venres, 8 de novembro de 2013

A Frouxeira a tope de auga, comeza o esperpento...

    A lagoa de Valdoviño experimentou unha forte subida de nivel, logo das intensas chuvias desta última semana. Arestora xa case alcanza o nivel da pista construída hai trinta anos a carón da lagoa.


 Que conste que este camiño nunca debeu ser aberto e, se o inunda, pois non pasa nada desde o ponto de vista medioambiental. É simplemente unha referencia que tomo. O que si me preocupa, e moito, é o asolagamento brutal das masas de canaveira e xunqueira que sucederá en cuestión de días (por agora non é demasiado esaxerado).



   Daquela comezaremos a presenciar o conflito medioambiental máis surrealista que tivo lugar nunca neste país.
 Dunha banda, as autoridades municipais e algúns partidos políticos preocupadas pola inundación de diversas fincas e casas particulares construídas nun terreo no que nunca se deberon construir, pero que están aí. Por outra a Xunta de Galiza, presionada desde certos ámbitos conservacionistas e pola oposición, para que a lagoa "non se baleire" . E, por outra, os que coñecemos aquilo.

  E todo isto logo de dous invernos nos que a lagoa abreu e se baleirou soa. Si, vamos a repetilo a modo: VACIOUSE SOA, a ver se se nos mete isto na cabesiña a todos!! Porque, aínda que pareza incríbel, aínda hai quen pensa que a culpa do 11-M foi de ETA e que a lagoa vaciou por culpa das "vibracións que produciron as escavadoras na barra dunar".
   Pero de certa organización (Adega, vamos falar claro) eu xa non espero sentido común neste tema. Se logo de dúas veces de baleirado espontáneo seguen erre que erre....

  É certo que a Xunta intentaba construir un sistema de apertura controlada, para evitar este vaciado, pero a Natureza deixou en evidencia todo aquel costoso operativo que o único que sirveu foi para esnaquizar parte do sistema dunar e para gastar un montón de pasta cos amigos de Tragsa.


   Mentras controlaba o estado da desembocadura da canle, que segue pecha lóxicamente, apareceu o coche de Medio ambiente (é un eufemismo). Pregunteille a un axente se ademáis de pasear pola lagoa todo o día non tiñan competencias para controlar a presenza de cans soltos sen correa nun espazo protexido. O tipo, logo de poñer cara de circunstancias, respostou que bueno, que si,...que había "algún veciño que o facía e que se falara con el pero nada...". E mesmo se atreveu a aconsellarme que eu falase con eles e formulase as denuncias (cousa que teño feito cen veces). Evidentemente a miña resposta quitoulle as ganas de dicir máis chorradas por unha temporada..

"Los vigilantes de la playa"

   Non controlan as prantas invasoras, non impiden o acceso de cans soltos, non persiguen aos pescadores furtivos, non vixian o bon uso e conservación dos observatorios ornitolóxicos... Pregúntome logo: qué carallo fan aparte de pasear e tomar fotos da canle?

 En fin, déixovos que teño que ir de visita polo hospital.
Unha aperta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos