martes, 20 de maio de 2014

Unhas fotos do finde

  Este pasado domingo, o amigo José Luis Lorenzo, alias Colón, veu desde Cangas para desfrutar do paso migratorio na Frouxeira. Como bon fotógrafo que é (canto sabe o tío!) disparou a todo o que se movía. Ocorréuselle retratar aos que alí estábamos e me enviou as fotos.

 Así que correspón publicalas (pero a próxima vez pásamas sen recurtalas tanto, aínda que pesen un pouco máis....).

Imaxe dunha mañá estupenda

Nestes casos cómpre levar todo o "armamento"

(esda a drta) Pablo Pita, Carla Soaje, Daniel Monteagudo e Alejandro Martínez 

   Un servidor pensando en qué sei eu...

Este gabián macho fixo dúas capturas de Calidris alba ao longo do día. Carla primeiro e Colón despois, puideron afotalo (a foto é a de Colón)

 Carla, que tiña o mesmo tele ca min (Tamron VC SP 70-300), fixo unhas fotazas de quitar o hipo

   E mentras o gabián estaba pousado a vinte metros, eu miraba para o outro lado da lagoa, mecagoenla...

  En fin, graciñas a Colón polas imáxenes. Espero que vos gosten.

4 comentarios:

  1. Non se pode estar a todo Xabi!
    Mentras contas bichos,algún sempre se che escapa! Estuven por a lagoa ata as 9 da tarde e o gabián baixou unha soa vez a iso das 7 e menos mal que me decatei,pola desbandada das limícolas.
    Algún día che cadrará collelo a xeito.
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non se pode non. Xa dí o refrán: "O que moito abarca, pouco apreta". Pero eu son multifunción por xenética.
      A ver se consigo información para confirmar a cría do Gabián na cuadrícula (lembra que ando co Atlas de reprodutoras)
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Pues hay que agradecérsela al autor, que es Colón.
      Gracias por la visita, Campero!

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos