luns, 2 de setembro de 2013

"Bichos" en Facebook

    Nunca pensei abrir contas nas redes sociais, pero nestes momentos resúltame de interese. Así que me decidín por abrila (aínda estou na fase de aprendizaxe).
  Non sei moi ben qué enfoque darlle, pero imaxino que terá que ser distinto ao do blogue.
 Ben, só quería comentalo aquí, por se alguén de vós quere pasar de visita. Ademáis, polo visto algúns seguidores e seguidoras teñen máis doada e cómoda a visita ao blogue a través do Facebook. Así que xa incorporei un acceso directo para que podades vir a Bichos a traves do meu Facebook.
 Nada máis, un saúdo.

9 comentarios:

  1. De esa secta, paso ...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Voute seguir no blogue, mentras poida pasar de contas nas redes sociais pois mellor.
      Saúdos Xabier.
      Carlos C.

      Eliminar
    2. Coño, Carlos, eras ti... Mira que vos insisto en que asinedes os comentarios, pero non facedes nin p.caso.
      A verdade é que pensei que o da "secta" ía por outro lado. Desde logo eu nunca tivera interese ningún polas redes sociais. Pero xurdiume a ocasión de utilizar esta ferramenta (non é máis que iso, unha ferramenta), por unha causa ben xustificada, e que xa deberas coñecer como lector habitual de "Bichos". De paso descubrín que isto do facebook me facilitaba o contacto tamén con outra xente, coma Manu Arzúa, un amigo biólogo que está a traballar arestora en Inglaterra, por exemplo.
      Moitas veces as cousas da tecnoloxía son malas ou boas dependendo do uso que se lles dea. Pola miña parte continuarei a ser respectuoso coa palabra, e intentando ofrecer contidos de calidade, amenos e divertidos. Como fixen sempre. As conachadas para as que a maioría dos usuarios usan as redes sociais (xovenes maiormente)non han ter cabida no meu Facebook; podes estar seguro.
      Unha aperta
      PD: O control social por parte do poder existe sempre, esteas ou non en Facebook.

      Eliminar
  2. Non o primeiro anónimo non era eu, sempre asino os meus comentarios. O que pasa que non sei moi ben que facer con esa ventaniña de seleccionar perfil e poño o de anónimo e despois "firmo". O de secta non é comentario meu.
    Saúdos Xabi.
    Carlos C,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. iÉ verdade(está en castelán e ti falas galego).
      E se non tés unha conta de google (gmail) debes efectivamente de comentar como "anónimo" e asinar, con nome e apelido, ao final do texto.

      Eliminar
  3. O estou moi cega, ou non vexo o acceso directo, e seica desapareceu unha notificación que vin dende o móvil, e cando a busco dende o PC non a atopo.

    Eu uso as redes sociais, tanto Facebook como twitter, e non creo que haxa ningún problema. É saber darlle o uso aceitado e coidar a privacidade. Iso si, ollo coas fotos que subes, sobre todo polo uso e apropiación indebida que pode facer a xente delas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ver, Inés, podes acceder a "Bichos" directamente desde o facebook de dúas formas:

      1- Pinchando no enlace da última entrada que publique no "muro". En principio cada vez que actualice o blogue, hei poñer o enlace da última entrada, no que aparecerá tamén unha foto da mesma. Se pichas, entras a esta entrada en concreto. Agora mesmo o último enlace que puxen é precisamente a entrada do raposo fotógrafo, pero tes que baixar un pouco (é de hai 2-3 días)

      2- Clickando no enlace que aparece abaixo de todo na pantalla, cando abres a pestana de "Información" (que está xunto a "Biografía")

      Eliminar
  4. O problema é que non atopo a páxina de Bichos en Facebook.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos