venres, 30 de agosto de 2013

E agora un Carrán do Caspio (Sterna caspia)

 Nesta época do ano e sempre que a lagoa de Valdoviño estea aberta, pois ocorren estas cousas. É un "non parar". Agora apareceu un espectacular Carrán do Caspio (Sterna caspia), que entrou ao lago e, despois de se alimentaren durante unha hora, desapareceu. A familia dos carráns adoitan permanecer pouco tempo nas augas da lagoa. Poden descansar un pouco máis, se hai temporal, pero botan uns minutos e marchan para o mar, por onde seguirán os seus longos percorridos migratorios.



  Ésta é probablemente a miña terceira observación da especie na localidade, logo dunha cita de 2 exemplares o 7 de Setembro de 1988, e outro exemplar, identificado en grao de probable, en Setembro de 2003, penso. Trátase polo tanto dun ave moi escasa.



   Como digo, logo de botar un rato pescando e descansando no areal, perdino de vista. Así que imaxino que nestes momentos estará camiño de Baldaio, Ponteceso ou O Grove.



Carrán do Caspio (Sterna caspia)

Quizá a causa da súa fuxida foi ésta:


   Un helicóptero e un avión de Salvamento marítimo apareceron en escea voando baixo mesmo sobre a barra dunar. Comentáronme que había tamén un remolcador no mar. Mala cousa. Esperemos que se trate só dun simulacro e non doutro naufraxio máis na nosa costa.


   Despídome cunha foto que pensei que me saíra moi mal, pero resulta que ao final, a pesar de estar mal encuadrada e mal enfocada.... ten o seu aquel.... Deume unha idea para practicar.



2 comentarios:

  1. Una de mis aves preferidas...¡sí señor! Muy buena.

    UN Saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Yo también le tenía muchas ganas, Miguel. Era una de esas observaciones perdidas en los cuadernos de campo de tiempos en los que no tenía cámara, ni telescopio, y me ha hecho mucha ilusión verla 25 años más tarde en "mi" laguna, y poder afotarla. He disfrutado como un niño, la verdad.
      A Principios de Mayo y en Septiembre se puede ver casi cualquier cosa en Valdoviño, sobre todo cuando el lago está bajo de nivel, como ahora.
      Unha aperta

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos