martes, 10 de xuño de 2014

Morcego das Ribeiras (Myotis daubentonii)

  O domingo tiña pensado facer o transecto SACRE na miña cuadrícula. Pero o tempo chuvioso aconsellaba un cambio de planos. Así que fun até o encoro das Forcadas, en Valdoviño, para continuar co censo de Galiñola (Fulica atra) e, xa de paso, outras acuáticas nidificantes.

 En Galiza, o paraugas é un elemento moi necesario nas saídas ao campo.

 "Observatorio móbil Nº1" (As Cortiñas de Abaixo)

   Nada máis chegar, comecei atopar áreas balizadas con cinta e numerosos residuos humanos en aparcadoiros improvisados ao pé das pistas. Axiña deime conta do motivo: unha etapa do Rali de Narón pasara o día anterior pola zona.

 Mirade o percorrido da etapa. Marquei con círculos laranxas algunhas das áreas de cría máis importantes para as acuáticas, que están agora en pleno proceso reprodutor. Se estivestes algunha vez a carón destes coches saberedes a contaminación que xeneran (sobre todo acústica). Sen comentarios....


   Onte controlaba tamén a cola final da barraxen, que posúe algunha das zonas máis interesantes.

 Cola do encoro, desde Os Bidueiros

Canaveira de Typha sp

   Resultados do censo:

- Mergullón cristado (Podiceps cristatus): 5 parellas (unha delas chocando no niño). Semella que se estabilizou a poboación arredor deste número de pares.
- Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis): uns 12 territorios, como mínimo.
- Garza real (Ardea cinerea). 6 exemplares, incluindo algún adulto nupcial. Teño referencias da nidificación da sp hai uns anos, comentada por un paisano (nun carballo). Nunca o confirmei nin vin indícios sospeitosos, aínda que tampouco inistín moito. Pero hai adultos presentes todo o ano, o hábitat é axeitado e unha vez escoitei e observei un comportamento moi chamativo, quizá dun voantón na cola do pantano. Non descarto en absoluto esa posibilidade. É algo que debo aclarar para o Atlas da SEO.
- Galiñola negra (Fulica atra): 4-5 exemplares. Sen indícios fiables de cría este ano por agora. A estas alturas debía haber xa observacións de niños ou mesmo de polos. Hai dez  anos censei a especie durante tres temporadas e me saían unhas 20 parellas.
- Galiña de río (Gallinula chloropus):  7 territorios. Un adulto cun polo visíbel. Outro rálido en declive severísimo por estas terras.

 Niño ocupado por Mergullón cristado

 Estamos en "temporada alta" e os pescadores de caña son outra "especie" moi doada de observar. Mentras non deixen restos de lixo e non berren, por min que pesquen. Ten que ser unha actividade certamente relaxante e as aves parece que toleran bastante ben a súa presenza.

Un colega de Eloi dándolo todo

   A pesar da forte contra-luz puiden afotar un Mergullón bastante perto. Prométovos que habedes ver boas fotos desta ave no seu momento.


   A sorpresa da xornada, aconteceu cando vin aparecer un "obxecto voador non identificado" raseando sobre as augas do encoro a plena luz do día (aí polas once da mañá):


  O meu desconcerto foi tan grande que tardei en darme conta de que era un quiróptero. De día, voando sobre as augas coma se fose unha limícola ou un paíño, ao principio non sabía qué demo era aquel animal cando viña voando cara min. Mesmo cheguei a pensar nun lepidóptero da familia das Esfinxes colibrí ou dun paxaro de xaula exótico fuxido. Asegúrovos que moitos de vós habíades estar tan confundidos coma mín.

 Pasados uns segundos xa o vin mellor e vin que era un Morcego de pequeno tamaño.


  Consultei con Manu Arzúa, biólogo que leva uns anos traballando con quirópteros, co grupo Drosera no noso país, pero tamén na selva de Honduras.

  Segundo el, parece un Morcego das ribeiras (Myotis daubentoni), un quiróptero de pequeno tamaño (uns 80 mm de L.) que adoita patrullar sobre a superficie das augas, onde se alimenta de insectos e ocasionalmente de alevíns de peixe ou larvas de anfibios. Para tal fin empregan as patas traseiras que, por ese motivo, son de un tamaño bastante grande e supoñen un rasgo diagnóstico deste morcego. Neste xénero, Myotis, a face posúe un estrano parecido co dos ratos. Precisamente o colega portugués Paulo Barros vén de publicar un post sobre esta especie no seu blogue (Um dia de campo).
  Na Galiza hai dous "morfotipos": M.d. daubentonii e M. d. nathalinae, compartindo ambos o mesmo río en ocasións e mesmo o refuxio de cría.

Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii)

 Con tanta confusión por averiguar de qué se trataba e aínda por riba coa mala luz que había nese momento, fixen o que puiden para tirar unhas fotos testemuñais. Para min son dabondo. Falamos da primeira publicación deste grupo de animais extraordinarios que son os quirópteros en Bichos e demáis familia. Xa tardaba.

14 comentarios:

  1. Para ir ó encoro e poder ver as acuáticas con mais tranquilidade e chegar á súa beira vas ter que mercar un trebello novo, como o que teño eu...
    http://www.taimen.com/es/es/product/taimen-float-tube-sl-black_99930600/103164
    Con isto douche palabra de que te aceptan coma un mais. Je, je
    En canto ó das garzas xa falaremos, pero creoi que o da cría está mais que confirmado tanto na ribeira do Xuvia, como no fondo da Ría.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oe, qué carné fai falla para "manexar" iso? Xa sabes que eu estou acostumado ás fragatas e portaavións...non sei se me apañaría nesa mincha, ja, ja..
      Falando en serio, é unha boa idea. Moi a considerar na miña futura cesta da compra naturalista.
      E xa falaremos desas garzas.

      Eliminar
    2. Non che fai falla ningun carné nin autorización porque a tóldolos efectos é un ''artefacto auxiliar de flotación''.
      Nos ríos non podes usalo por motivos de seguridade.
      E en canto á pesca soamente se pode usar nos encoros do listado que veñen especificados na orde de vedas de pesca.
      En Cecebre por exemplo non nos permiten pasar da illa para arriba, o que é unha putada.
      A avantaxe que ten é que cabe deshinchado no maletero do coche, que ten tracción animal mediante aletas de buceo (non contamina) e que podes acceder con el a case calquera sitio (hai correas para levalo coma unha mochila).
      E as aves permítenche acercarte case a tiro de pedra.

      Eliminar
  2. Hola Xabi,
    Tengo unas cuantas observaciones e registros fotográficos y de vídeo de actividad de murciélagos durante el día, pero son siempre al final de la tarde y en su mayoría de pispistrellus.
    Estaba cazando o apenas de paso?
    Enhorabuena por lo registro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Paulo:
      Eu até o domingo, tamém tinha observacoes diurnas únicamente de Pipistrellus (coma dis, afinal da tarde). Este Morcego de auga amossava um comportamento moi ativo, realizando numerosas passadas polo mesmo canto da ribeira, no que semelhava um lugar conhecido de caça para el. Non as contei, pero nom menos de 10 vós repetidos polo mesmo sítio. Sempre a rentes da superfície da água. Portanto, eu diria que efectivamente estava de caça.
      A luz nesse momento era bem cativa. Logo de chover quasse toda a manhá, nesse momento o céu mantinha-se coberto e a temperatura andaria arredor dos 15-16 graus, aproximadamente.
      Umha aperta.

      Eliminar
  3. Boa entrada, e noraboa porque non son tan "testemuñais" as fotos. Difícil de ver e de fotografar! En canto aos Mergullóns, que preciosidade de aves... agardamos esas fotos.
    O das Galiñolas negras é unha pena... na ría de Ribadeo xa hai tempo que non as vexo, recórdoas de pequeno. Algo vai mal nos humidais...

    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As do morcego forn con ISO alto e están moi recurtadas. Unha epna porque estaba ben cerquiña... A ver se cadra outra ves...
      E os Mergullóns cristados xa os teño controlados para fotar ben. Pero ten que ser en horario de tarde (pola luz) e eu pola tarde apensa saio a ao campo.
      Grazas pola visita, Óscar.
      PD: Algo vai mal nos humidais, nos montes, nos cultivos, nos bosqu----piiiiiii-- (error 404)

      Eliminar
    2. Ti e mais eu sabemos cal é o problema e non foi por avisos ¡¡¡
      Agora xa é tarde para reconducir o problema polo menos a curto prazo, porque incluso implicaría reformas lexislativas (Lei de Caza)

      Eliminar
  4. Que pasada Xabi! Un avistamento realmente espectacular. E unha marabilla que puideras afotar ao morcego. Estou que morro coa envexa (sana, por suposto).
    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ti non me teñas moitos sobresaltos estes días. Pero alégrome de que voste a entrada. De cando en vez presta publicar cousas así.
      Un biquiño

      Eliminar
    2. "Goste" (desde o móbil non dou pé con bola....)

      Eliminar
  5. y las noches anteriores como estuvieran de tiempo? pregunto eso porque una das hipótesis del murciélago andar a cazar durante el día é que el tiempo (lluvioso e frio condicionando los insectos de que alimenta) no o teña dejado cazar durante las noches anteriores!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A semana prévia o tempo foi de borrasca por esta zona de Galiza. Ou seja, nuvens e chuva. Assi que é provável que este morcego levasse tempo sem se poder alimentar; suponho.
      E lembra, Paulo, que o galego reintegracionista que estou a escrever agora é muito semelhante ao português. Por tanto, prego-che de novo que escrevas no teu própio idioma neste blogue. Eu entendo-o sem problema. E os seguidores de Bichos.... que vaian aprendendo também, que já vai sendo hora, conho!!
      PD: A imensa maioria dos portuguesses sabedes o espanhol, mas non há apenas espanhois que conheçam o português. Da-me vergonha!!

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos