xoves, 23 de abril de 2015

Unas fotos con cámaras "bridge"

    Aunque sé que a veces pueda parecer lo contrario no tengo ningún interés especial en vender cámaras bridge. Y tampoco recibo comisión alguna de Canon por cada SX50 "vendida" (lamentablemente para mi economía...).
  Simplemente creo que la imagen que se tiene de estas pequeñajas es un poco injusta y, como en otros campos de la vida, quiero aportar mi granito de arena para que la gente esté mejor informada y pueda ser objetiva. Porque veo que muchos colegas naturalistas repiten como loros las opiniones de los fotógrafos, a veces sin tener idea siquiera de lo que significan. Y eso, desde mi punto de vista, es un grave error. Por un motivo muy sencillo: las necesidades de un fotógrafo no son las mismas que las de un naturalista, y su conocimiento así como su apreciación están en otro nivel diferente, que la inmensa mayoría de nosotros no sabríamos apreciar aunque quisiésemos.

    Van unas fotos tomadas todas ellas con cámaras bridge. Aunque probablemente si os metiese por el medio dos o tres tomadas con mi reflex estoy seguro que muy pocos o ninguno de vosotros sabrías detectarlo.
    Las fotos están recortadas a 800 píxeles de lado por aquello de favorecer el tiempo de descarga de la página, un tamaño suficiente para ver de lo que son capaces estas compactas, creo. La primera foto (la araña) fue con mi antigua Fuji HS10, una cámara hoy muy obsoleta. El resto son de mi Canon SX50.

  Mi blog tiene unas 5000 visitas al mes, y estoy seguro que a 4900 de vosotros os sobra con esta calidad. No lo creéis?





















8 comentarios:

  1. Boas Xabi
    As bridge hoxe han mellorado moito, si tes unhas condicions de luz boas, os resultados son moi bos.
    Si a esto sumas a diferencia de peso e precio, está ben claro que son moitas as ventaxas.
    Agora, si queres fotografiar aves en vo, ráfaga, o cando as condicions de luz non son boas cambia moito a cousa.
    Cada cousa para o que e. Os fotografos de natureza andarán sempre petados con 4 kilos enriva.

    Disculpa se cometo algún erro co galego, xa sabes que me costa moito escribilo.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Encántame que comentedes Jandro, pero lede primeiro a entrada, home.
      Cando dicía que das 5000 visitas/mes a 4900 (naturalistas afeizoados) chegáballes coa calidade bridge, ti obviamente estás no grupo dos 100 restantes.
      Os fotógrafos xogades outra liga ou, máis ben, outro "deporte". Ti estás empezando nisto da fotografía da Natureza, e axiña has darte conta do jodido que é o das aves neste país.
      Unha aperta
      PD: Afotar aves desde un observatorio en Salburúa está chupao, tío. Invítote a que veñas censar conmigo a Ortigueira. De paso levantamos unhas cantas pedras potentes para localizar hérpetos e buscamos tamén algunha cita de mamíferos para o Atlas. Se ademáis consegues unhas fotos como as miñas co teu equipo reflex invítote a ti e a tua parienta a unha mariscada no Parrulo.

      Eliminar
    2. Creo que me interpretaste mal o no supe expresarme.
      Cada cosa es para lo que es. Por cierto no me considero fotógrafo, lo dejo solo en aficionado
      Apertas

      Eliminar
    3. Pode ser que interpretase mal o comentario. De todas formas eu xa teño comentado esas eivas das fotos con pouca luz e da ausencia de refacho con RAW.
      PD: para min todo aluno de Fran Nieto é un fotógrafo

      Eliminar
  2. Olá Xabier

    Parabéns pelas fotos, não diria que foram conseguidas com uma "bridge" como muito bem salientas no post.

    Abraço

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigado Inocêncio.
      Recentemente aprendim a editar um pouco melhor os arquivos RAW, com o qual a qualidade e a "apariência reflex" das mesmas irá a mais tamém a partires de agora.
      Desde logo para acadar esta qualidade com umha bridge cómpre esforçar-se algo e muitos colegas, após de comprar umha destas cámaras, nom tenhem a paciência e a curiosidade que tivem eu.
      E claro, nesses casos o resultado é bem outro.

      Eliminar
  3. Ola Xabier.

    Antes de nada felicitarte polo magnífico traballo tanto de campo como de escritorio que hai detrás de este blogue. Os meus parabéns.
    Son afeccionado á ornitoloxía e tamén me gustan os lepidópteros. Necesito unha cámara para completar o meu equipo. Ó principio pensaba en mercar unha réflex, pois o meu telescopio é de moi boa calidade e podería sacar boas fotos a media/longa distancia. Pero polo que entendo non me sería o máis práctico de cara ós meus intereses, posto que a versatilidade para sacar fotos a corta/media distancia é maior cunha réflex ou cunha bridge a pulso. Ademáis desto, a necesidade de ter varios obxectivos é incompatible con andar cómodo polo campo (unha réflex con varios obxectivos xa casi te carga, sin contar prismáticos, trípode e telescopio).
    É por todo isto que estou pensando en mercarme unha bridge. ¿Para que a quero empregar?. Fundamentalmente para aves. Non creo que saque moitas macros, interésanme máis os paxaros.
    Como sei que tés varias bridge, gustariame que me recomendaras unha en base á túa experiencia e en base ó meu interese concreto. Non coñezo moito de fotografía, pero o suficiente para saber que a calidade do sensor CMOS e o sistema de enfoque son fundamentais. Non me importan tanto os aumentos. Últimamente están tirando as ópticas por magnificacións de ata 85x -se non lembro mal- no zoom óptico. Paréceme unha barbaridade. Coido que deberían tirar máis por mellorar o sensor e non se centrar en tantos aumentos.
    En base a esto, á túa experiencia con este tipo de cámaras, e en base ó mercado (sin importar o desembolso), ¿cal cámara bridge me recomendarías das actuais?

    Noraboa pola túa magnífica laboura de achegarnos ós fanáticos da natureza o teu coñecemento e o teu traballo.
    E agradecementos adiantados polo teu consello, que será moi analizado.

    Saúdos cordiais.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Manuel.
      Pois antes de nada debo pedirche perdón por non atender o teu comentario até agora. Tiven problemas técnicos coas contas de google nas que recibo os comentarios e non recibira notificación dete comentario teu. Non volverá suceder. Respeito da túa pregunta douche a miña resposta.
      Fas ben en priorizar sensor e calidade sobre focal. Aínda que nas bridge non existen as diferencias abismais que teñen entre si as diferentes gamas reflex é certo que algunhas ofrecen unha maior calidade óptica ou un enfoque máis preciso. Desde o ponto de vista "operativo", da facilidade de traballo con ela, a Fuji HS50 está na parte alta da clasificación, sendo como digo sempre "a máis reflex" de todas as bridge (falamos de sensor pequeno de 1/2,3", non das novas bridge con sensor de 1" que están a saír agora ollo). de feito é a única da categoría que ten zoom manual, que funciona estupendamente e aforra moita batería, que dura tanto coma nunha reflex! A Fuji é desde logo unha excelente todo uso.
      As Canon SX (50 e 60) son menos fáciles de "domar", dgamos que son "máis bridge" en asuntos como rapidez/precisión de enfoque, ou menor rango dinámico (posibilidade de rexistrar altos contrastes). Ppero a cambio ofrece, desde meu ponto de vista, a mellor calidade de imaxe final. Un RAW de Canon con ISO baixo ben editado non se distingue en pantalla dunha imaxe reflex de gama baixa. Por iso tamén son as que permiten maior grado de "recurte", ou sexa ampliar a imaxe ata que o obxecto principal ocupe máis pantalla. Traducido ao galego: máis zoom!. Para entendernos, os 1365 mm de focal máxima que ten a SX60 poden ampliarse bastante sen perda de calidade, mentras que eses 2000 mm que ten a Nikon P900 apenas permiten un recurte moito máis pequeno. Así que ao final, a imaxe final dunha e doutra aparentarán igual focal.

      O aumento óptico é vital en Galiza, onde as aves fuxen a moita distancia do observador. En espazos abertos (pradarías interiores, humidais) os 1000 mm da Fuji quédanse algo escasos (pensa que non podemos recurtar como as ópticas reflex boas). Mellor neste sentido eses 1200-1365 mm que ofrecen as SX de Canon ou a Nikon P900. Sen embargo para afotar aves en vó ou paxariños entre ramallada arbustiva non hai color; a Fuji é moi superior a todas as bridge que probei. Dependendo de cal sexa a túa prioridade podes decantarte por unha ou por outra. Eu por exemplo ando moito e rías e lagoas, afotando limícolas ou anátidas, así que priorizo máis o zoom e a posibilidade de ampliación en pantalla que teñen as Canon.

      Por outra banda, a fotografía de paisaxes (porque algúnha has facer) é mellor sempre naquelas que teñan menor focal máxima. Fuji e Canon fan tomas de paisaxe aceptábeis (sobre todo se usamos trípode e todo o "F" que podamos), aínda que non comparábeis ás reflex, por suposto. As da Nikon P900 parecen acuarelas!

      E de macro pois o mesmo. A Fuji vai de cine, en parte grazas ao seu preciso enfoque cando hai unha libeliña pousada nunha fina herba, un caso que ás Canon lle custa moito enfocar. A Canon dá bastante calidade de imaxe e a Nikon...regular...

      Non sei se te aclarei algo ou te lieie máis.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos