sábado, 16 de marzo de 2013

Impunidade

Dise vulgarmente: "unha imaxe vale máis ca mil palabras". Ben, neste caso son tres imaxes, tomadas hai uns días.




  Como ben imaxinaredes fóron tomadas na lagoa da Frouxeira, un humidal catalogado con varias figuras de protección (en sentido figurado, polo visto).

  Penso que ésta foi a última chamada que farei ao Seprona para denunciar a circulación de cans ceibes. Estou convencido que non se vaia atallar este problema por parte das autoridades nos tempos que veñen se non se fixo antes. Cansa ún de presentar denuncias, de protestar na prensa, de estar en "Mesas de Plans de Protección Especial da Píllara" absolutamente hipócritas.
  Só queda mirar estas fotos, contemplando a impunidade total que existe e o pasotismo absoluto da Administración, máis preocupada por meter aos amigos de Tragsa na canle da lagoa, para impedir que baixe a marea cando a lagoa está aberta (iso arréglase "simplemente" cambiando a Lúa de posición con respecto á Terra, que non dades unha!).

   Neste país de tramposos e xente incívica só nos queda observar con estupor, cómo o noso territorio se destroza con centos de parques eólicos, con repoboacións de eucaliptos en áreas de montaña e urbanizacións sen máis sentido que o mafioso nas áreas litorais,.. Á par os nosos espazos naturais próximos ás cidades trasnfórmanse en auténticos "canódromos" cada fin de semana, mentras vamos introducindo ano tras ano novas especies autóctonas, como o Cangrexo americano, a Herba das Pampas, o Black bass e o monstro do Lago Ness..

  E segue a chover, cómo non!
  Isto é Galiza, o sitio distinto que dicía Anton Reixa.

6 comentarios:

  1. Hola Xabi:
    Sobre los perros que pasean a sus dueños impunemente por lugares "Prohibidos" (a pesar de las señales que así lo indican....) ningún comentario... Solo un apunte sobre la reciente moda en la Frouxeira y su entorno... Grupos de corredores (no Saharianos....) que corretean arriba y abajo por todo el sistema dunar.... Seguramente, no se dan cuenta del destrozo que provocan tantas zancadas levantando el fragil sistema dunar, pero es muy doloroso verlo, y como "runner" aficionado, que disfruto corriendo por la naturaleza de Valdoviño, me duele especialmente; teniendo en esa misma zona, fantásticos e increibles kilómetros de senderos....
    En fin, una cuaestión de educación

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Antonio:
      Xa me fixei tamén no dos "runners" (como se dí agora). Pero discrepo contigo: penso que non é un problema de educación. Hai tempo que abandonei calquera posibilidade de que en Galiza nesa vía poda estar a solución. Lamentablemente este povo noso só entende a lei do látigo.
      Nun tramo de estrada hai un sinal de 50 pero ninguén o cumpre. Pós un radar camuflado e se corre a voz, e zas, óbrase a milagre. A pregunta é por qué non se cumpría antes?
      A presenza dunha parella de axentes de paisano cunha "libreta de receitas" sería a única maneira de acabar co problema dos cans soltos, das aceras inzadas de excrementos de can, etc. A palabra non é a solución. Pero un par de días "recetando" ata que se correra a voz pola rede, e non habíamos ver un can solto nunca máis, nin habíamos pisar unha cagada na porta da casa.
      Sinto ser tan duro, pero creo sinceramente que falando é imposíbel. Estou seguro que tiveches tantos encontronazos coma min con esta xente e xa sabes que por ún que che razona, hai vinte que... voume calar...
      Unha aperta e bon paso gaivoteiro!

      Eliminar
  2. Ola Xabi e Antonio...certamente a min tamén me parece unha cuestión de educación utilizando a vella ferramenta didáctica de a norma con multa entra: non hai outra.

    Os advertimentos non os sabemos ler, pro dos números da sanción temos unha comprensión plena que produce unha reacción de obediencia inmediata. Triste realidade.

    UNha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Grazas polo post Xabi.

    O problema non é que solten os cans na Frouxeira, non. É que os soltan tamén na Lanzada, no Burgo, en Baldaio, en Ponteceso, en Laxe, en Ancoradoiro, no esteiro do Miño, en Ribadeo, en Foz e noutras tantas localidades litorais protexidas. Dá igual que estean as aves descansando, e que haxa carteis que o prohiban. E pobre túa como lles digas algo. E os que fan cumprir a lei, ou chegan tarde ou non chegan.

    Pero é que número de persoas con can como mascota non fai máis que aumentar, sobre todo en cidade como A Coruña, e a moda de levalo solto é agora a norma. E hai moi poucas zonas verdes no contorno da Coruña!!! E nos espazos públicos son de facto para os cans soltos. Vamos, en poucas palabras, un PROBLEMÓN.

    Desde o Grupo Naturalista Hábitat fixemos estes folletos hai algúns meses:
    http://www.gnhabitat.blogspot.com.es/p/documentos_5485.html
    Se queredes, imprimídeos, e pegádeos onde se poidan ler. Con liberdade. Polo menos que se informen...

    Apertas, e moitos ánimos Xabi,
    Damián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti, meu Damián.
      Éste é un tema certamente repetitivo. E, por suposto, en ningún momento pretendín limitalo ao ámbeto da miña lagoa. Ogallá teñades sorte con esa iniciativa de Hábitat. Falta fará!
      Un abrazo rapás!

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos