luns, 12 de xaneiro de 2015

Ría de Ortigueira, censo completo 2015

     Normalmente a data de referencia para cubrir as principais localidades de invernada é a fin de semana central de Xaneiro. Non obstante ás veces convén apartarse deste principio de carácter xeral e aproveitar condicións máis favorábeis, como a meteoroloxía ou as mareas, para mellorar a eficacia.

     Ortigueira é un humedal complicado, debido á súa recurtada xeografía e á forte incidencia mareal, ao igual que ocorre nas outras rías galegas e cantábricas. Se a isto sumamos que o número de días con meteoroloxía adversa (fortes ventos e chuvias) soe ser moi elevado, pois vendo o calendario de mareas e a predición meteorolóxica, este ano adiantei un pouco o censo alí.


   Contei coa axuda de Ricardo Hevia, que me controlou a gaivotada en Cariño mentras eu facía Ladrido e Espasante. Aproveito para agradecerlle aquí, en nome da SGHN, a súa colaboración desinteresada. Como a publicación dos censos pode retrasarse moito tempo, vou darvos os datos provisionais correspondentes ao Censo realizado esta semana:

1     Mobella grande (Gavia immer)
8     Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricolllis)
14   Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
110 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
6     Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis)
30   Garzotas (Egretta garzetta)
6     Garzas brancas (Egretta alba)
33   Garzas reais (Ardea cinerea)
14   Cullereiros (Platalea leucorodia)
2     Gansos de cabeza negra (Branta bernicla)
880 Asubiadores (Anas penelope)
35   Patos frisados (Anas strepera)
489 Alavancos (Anas platyrhynchos)
242 Patos rabilongos (Anas acuta)
56   Patos culler (Anas clypeata)
350 Cercetas (Anas crecca)
3     Pentumeiros (Melanitta nigra)
3     Mergos cristados (Mergus serrator)
214 Gabitas (Haematopus ostralegus)
6     Avefrías (Vanellus vanellus)
8     Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
127 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
10   Pilros tridáctilos (Calidris alba)
410 Pilros comúns (Calidris alpina)
9     Pilros grosos (Calidris canutus)
5     Becacinas (Gallinago gallinago)
515 Mazaricos reais (Numenius arquata)
89   Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
7     Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
88   Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
1     Bilurico escuro (Tringa erythropus)
121 Biluricos claros (Tringa nebularia)
76   Biluricos comúns (Tringa totanus)
23  Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
3    Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus)
78  Gaivotas choronas (Larus ridibundus)
1    Gaivota de Bonaparte (Larus philadelphia)
1     Gaivota cana (Larus canus)
524 Gaivotas patimarelas (Larus michahellis)
94   Gaivotas escuras (Larus fuscus)
15   Gaivotóns (Larus marinus)
5     Carráns cristados (Sterna sandvicensis)

 Total especies: 42
 Total aves: 4.634

 Ademáis observáronse as seguintes especies de aves non acuáticas pero si asociadas a estes hábitats:

1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
5  Picapeixes (Alcedo atthis)


  En fin, menos especies e menos aves do habitual, pero dentro do previsíbel logo de ver os números tan baixos que había noutras localidades do NW peninsular. Isto vai por ciclos, e neste inverno evidentemente tocaba unha invernada moi pobre. Especialmente cativos parecen os números de anátidas e gaivotas, aínda que penso que obedecen a causas diferentes.

6 comentarios:

  1. Pois sí, parece que a invernada viu pobre este ano. Era previsible co tempo que tivemos ata o de agora, e vendo que é xeralizado.
    Por certo, ¿qué tal lles foi ós teus colegas por Ribadeo? Xa sabes que estou agardando algúns datos ; )
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Acabo de ver o teu comentario desta tarde no meu blog. Entendo entón que aínda non censástedes a Ría de Ribadeo. Seguirei logo esperando os resultados dese censador "que vale por tres" : )))

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, por se pensas outra cousa o censador que vai cubrir Ribadeo non son eu, Quique. A min xa me chega con que fago (aínda que algún ano demencial fixen prácticamente toda a costa N eu só). Pero é alguén que leva o xen do censador dentro e ao que lle gardo moito cariño. Foi, digamos, o meu "padawan", ja, ja... (para ignorantes cinéfilos, ver Star Wars). "La Fuerza" de los censos está con él....

      Eliminar
    2. E isto último vai con todo o cariño para TODOS os colegas censadores. Porque somos unha raza diferente. Os "rarólogos" foron atraidos polo lado escuro da ornitoloxía, ja, ja...Non serve para nada, pero é moi atractivo!

      Eliminar
  3. Moi bo curro Xabi. Moi metódico, fiable e ben exposto. Si señor.
    Un abrazo,
    Damián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Damián. Esquecín comentar o descalabro experimentado pola Garzota (buff, 30 aves!)
      Por certo, en Galizaves cando dixen que nas anátidas de tundra había case "cifras de record" referíame exclusivamente a A. acuta (242, rozando o máximo). Ese número de 880 penelope é unha miseria. Case parecemos Ribadeo ;)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos