mércores, 17 de abril de 2013

Comparando reflex vs bridge

Tiña moitas ganas de facer esta prova. Na lagoa da Frouxeira detectei unha Folosa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) cantando entre a canaveira. Tendo en conta que era un obxecto relativamente estático pareceume axeitado realizar unha pequena comparativa, pois levaba encima as dúas cámaras. Asi que primeiro fixen unhas tomas coa cámara reflex e logo coa compacta, para ver a diferenza real que hai.
  Ambas fotos foron tomadas en formato RAW; e posteriormente foron recurtadas a un mesmo tamaño inicial (1200 pp aprox). O tratamento dixital posterior (contraste, saturación, curva RGB e demáis) foi o mesmo nos dous casos. Xulgade vós memos:

 Canon EOS 500D + Tamron SP VC 300 mm 


Canon SX50

    Alguén pode dicir que non é xusta esta comparativa, xa que a Canon SX50 ten unha focal equivalente (en 35 mmm de sensor) a 1200 mm, mentras que o teleobxectivo da reflex equivale (en 35 mm tamén) a uns 480 mm de focal.  Pois iso é verdade, pero non é menos certo que o prezo da primeira anda polos 500 eurillos, contra uns 850-900 do conxunto réflex + Tamron 300. Se escolléramos unha equipa reflex con focal equivalente á da bridge, o prezo do conxunto dispararíase por encima dos 2500-3000 euros como mínimo, creo. E, nesas circunstancias, a comparativa sería máis inxusta desde o meu ponto de vista.

  Eu sempre fuxo de maximalismos e integrismos diversos. Nunca discutín a maior cualidade das cámaras reflex frente ás compactas avanzadas, e se vivira en África ou nos Alpes quizá sería o home máis feliz do mundo cunha reflex e un sinxelo obxectivo de 200 mm. Pero en Galiza, onde as aves mostran unha enorme desconfianza cara o observador, o zoom é moi necesario se non dispós de "hide". E estas pequenas compactas ultra-zoom son algo a ter moi conta para aqueles que temos a fotografía da Natureza coma unha afeizón, sen maiores pretensións que publicar unhas imáxenes no blogue. Creo que combinar unha bridge potente, para imaxes de longa distancia, cunha reflex e un tele mediano, para tomas cercanas e de obxectos en vó, é algo que moitos "bolsillos" se poden permitir nestes tempos de crise, e que cumpren sobradamente as necesidades da maioría de nós. É unha opinión.

 Sacade as vosas propias conclusións.

7 comentarios:

  1. Non me sorprende ler esta entrada. Ó contrario, ratifícame na idea que tiña, e que xa comentamos en numerosas ocasións, da calidade e versatilidade das novas bridge. A pregunta agora é, ¿onde estará o seu límite? Porque a ver ata qué zoom son capaces de chegar as dúas grandes marcas (Nikon e Canon) con esta tecnoloxía.
    Apertas, e a seguir sacándolle partido ás dúas cámaras, que cada unha ten a súa parte boa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Desde a miña ignorancia en asuntos fotográficos, penso que a clave está máis ben no tamaño e cualidade do sensor, Quique. O zoom do que dispoñen as actuais bridge, coma as nosas, é xa unha auténtica salvaxada. O problema é que a calidade da imaxe é moi xusta, e non podemos recurtar (ampliar) a foto, porque daquela fai augas por todas partes.
      Certos blogueiros que ti e máis eu coñecemos (coma Pablo) teñen equipas de miles de euros, pero aínda así deben recurtar a foto para publicar. Pero grazas á enorme cualidade das súas equipas, a imaxe apenas perde nitidez. Ese é o ponto que as compañís deberían mellorar nas compactas. Porque o que é focal xa chega dabondo. Se Canon, Nikon e compañía deicidiran mellorar o tamaño e cualidade dos sensores nas bridge, o tremendo rango focal que temos permitiríanos facer ampliacións impresionantes. Pero entón entrarían en competencia coas cámaras reflex das mesmas empresas... Creo que me explico.
      Quizá as empresas priorizan o pequeno tamaño das bridge, coma argumento de ventas. Pero eu asumiría con sumo gosto un maior tamaño e peso da cámara a cambio dun sensor potente que me permitira ampliar en igualdade de condicións coas reflex. Aínda que me avultara e pesara un pouco máis. Para mín a vantaxe das bridge é que non cómpre cambiar o obxectivo!Para cámaras minúscuilas xa están as compactas de bolsillo, carallo...
      Unha aperta

      Eliminar
    2. Ah. esquecíao!! e teñen que mellorar tamén o enfoque nas bridge, moito... (aí non hai color coas refex)

      Eliminar
  2. Interesante entrada. Seica hoxe estamos na mesma onda co tema das cámaras...Ainda que eu teño moi que aprender deste tema...tanto en canto a aparellos como en canto a fotografiar.

    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa vin, xa vin, Inés. Eu tamén teño moito que aprender. O bon é que grazas á fotografía dixital os zoquetes coma nós podemos mellorar moi rápido. Ao non ter que revelar os carretes podemos disparar quince mil veces, facendo provas de todo tipo, e logo borrar todo sen perder un peso. Sei apreciar ben as vantaxes que temos agora e por iso tamén sei valorar aos fotográfos da vella escola, que o tiñan máis difícil (e caro) ca nós.
      Unha aperta

      Eliminar
  3. Como ven dis Xabi o problema das bridge e o sensor, a cousa e que se aumentan o sensor acabouselles o chollo cas reflex, tamén e certo como dis que o enfoque das bridge e penoso e o de facer unha foto a un bicho correndo ou unha foto voando e tan fácil como tirar unha moeda e que caia de canto ( mais cuestión de sorte que de maña. Saludos Chicho.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ese problema dos bichos correndo adoitan telo os que se dedican exclusivamente á fotografía de paxaros (como és ti e a xente da tua quinta). Pero a Natureza ofrece moitas máis cousas: anfibios, réptiles, mamíferos, bolboretas, libeliñas, flores, paisaxes, etc. Por ese motivo as bridge son MOI superiores ás reflex en uso naturalista. Fas case o mesmo con moito menos peso e por moitísimo menos diñeiro.
      Grazas por comentar,Chicho.
      PD: Tamén hai que estudar un pouco e ter paciencia para lograr resultados.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos