoño que as influencias que recibín de neno, mentras devoraba os teus libros e os de Durrell, fan que me saia unha vea máis literaria ca científica. En calquera caso, tendo estes seguidores tan extraordinarios, non podo menos que continuar progresando, para tentar facelo mellor cada día.

    E para facerte "seguidor" creo que primeiro debes ter unha conta de Yahoo ou ben de Google (Gmail, vamos)pero non estou moi seguro. A ver se alguén pode botarnos unha man!

    E outro abrazo.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos