luns, 2 de febreiro de 2015

O Xistral e o "canibalismo ecolóxico"

   Parafraseando aos de Canibalismo Urbanístico penso que non existe mellor expresión para definir o acontecido neste macizo montañoso lucense e, realmente, na práctica totalidade de Galiza.

   Unha vez rematados os censos, apetece variar a temática; e a Serra do Xistral, enclavada entre os concellos lucenses de Muras, Abadín, Xermade e O Valadouro, pareceume un destino ideal para dar un paseo de domingo:


    Desque finalizamos o traballo de campo para o Atlas de Hérpetos non visitaba o val de Viveiró, formado polo alto Landro. Trátase dunha pequena depresión a uns 600 m snm. rodeada de montañas de baixa altitude (1032 m. o máis alto), que posúe aínda un certo encanto e un clima bastante frío.

Val de Viveiró (Muras)

    Sen embargo, pese aos esforzos dalgúns en mostrar unha imaxe pouco menos que idílica do medio natural galego, a realidade é moi diferente. Se hai vinte anos aquelas paisaxes eran realmente fermosas e gozaban dun grao de conservación bastante aceptábel, a triste realidade é que hoxe o "canibalismo ecolóxico" arrasou amplas zonas do macizo.
  Ún destes elemento destrutores da paisaxe son os eólicos, que medraron sen control amparados polo goberno do PP e as ansias viles de enriquecimento a costa do noso patrimonio natural. Deulles igual que estes parques se montasen sobre turbeiras con especies ameazadas, sobre brañas de gran valor botánico ou sobre pastizais de montaña.


  Hoxe en día non hai un só cordal montañoso do Norte galego que non apresente este panorama desolador dun horizonte infestado de "muíños".


    Os que coñecimos aquela zona hai vinte ou trinta anos xamáis volveremos ver aqueles cumes de aspecto escocés que evocaban mil e unha sensacións de soedade e harmonía coa Natureza, mentras escoitábamos o canto adormecedor das Lavercas, observábamos os movimentos da misteriosa Lagartixa da braña ou notábamos a cercana presenza do Lobo.


    Onde non está a peste dos eólicos, sempre aparecerá unha liña de alta tensión, unha torreta ou outro elemento diferenciador da paisaxe galega. Vaia, esas cousas que non aparecen nos folletos turísticos da Xunta (política de conservación non farán, agora, mentir..... dáselles moi ben)


    Un grupo de motos de enduro e quads aparecían en escea, por se ún non estaba suficientemente deprimido. 


     Como ex-moteiro que fun (tiven unha moto de trail gorda) creo que estes veículos deberían estar proibidos debido ao forte impacto que provocan no medio; tanto a nivel de contaminación (sobre todo acústica) como de erosión do terreo polos neumáticos de tacos que levan e a tracción tan brusca que teñen. Só permitiría o seu uso para tarefas de pastoreo na montaña ou de garda forestal, por exemplo, onde son veículos moi práticos. Pero estas saídas de grupos organizado son un atentado ecolóxico, por moi legais que poidan ser.


   Casualmente aparecía nese momento un carro da Guardia Civil de Tránsito que ía mirar o estado dun porto de montaña e viron en directo como subía toda a tropa polo monte arriba. Pregunteilles e me dixeron que estaban autorizados. Logo na casa mirei por curiosidade o sigpac e non estaban dentro da zona L.I.C.

  Seguimos. Agora vén o pior: "AS FOTOS DO HORROR":

 Eucaliptais na zona occidental do macizo


Repoboacións masivas de Eucalyptus nitens

    Qué imos dicir a estas alturas sobre o Eucalipto? Está todo dito e simplemente podemos repetir, máis unha vez, que é o maior problema ecolóxico deste país actualmente, sen ponto de comparación co resto. Ou polo menos iso é o que penso (aínda recoñecendo a gravidade doutros como o abandono do rural e o urbanismo descontrolado, a destrución de pequenos humidais, a invasión de especies alóctonas, etc..)

  Agora vamos co positivo. Que o hai e moito aínda.


     Durante o inverno as granxas das zonas baixas soen ser lugares de fácil observación de aves. E iso tentei, aínda que un inesperado chaparrón de auga-neve me dificultou a tarefa.


          Dous tordos charlos aguantaban o frío estoicamente:


    A estoutro puiden afotalo algo mellor. Pero non son bichos confiados, non.

Tordo charlo (Turdus viscivorus)

     Na ladeira sul do monte Xistral existe un interesante bosqueciño de Acivros (Ilex aquifolium), con exemplares de bon porte, que visitaba ás veces nos anos noventa. Hei de facerlle unha visita na Primavera.

Bosque relítico de Acivro (Ilex aquifolium)

   Nos vales dos ríos Landro e (sobretodo) Eume  quedan aínda restos de "fragas", o noso bosque caducifolio autóctone dominado aquí por Quercus robur/Betula pubescens.

Carballeira no alto Eume (zona de A Balsa)

Mosaico agropecuario ben conservado en Irixoa (Muras)


Fragas na cabeceira do río Eume (Vilalba/Muras)

      Despídome coa mirada perdida deste Paporrubio, que semella estar preguntándose: "¿por qué sodes así humanos?"


  Pois non cho sei, benquerido Paporrubio. Pero somos así.

19 comentarios:

  1. Si, nos últimos anos o proceso destrutivo da natureza galega foi brutal. Hoxe mesmo, dando una volta pola contorna de Lugo, alucinei da enorme cantidade de eucaliptos (E. nitens) que temos pola zona. Agora mesmo, prácticamente non se planta piñeiro e menos aínda madeiras nobres, polo que logo dunha corta de piñeiros ou carballeira ben una plantación de eucalipto.
    Unha pena...
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Todo por la patria. Perdón, por la pasta. Por la de papel, quiero decir. No, para, por la otra.
      Coño, que me hago la picha un lío.

      Eliminar
  2. Aparet de concordar contigo en que o que fixeron nesta serra non pasa nin no 3º mundo, poidoche decir que coma no teu caso nos anos 90 era un dos meus refuxios espirituais.
    Normalmente acampaba cerca de Curuxos e adicábame á pesca, a ver o prodixioso patrimonio arqueolóxico desta serra, e sobre todo a pasear e falar coa xente da aldea.
    Cando empezou a desfeita dos molinillos, comencei a ir mais de tarde en tarde, tamén influían as responsabilidades familiares, pero sobre todo porque me doía ver así un lugar que tanto amei.
    E aghora vou de tarde en tarde, sobre todo cara ó lado da Balsa e continúo a penar polo desleixo no que quedou esta terra marabillosa.
    Por certo, o río do Val do Viveiró eche o Landro, non o Lambre ...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa me contarás algo de ese patrimonio arqueolóxico (desde a miña ignorancia no tema imaxino que da cultura castrexa, non si?).
      Coruxos era ás veces o ponto de saída dalgunha das miñas prospeccións naturalistas tamén.
      PD: O do "río Lambre" foi un lapsus linguae (a ría de Betanzos non é mala zona tampouco). Puido ser debido, unha de dúas, ou a cousas da idade, ou aos danos permanentes no organismo producidos polo consumo de drogas. Vou ser positivo e pensar que a causa foi esta última.

      Eliminar
    2. O patrimonio cultural da serra é sobre todo a inxente cantidade de túmulos que atopas a tódolos xeitos.Non digo nin megalitos nin mámoas, e nin siquera períodos concretos, porque os seus presuntos períodos van dende o Neolítico ata o mundo céltico galaico (o que alghúns porfían en chamar castrexo). E tes túmulos de un par de centos de m3 de terra ata miniaturas de 1,5 m de diámetro e case invisibles en canto medra a turba sobre deles.

      Eliminar
  3. Autorizados? por quen?, que eu saiba os quads non poden ir por fora do camiño (nin LIC nin non LIC). Isto vai ser como o do Seprona de Badajoz que nos pediu os permisos, e despois nos dixera que o seu fillo levaba os sapoconchos para casa..
    Da plaga nin falo.

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Imaxino que os curtalumes teñen para eles consideración de "camiño". Polo menos non estaban dentro da zona LIC (que xa jodería máis aínda).
      Sobre a plaga pois....iso.

      Eliminar
  4. 13:30 h. Rotterdam (Holanda). El matrimonio van der Poel y sus dos hijos, Bertjan y Garritt, disfrutan de una plácida comida familiar. Aliet, la madre, limpia los restos de grasa de los labios del pequeño Garritt con ayuda de una servilleta de papel.

    16:19 h. Dresden (Alemania). La Sra. Dörte Dummrauf, aquejada de una fuerte descomposición, procede, por quinta vez en lo que va de mañana, a limpiarse el trasero. Tras ello, tira de la cadena. Por el desagüe desaparece la inmundicia mezclada con los restos de papel higiénico.

    19:53 h. Buncrana (Irlanda). El anciano Paddy O´Leary no para de moquear. Esta acatarrado. Se suena la nariz con estrépito sobre la blanca superficie de un pañuelo de papel.

    22:45 h. Bisignano (Italia). Enrico Ciampi, de 15 años, lleva más de un cuarto de hora conectado a la página de Xvideos. Frente a la pantalla de su tablet, excitado, acaba por eyacular. El joven, ya relajado, procede a limpiarse los restos de semen.

    Europa entera se limpia la boca, el culo, la nariz y la polla con los montes gallegos. Europa entera se limpia la boca, el culo, la nariz y la polla con la conciencia de los gallegos.

    Un saludo,

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai anos falaba cun bon amigo anarquista sobre os que "pasan de política" (daquela eu era un rojo de tres pares). Este amigo fíxome unha reflexión: "Pero se facemos política cando nos limpamos o cú despois de cagar!". Referíase ao uso ou non do papel reciclado coma un acto aparentemente banal, pero no que ún xa está tomando unha decisión que afecta ao planeta mesmo. Acordeime del ao ler o teu comentario.
      Unha aperta Dani.

      Eliminar
  5. Ola Xabi!!

    Varias cousas: En primeiro lugar, os eólicos medraron amparados polo goberno do PP, si. Pero non faría distincións neste caso concreto: a actitude de PSOE e BNG foi exactamente a mesma neste asunto, e cando gobernaron lanzaron un plan eólico exactamente igual de dañino que os do PP, promovido pola consellería de Industria do BNG e amparado pola de Medio Ambiente doPSOE. Non se trata de facer partidismo (e non serei eu quen defenda ao PP fronte aos partidos de esquerdas, dende logo), pero que cada pao aguante a súa vela.

    E segundo: eses guardas civís que te dixeron iso fan mal o seu traballo, xa que non coñecen a lexislación. Falando dos quads, xa non é que non poidan transitar fora de pista, como di César: e que non o poden facer nin por pista, segundo a Lei de Montes. Só poden circular por estrada. A próxima vez esíxelles que os denuncien, xa que é a súa obriga.

    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, se alguén está libre de ser anti-non sei qué partido debera ser eu, Sergio. Porque creo que son bastante obxectivo nestas cousas (o único co que teño tolerancia cero é coa mentira e a terxiversación da realidade).
      Pero se eu mencionei ao PP foi porque non é comparábel a responsabilidade que ten un partido que gozou de varias maiorías absolutas seguidas e que controlou concellos e deputacións durante dúas décadas coa que poida ter un goberno inestábel e breve formado por dous partidos que entre eles mesmos se facían a vida imposíbel.
      As cousas da política non son tan doadas como algúns queren facer. E se eu debo manter ao grupo de goberno cos meus aliados igual me teño que tragar parte do programa electoral.
      Non se poden comparar as responsabilidades Sergio.

      Eliminar
    2. Si que se poden comparar porque NESTE CASO CONCRETO son as mesmas. As intencións e os distintos plans eólicos duns e doutros foron idénticas, por mais que o do bipartito non chegase a implantarse porque non lles deu tempo. É o meu traballo e sei do que falo...

      Pero para poñerlle un pouco de humor ao tema, e hilando esta entrada e o tema dos Eucalitos coa túa recoñecida aversión ao clima ferrolá, non puiden evitar que me viñera esta imaxe á mente:

      http://www.google.com/imgres?imgurl=https://fbcdn-sphotos-d-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10926395_800884796665877_7525770933308490909_n.jpg%253Foh%253D2d18e312a7d604b148a5f043f1a6c6f0%2526oe%253D5568D0BA%2526__gda__%253D1432941264_34c49a4887b519c6f32221b5132cf214&imgrefurl=https://www.facebook.com/100389283382102/photos/a.650961564991535.1073741825.100389283382102/800884796665877/&h=518&w=630&tbnid=CTRY0VOHaFJrMM:&zoom=1&docid=ZEJfLZDrdMHeRM&itg=1&ei=n-HQVIDwD4L4Us2xgcgB&tbm=isch&ved=0CFYQMygrMCs

      Apertas! :)

      Eliminar
    3. A verdade é que odio meterme a discutir de política, pero bueno, fun eu quen deu o primeiro paso e agora debo ser consecuente e "apechugar" contestando o que se me diga, je, je..
      Dixo Arzalluz un día que "una cosa es lo que se piensa, otra lo que se dice y otra lo que se hace" (grandísima frase que resume o funcionamento da clase política). O que eu pretendía dicir era máis ou menos que o PP, debido á súa maioría aplastante, ao dominio das administracións locais e autonómicas e (engado) ao conservadurismo maioritario no pobo galego, gozou durante anos dun poder case absoluto para facer e desfacer prácticamente sen oposición. Os casos de Baltar e compañía son o exemplo máis claro.
      Pola contra, o bipartito parece agora un "accidente" circunstancial coincidente cun baixón do PP e un repunte do voto urbán. Pero a súa forza non foi dabondo para mudar as políticas do PP, pois nunca desfrutaron nin do apoio popular nin do mundo da empresa que tiveron eles.
      Qué quero dicir con isto? Pois que os partidos de liña socialdemócrata non rupturista, como son BNG-PSOE, deben plegarse aos grandes intereses económicos que en última instancia rexen a vida do país, e aproveitar a coxuntura para realizar pequenas reformas máis asequíbeis e contidas nos seus respectivos programas, tais como a defesa da lingua, da sanidade pública, ou nas relacións laborais, etc.. Soamente unha sucesión de maiorías amplas por parte dun partido de esquerdas podería (é unha opinión) xerar as condicións sociais para plantexarse en serio facerlles un "feo" a Gas Natural, Fenosa, ACS, Banco Santander, etc... Iso ou que gañara un partido de esquerdas claramente rupturista, cousa que moi probablemente non verán os nosos ollos (non estou dicindo que o desexe, ollo)

      Non sei se me expliquei agora algo mellor.

      PD: Moi simpatico o Koala, O outro día pareceume ver ún en Cerdido.

      Eliminar
    4. O de que a política eólica do PP e a do BNG na Consellaría de Industria é idéntica é unha falsedade que falla á verdade totalmente. O modelo eólico do PP é o que ollamos cos seus resultados: instalación masiva de eólicos en calquera parte, sexa cal for o seu interese natural (dende o crucificado Xisgtral ao PN das Fragas do Eume), apoio ás eléctricas de fóra (co cal coma sempre ficamos cos prexuízos pero non nos beneficiamos da explotación da enerxía), actuación contra os propietarios de montes (expropiacións ditadas polos diferentes Consellos da Xunta do PP de prevalencia da utilidade pública da explotación eólica privada sobre a utilidade pública dos montes das Comunidades que se opuñan),... O plano eólico do BNG viña regular o sector eólico galego baixo as coordenadas de mellor repontenciar muíños existentes que crear novos parques, imposibilidade de construción de parques en calquera área con protección ambiental (que a Rede Natura fóra ridícula tamén nos tempos de Pachi Vázquez será responsabilidade do PSOE e non do nacionalismo que sempre pulou pola súa ampliación), participación pública nos parques (cando menos unha parte dos beneficios servirían para que revertisen na nosa sociedade), dotar de maior poder de negociación aos propietarios de montes ao non expropiar nunca o monte en caso de non haber acordo entre as partes,...
      Por certo, no caso dos eucalitos tampouco son moi semellantes as políticas de PP e BNG.

      Eliminar
    5. Neste blogue falamos entre persoas, non entre "anónimos". Se non te identificas entendo que o teu comentario non merece contestación (nin por parte miña nin de Sergio). E non o elimino inmediatamente porque hoxe me colles de boas.

      Eliminar
  6. Olá Xabier

    Mais uma entrada fantástica e muito interessante como é teu apanágio!
    Enhorabuena

    Inocêncio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muitas graças Inocêncio. O "Gistral" (tal como se escreve em galego-português) é um lugar ao que gardo muito carinho, por diferentes motivos. E por desgraça, fum testemunha da sua progressiva destruçom.
      Porém, aínda conserva espaços naturais com muito interesse. E isso é precissamente o que tentei transmitir neste post.
      Um abraço.
      PD: Em galego nom conheço a palavra "apanágio". O qué significa?

      Eliminar
  7. Basicamente quer dizer, atributo, característica ;) Desculpa o uso de certas palavras, pois por vezes esqueço-me onde estou a comentar, o galego não é português embora eu ao ler parece que sim :)

    Abraço

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigado. E tu escreve-me português que nom há problema, aínda que sempre haverá palavras vossas que nom usamos polo Norte, o mesmo que nós também temos expressons que vós nom conhecedes. Isso é normal. Em Espanha tamém há muita diferenza entre a fala de Andalucia e a de Santander.
      Um abraço.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos