xoves, 21 de agosto de 2014

Charla en Valdoviño

 Este venres vou impartir a segunda das charlas no ciclo sobre Natureza e Valdoviño, organizado pola asociación "Valdoviño Azul". O grupo naturalista Hábitat púxose en contacto conmigo para botar unha mao, e nesas estou.
   Para rematar o ciclo, no mes de Outubro realizaremos un bioblitz pola contorna da Frouxeira, na que eu serei o "guía turístico" (porque non sei moi ben de qué vai iso), e os compañeiros de Hábitat os monitores.


 Por certo, nesta palestra non intervén Juan Carlos, que participará na de Setembro.  Estades todas e todos convidados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos