sábado, 24 de agosto de 2013

Fechou a lagoa

Pois semelha que, finalmente, o peche da canle de desaugue da lagoa é definitivo. Se as marés de quasse cinco metros non fôrom quêm de a abrir, muito me temo que já começóu o lento processo de enchido da lagoa, devido aos aportes fluviais e aluviais. Assi que cómpre desfrutar do passo migratório nestes dias ou semanas que ficam até que desapareça o inter-mareal.

 Ponho-vos umhas fotos tiradas ontes na Frouxeira, por onde andavam tamém Antonio Gutiérrez, Pepín Rivera e o colega zamorano Juan Carlos Milán, que segue de cámping por alô.
  A verdade é que boto de menos fazer entradas mais diversas (botánica, entomologia, herpetologia,...) mas, por diferentes motivos, a penas podo me despraçar a outro lugar que nom seja Valdovinho. Ése é o motivo polo que, dum tempo para acô, prácticamente todas as fotografias som de aves.

 Pato frisado (Anas strepera) macho coa plumagem de "eclipse"


Águia pescadora (Pandion haliaetus)

 Aves aquáticas e marinhas no areal da Frouxeira, numha image clásica

Biluricos comúns (Tringa totanus) juvenís


   E, por outra banda, hoje ando canso (por umha boa "causa") e serei mais breve do habitual. Assi que vos deixo.

 Umha aperta

6 comentarios:

  1. Pois aproveita para seguir sacando estas fotazas mentres siga habendo pouco nivel. E logo, pois a cambiar o obxetivo. De todas formas, ainda tardará un tempo en encherse, digo eu.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Quique. Eu calculo que aínda pode tardar dúas ou, como moito, tres semanas en cubrir toda zona de fangos e areal (se non chove). Cun pouco de sorte aínda collemos algo de paso de Setembro.

      Eliminar
  2. Home, cada quen cós seus intereses ...
    Eu estou a ostia de puteado polo nivel recurrentemente baixo, que nos impideu ir de pesca ós muxos con regularidade (cando a auga está baixa son moi recelosos)
    Por certo e falando de pesca. No sitio que falamos hai unha tempada, hai unha subida de reos, que parece o tramo o dun río de Alaska. Xa comenza a crarear a auga do bloom de diatomeas, có que xa tes os abalorios prontos para as afotos. Cando baixes, avisa a ver se te poido guiar.
    A ver si veñen uns días de sol, que é mellor para as fotografías do mediodía.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, xa comentei que o nivel baixo durante a Primavera fastidia bastante a cría de acuáticas na Frouxeira, pero para os pasos é moi interesante.
      O dos Reos igual ten que esperar. Agora mesmo estou ocupado con "outra cousa", moito máis importante para min; pero a partir desta semana se me vai para Cataluña e vou dispór de máis tempo.
      Ademáis hoxo collo a alta (estando de baixa polo xeonllo non procede tampouco andar de ríos)
      Unha aperta

      Eliminar
  3. JUAN CARLOS MILÁN26 de agosto de 2013, 19:09

    De vuelta en Zamora (ya terminaron las vacaciones)aprovecho para agradecerte la información sobre la zona de Valdoviño y más aún la amabilidad y agradable charla
    que estos ratos hemos compartido (también con los otros colegas gallegos). Ha sido un placer coincidir con vosotros.
    Un saludo desde Zamora:
    Juan Carlos Milán.
    P.D. Por si te sirve para tus datos, el día 26 había dos ostreros y dos charrancitos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. De nada, Juan Carlos. El año que viene si repites ya sabes donde avisarme.
      Un abrazo
      PD: Importante lo de los charrancitos. resultaba un fenómeno bastante inusual que no hubiese aparecido todavía ningún charrán/fumarel...

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos